mércores. 14.05.2025
El tiempo

3ª Autonómica: Baíñas e Montelouro alzan a man como favoritos

3ª Autonómica: Baíñas e Montelouro alzan a man como favoritos
Bainas-Laxe-Foto-Oscar Santos

3ª xornada da 3ª Autonómica e parece que doous equipos xa alzan a man e se confirman como favoritos ao ascenso. Ambos vencían con relativa comodidade, o Baíñas a un Laxe que vén sendo a sorpresa negativa deste comezo de campaña, partido como favorito e sendo o único que aínda non sumou; e o Montelouro ante un Coristanco que chegaba colíder, pero que sucumbiu ante o poder do "mikasa".

Por detrás destes dous líderes, e ademais do propio Coristanco, quedan Lira e Seaia, xa revulsivo da competición.

Baíñas - Laxe (6-1)

Bainas-Laxe-Foto-Oscar Santos
  • BAÍÑAS: Campos, Samuel, Hector, Sancho, Braulio, Mario (Iván, min.58), Esteban, Diego (Javi Suárez, min.58), Cristian (Stiven, min.75), Víctor (Andres, min.80) e Tasky.
  • LAXE: Anxo, Aarón (Carrabete, min.46), Jacinto (Iván, min.70), Naya, Samuel Soneira, Gora, Castro (López, min.60), Alberto (Santi, min.60), Samuel, Saleta e Anxo (Djamel, min.60).
  • Goles: 1-0, min.10: Cristian; 2-0, min.20: Mario; 2-1, min.30: Gora de cabeza a centro de Samuel; 3-1, min.35: Víctor; 4-1, min.64: Esteban, de penalti; 5-1, min.69: Cristian; 6-1, min.77: Víctor.
  • Expulsión: Carrabete contra o final por protestar.

Non houbo a diferencia no campo que indica o marcador, cunha vitoria que deixa ao Baíñas líder e ao Laxe pechacancelas. Comezaba o Laxe mandando e se Samueliño fallou, Cristian e Mario non marraban e adiantaban aos locais. Gora recurtaba de cabeza pero de contado Víctor ampliaba de novo a renda.

A segunda foi de dominio visitante, pero á contra, e parece que así lle gusta aos de Pato, sentenciaron o partido, cos gole sde Esteban, Cristian, e Víctor.

Bainas-Laxe-Foto-Oscar Santos

Sp. Seaia - Corcoesto (4-3)

  • SEAIA: Jorge, Martínez, Ramón, Vistas, Sergio, Martuxa (Parga, min.70), Alberto, Dani Vilariño (Joro, min.90), Camilo, Richard (Adra, min.60) e Juni.
  • CORCOESTO: Edelmiro, Patelo, Pichu, Germán, Ángel (Miguel, min.75), Pablo, Luís, Gonzalo, Marcos (Dani, min.65), Cristian (Rodri, min.60) e Martín (Alberto, min.80).
  • Goles: 1-0, min.25: Richar; 1-1, min.44: Martín nun córner; 2-1, min.55: Juni; 2-2, min.65: Pablo; 2-3, min.70: Martín; 3-3, min.80: Camilo; 4-3, min.85: en propia meta tras escaparlle ao porteiro das mans ante a presión dun dianteiro e as protestas por falta dos visitantes.
  • Expulsión: o visitante Luís na xogada do gol do final por protestar.

Vitoria moi pelexada do Seaia, que suma a súa segunda vitoria seguida. E o fixo nun intercambio continuo de golpes nin partido moi bonito, con alternancia no marcador e no dominio. Comezaba o Seaia meténdose por diante tras uns primeiros bos 20 minutos, pero o segundo periodo da primeira foi de dominio visitante ante que Martín acadaba a igualada.

Arrincaba igual a segunda, e era Juni o que adiantaba aos locais. Pero Pablo e Martín daban a volta ao marcador. Quedaban 20 minutos e o Seaia non se rendiu e foi polo partido, puideron empatar e remontar nos últimos 5, cun gol en propia meta, coa axuda do porteiro e unha posible falta como protestaron os visitantes.

Montelouro - Coristanco (2-0)

Montelouro-Coristanco-Foto-Edu Olveira
  • MONTELOURO: Isma, Abel, Álvaro, Pedro, Canelo, Isma Cosme (Pablo, min.70), Geico, Benjamín (Bruno, min.75), Dani Sahorta, Dani Deza (Ancho, min.87), Pesco (Raúl, min.65).
  • CORISTANCO: Fredy, Marquiños (Gonzalo, min.80), Scott, Rubén (Sergio, min.48), Facal (Marcos, min.70), Luís, Mato, Iván (Magovi, min.70), Pazos (Añón, min.50) e Toniño.
  • Goles: 1-0, min.30: Dani Deza; 2-0, min.40: Pesco.
  • Expulsión: Scott (min.60).

Estreouse Dani Deza, un grande do fútbol galego que pega as súas últimas patadas en Louro, nas ligas da Costas. A fichaxe do cadro muradán pode ser clave para seguir tan arriba como empeza a campaña.

Comezou o Montelouro mandando, e Dani Deza e Pesco abrían fenda ao final da primeira. Non sen antes ter avisado o cadro de Da Silva, con dous tiros de Iván dende o borde de un de Pazos ao que se lle quedou o "mikasa" atrás. Os últimos minutos da primeira foron de dominio local.

Pero o equipo de Jurjo baixou o ritmo na segunda metade e o Coristanco puido recurtar, pero a raíz da expulsión de Scott o Coristanco foi un querer e non poder. Uns coristanqueses, que como o equipo local, quedou abraiado pola excesiva atención que o colexiado prestou ás pulseiras e demais artigos de beleza dos xogadores de ambos equipos.

Montelouro-Coristanco-Foto-Edu Olveira

Nantón - Ameixenda (2-1)

  • NANTÓN: Pollo, Eloy, Amado, Diego, David Lareu, Félix, Fabio, Cachi (Dani Costa, min.70), Martín (Micael, min.80), Carlos Vidal e Luís.
  • AMEIXENDA: Óscar, Iván. Javichu (Demetrio, min.80), Bichiño (Paulino, min.80), Samuel (Mateo, min.75), Álex, Jose Exprés (David, min.70), Chiru (José Manuel, min.65), Borja, Jesús, Miro.
  • Goles: 1-0, min.10: David; 1-1, min.59: Jesús; 2-1, min.62: Carlos Vidal.

Partido moi trabado e con pouco fútbol por parte dos dous equipos. O Ameixenda tivo unha boa ocasión no minuto 5 nun pase en profundidade que loita o seu dianteiro pero Pollo moi atento desbarata a opción de gol cunha boa saída. No minuto 10 David Lareu logra o 1-0 tras un saque de falta moi froxo que lle pasa por debaixo das pernas ó meta do Ameixenda. No minuto 35 Cachi fai lucirse o porteiro rival nun forte disparo axustado ó pau esquerdo despois dun saque de esquina. Non dou para máis a primeira parte.

Na segunda a cousa non cambiou moito. Sen un dominador claro e sen apenas ocasións de gol ata o minuto 59 no que o Ameixenda pon o 1-1 no marcador tras un disparo desde a frontal que é desviado por un defensa descolocando a Pollo. Pero na seguinte xogada o Nantón volve a adiantarse por medio de Carlos Vidal nun remate de cabeza á saída dun córner (2-1). No 70 o Ameixenda ten ocasión de empatar pero o xogador falla por pouco ante a saída de Pollo. a última ocasión foi para Luís no min.80 cunha vaselina que supera ó porteiro, bota diante da portería e sae fóra despois de pegar no longueiro.

Lira - Castrelo (3-0)

  • LIRA: Andrés (Aitor, min.75), Javier de Milucha, Brea, Adrián Porto, Fran de Muros, Iago (Santi,min.65), Fran Perico, Demetrio (Michelón, min.55), Óliver (Simón, min.80), Cristian, Manu.
  • CASTRELO: David, Rodri, Marcos (Estebo, min.60), Luís, Mario, Pichón, Chapu (Fran, min.46), Pichel (David, min.46), Roi, Gatusso, Félix.
  • Goles: 1-0, min.5: Iago; 2-0, min.25: Fran Perico coa axuda do porteiro; 3-0, min.35: Fran Perico.

Boa vitoria do Lira, colleitada nunha boa primeira metade, na que Iago e Fran Perico sentenciaron o partido. Así e todo, co 1-0 o Castrelo, malia saír durmidos, puido empatar e Javier de Milucha mesmo tivo que sacar un balón baixo paus tras unha boa xogada de Pichel e Roi. O propio Roi mandou ao poste e a xogada máis bonita foi unha vaselina dende case o medio campo de Gatusso que se atopou co longueiro.

Pero espertou o Lira e volveu dominar o último treito da primeira metade na que Fran Perico sentenciou.

Na segunda xa non había partido, cun Castrelo entregado a pesar da bronca de Roberto Cardexo, e Oli pouco acertado cara gol. Aínda ten moito que mellorar o Castrelo.

Muxía - Cerqueda (2-2)

  • MUXÍA: José Antonio, Pataca, Santi Papi, Currás (Ruso, min.80), Pesqui, Pereira, Julián, David (Víctor, min.60), Carliños (Iván, min.55), Adrián (Santi, min.75), Pesqui.
  • CERQUEDA: Rubén (Ángel, min.90), Pablo, Pailos, Manuel, Pazos (Víctor, min.75), Sergio, Lorenzo, Darío (Pichón, min.80), Juanjo, Uru, Carlos (Xabi, min.55).
  • Goles: 0-1, min.50: Juanjo de córner directo; 0-2, min.60: Xabi tras presionar e roubar a Santi Papi ao último defensa e lanzar pola escuadra; 1-2, min.80: Pataca de penalti; 2-2, min.98: Iván.
  • Expulsión: os visitantes Uru no min.85 e o míster Roberto Lozano no min.75 no cambio de Víctor por Pazos; e o porteiro muxián José Antonio (min.85).

Non acaba de arrincar o Cerqueda, que hoxe non tivo sorte e o Muxía, a pesar das baixas e do mal partido, conseguíu empatar nos últimos minutos. Foi un partido bronco, con moito patadón, e unha primeira metade sen apenas ocasións, coa pelota que case non pisaba o céspede de Arliña.

Na segunda xogouse algo máis, e o equipo visitante se metía pronto 0-2 cos tantos de Juanjo e Xabi. E tivo Lorenzo a sentenza pero mandou unha vaselina por arriba. Tamén tivo unha igual Xabi que non puido regatear ao porteiro.

E o Muxía tirou de fe e entrega, e apretou nos últimos minutos, colgando balóns e subindo o ritmo. Un penalti a falta de 10 para o final e un gol tras un barullo nun balón colgado significaban o empate.

Critican uns e outros que o colexiado se negou a entregar a acta resumida para se os equipos queren presentar alegacións.

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios