Xoves. 28.03.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Porteño aproveita o empate de Camelle e Indepediente

3ª Autonómica: O Porteño aproveita o empate de Camelle e Indepediente

Impresionante está esta 3ª da Costa. O Independiente non desaproveitou a ocasión para ampliar a renda cos seus perseguidores pero para iso tivo que sufrir para superar a un Xaviña que aguantou como un titán máis de unha hora de xogo. Xa son 4 puntos os que o Porteño saca ao Independiente e 5 sobre Camelle e Ameixenda.

No partido da semana, Camelle e Independiente asinaban táboas no ateigado e irregular campo do Rodeiro. Impresionante chega por detrás o Ameixenda que leva 5 vitorias e 1 empate tralas dúas derrota iniciais. O Soneira B segue deixando bo fútbol pola zona, e o Cerqueda se mete aí tamén tras conseguir unha vitoria, in extremis, en Nantón.

Por abaixo, mala racha do Alcaián, e o Castrelo seguen sen gañar e xa comeza a ser preocupante. Nesta xoranda tocoulle descansar ao Lira.

Camelle - Indep. Carballo (1-1)

Ambientazo no Rodeiro para o Camelle-Independiente-Foto- SD Camelle
  • CAMELLE: Púrrua, Carlos de Dido, Manuel, Valiña, Matías, Varu, Mario (René, min. 89), Miguel, Jose (Sergio, min. 71), Javi Rañal e Barreiro.
  • INDEPENDIENTE: Noe, Joni, Dani, Castro, Velo (Rives, min.80), Míchel, Carlos, Cholo, Palermo (Benítez, min.60), Juni e Mario.
  • Goles: 0-1, min.5: Palermo; 1-1, min.80: Matías de penalti provocado por Barreiro.
  • Expulsións: o local Varu e un xogador do Independiente no min.67.

O partidazo da xornada non defraudou, e ademais o Rodeiro presentaba unha entrada de excepción. Camelle e Independiente amosaron un partidazo cheo de intensidade ante o complicado estado do céspede do Rodeiro. Foi un partido duro, bronco, pouco vistoso pero moi pelexado.

Adiantouse pronto o Independiente por medio de Palermo que puido sentenciar en dúas ocasións claras, que fallaron incomprensiblemente baixo paos. Pouco a pouco foi o Camelle facendose co campo e Javi Rañal tivo duas ocasións, unha cun tiro frouxo e outra moi clara despois dunha excelente xogada coa que se prantou diante do porteiro pero o tiro saiulle alto. Controlaba mais o Camelle pero as ocasións poñíanas os carballeses.

Na segunda o dominio local fíxose máis claro. O Indepediente tratou de aguantar pero o Camelle conseguiu meter atrás aos carballeses, que acusaban a pesadez do campo. Tivo que ser de penalti, o gol do empate por parte do Camelle. Seguiuno intentando un Camelle e Sergio enviaba fóra. Pero tamén tivo a última o cadro vistante pero Benítez e Míchel non acertaron asinando as xustas táboas finais.

Camelle-Independiente - Foto- SD Camelle

Soneira B - Alcaián (4-2)

  • SONEIRA B: Martín, Chans, Chuchi, Alberto, Curra (Pichón, min.60), Quilmes, Canosa, Fiegueroa, Richi (Félix, min.85), Chino (Borja, min.80), Pablo (Wii, min.65).
  • ALCAIÁN: Martín, Martínez, Lino, Marcos, Pombo, Fede (Iván, min.46), Pichel (Diego, min.65), Dani, David, Daviciño (Framil, min.55), Facal.
  • Goles: 1-0, min.15: Pablo; 1-1, min.20: David; 2-1, min.25: Alberto de córner; 2-2, min.40: Fede; 3-1, min.75: Pablo; 4-2, min.80: Wii de penalti.
  • Expulsión: o visitante por protestar xa contra o final.

Primeira metade moi igualada co cadro de José Ángel por diante pero os visitantes remontando. O Soneira B, con mocidade e con bo xogo tivo o balón e algunha ocasión máis pero o Alcaián respostada a cada envite local. David e Fede anulaban a renda de Pablo e Alberto, e o empate reflexaba ao descanso a igualdade. Iso si, o Soneira tivo algunha boa ocasión como un pao de Pablo ou un tiro de Chino.

Na segunda os locais foron máis eficaces, e o 3º gol, de Pablo, foi clave. Xa contra o final Wii de penalti sentenciou a que xa é a 4ª derrota consecutiva do Alcaián.

Baíñas - Muxía (4-3)

Baiñas-Muxía - Foto- Baiñas
  • BAÍÑAS: Damián, Simón (Dani, min.75), Samuel, Sancho, Héctor, Esteban, Luís, Iván (Cristian,m in.80), Fernando (Styven, min.80), Taski, Yanki.
  • MUXÍA: José Antonio, Peski, Martinciño, Pataca (José Manuel, min.46), Currás, Julián, Adrián Negro (Juan Prado, min.60), Casais, David, Iván Lagoa ) e Albertiño.
  • Goles: 0-1, min.10: Adrián Negro dende o medio campo; 1-1, min.20: Taski de volea; 2-1, min.50: Tasky nunha contra; 3-1, min.60: Yanki á contra; 3-2, min.65: Lagoa; 3-3, min.70: Julián; 4-3, min.75: Luís.
  • Expulsións: Os adestradores Pato e Papi.
Boa entrada para ver o Baiñas-Muxía-Foto- Baiñas

Partidazo en Baíñas entre dous equipos que apostaron polo fútbol, con alternativas no xogo e no marcador. A primeira metade foi igualadísima e marchou con 1-1 ao descanso. Na segunda o Muxía dominou máis pero á contra o Baíñas puxo o partido de cara e se tivo que poñer por diante en varias ocasións ante o empurre dos visitantes.

Nantón - Cerqueda (0-1)

Nanton-Cerqueda-Foto- UD Cerqueda
  • NANTÓN: Bonano, Dani (Borja, min.83), Eloy, Diego, Félix, Rubén, David, Martín, Luís, Dani Costa.
  • CERQUEDA: Rubén, Bastón (Iván Ponte, min.85), Javi, Atu, David, Dani, Santi, Lorenzo (Manu, min.66), Javi Pazos (Iván Cances, min.60), Dani Seaia, Dieguito.
  • Gol: 0-1, min.95: Atu a saque de esquina, e sen tempo para sacar de centro.

Novo partido que deixa escapar o Nantón nos intres finais. E xa van varios nos que lle queda a cara de tontos aos cabaneses. Desta volta nin lle deu tempo a sacar de centro tralo único gol do partido asinado por Atu tras un córner.

Foi un partido igualado nos dous tempos, ao que o Nantón se presentaba con solo 13 xogadores polas baixas e no quencemento perdía ó que ía ser o porteiro titular, Ernesto cun esguince no pulgar da man dereita. Bonano tivo que sustituilo antes do comenzo do partido pero sen tempo para facer o quencemento. Aínda así o Nantón fixo un partido moi serio, triangulando ben e facendose co control do balón, pero sen ocasións claras. O Cerqueda non se sentía incómodo sen o balón e tampouco se aproximou con perigo á portería do Nantón.

A partir do minuto 75, o Cerqueda comezou a gañar a partida no medio do campo fruto do cansancio e da falta de xogadores de refresco, creando algo de perigo por bandas. Dani Seaia e Dieguito avisaron, pero non foi ata a última xogada do partido o Cerqueda marca á saída dun corner despois de que o balón se paseara pola área pequena sen que ninguén atinase a sacala.

Nanton-Cerqueda-Foto- UD Cerqueda

Porteño - Xaviña (6-2)

  • PORTEÑO: Pablo, Pejo, Antón, Maikol, Óscar, Ismael, Asier (David, min.55), Búa (Nené, min.60), Brais (Yuyo, min.55), Iago (Mario, min.46), Bieito (Cousillas, min.65).
  • XAVIÑA: Lalá, David, Juan Antonio, Caamaño (Galego, min.75), Rodrigo, Gatusso, Martelo, Elvis (Chiriví, min.46), Felipe, Borja, Pirucho (Pequenao, min.60).
  • Goles: 1-0, min.15: Ismael de falta; 1-1, min.30: Caamaño; 2-1, min.40: Pejo de cabeza; 2-2, min.60: Borja; 3-2, min.70: Ismael de penalti; 4-2, min.73: Yuyo; 5-2, min.80: David Toja; 6-2, min.85: Cousillas.
  • Lesión: os visitantes Pirucho, Caamaño e Borja con problemas musculares polo campo de herba, e tivo que quedar con 10 o Xaviña 10 minutos.

Ambientazo na Grixa, con 300 persoas, para ver como continúa este líder nun fermoso e intenso derbi camariñán. Pero tocou sufrir pois, mentres aguantoulle a forza, o Xaviña prantoulle cara ao líder.

A primeira metade e media parte da segunda foi moi igualada e moitos minutos o Xaviña foi superior combinando moi ben. Ao final, cos cambios os locais sentenciaron nos últimos 20 minutos e mallaron con 6 goles que non reflicten o global do partido, pero que permiten ao Porteño ampliar vantaxe con respecto aos rivais directos.

Coristanco - Laxe (2-2)

  • CORISTANCO: Nacho, Marcos, Óscar, Iván, Torreira, Luís, Damián (García, min.55), Sergio, Edgar (Pose, min.75), Mallón (Magovi, min.60), Pazos.
  • LAXE: Illote, Pailos (VIlanova, min.65), López, Naya (Iván Ventura, min.46), Saleta, Borja, Jacinto, Felipe (Mandi, min.60), Roi (Darío, min.46), Samuel, Adrián Porteiro.
  • Goles: 1-0, min.25: Edgar tras un saque de porteiro longo; 1-1, min.50: Samuel; 1-2, min.65: Samuel de penalti; 2-2, min.80: Cancela empurrou un tiro de Iván tras un rexeite nun córner no que pediron falta os visitantes.
  • Expulsión: o local Pazos por protestar no min.75.

Partido moi igualado, con moito balón aéreo, no que un empate foi o máis xusto. A primeira metade foi máis clara para os locais, pero os de Rocci respostaban a cada intento. De feito, tralo descanso, o Coristanco empataba e se metía por diante. Co 1-2, a expulsión do visitante Pazos foi clave. Os locais perderon varias ocasións para o 1-3. Pero fallaron e acabaron sufrindo ante un Coristanco que se meteu arriba a base de balóns arriba. Ao final tivo Magovi para poñer o gol da vitoria e noutra xogada de rexeites Luís e Iván estiveron preto do gol da vitoria.

Ameixenda - Corcoesto (4-1)

Ameixenda celebra un dos tantos de Alex - Foto- Jorge Parri
  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, Grille (Bicho, min.55), Demetrio, Mateo, Alex (Alejandro, min.75), Javi Carballo, Borja, Jorge, Diego Manuel, min.65), Javier, Javichu.
  • CORCOESTO: Anxo, Ángel (Miguel, min.50), Germán, Sergio (Couto, min.70), Alberto, Pablo Vázquez, Edelmiro, Javi (Uru, min.65), Txabi (Aitor, min.46), Martín, Pichuco (Rodri, min.60).
  • Goles: 1-0, min.10: Borja; 2-0, min.15: Alex; 3-0: Alex; 4-0, min.20: Javier; 4-1, min.60: Martín.
  • Expulsión: o visitante Martín no min.65.
As responsables da Cantina do Ameixenda-Foto- Jorge Parri

Primeiros 20 minutos espectaculares dos locais, que xa sentenciaron, i é que cada vez que chegaban era gol. Sen embargo, polo bando visitante Alberto e Cercado non acertaban para os visitantes. E ata Pichuco marraba un penalti ao fío do descanso que parou ben o eternamente novo Óscar Riolo.

Na segunda recuperou o balón o Corcoesto, e mesmo puido recurtar, pero nin Aitor nin Martín en dúas ocasións estiveron acertados e o Ameixenda finiquitou o partido.

Non pasan os anos polo meta do Ameixenda Oscar Riolo-Foto- Jorge Parri

Castrelo - Fisterra B (0-4)

Clara vitoria do filial fisterrán que demostra as dúas liñas que levan ambos equipos. O Castrelo aínda non coñece a vitoria e suma a súa 4ª derrota consecutiva mentres que o Fisterra B de Borrasca e Pana suma a segunda vitoria seguida.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Fonte

Comentarios