300 ciclistas participarán na BTT de Carballo
Carballo acolle o sábado 23 de agosto o VI Circuíto BTT 12 Horas que organiza a Asociación Deportiva Media Ducia coa colaboración do Concello de Carballo. Unha proba de mountain bike de carácter non competitivo baixo o manto da Federación Galega de Ciclismo, na que pode participar todo o mundo. De feito, xa non hai prazas pois xa se cubriron as 300 que puñan en marcha a organización de Media Ducia.
A saída está prevista para as 9.45 horas do sábado 23 de agosto, xusto diante da nave de Garaysa, empresa que colabora coa cita. Dende alí e guiados por un coche ou moto da organización, os participantes percorrerán o Parque Empresarial de Bértoa antes de entrar no circuíto para poder estirar o pelotón de participantes e que comece a proba sen aglomeracións. Isto ocorrerá aproximadamente ás 10.00 horas e a partir dese momento o circuíto pecharase para que só os ciclistas que participan no evento poidan circular por el en bicicleta. A finalización da proba terá lugar cerrando o último pase por meta as 21.45 horas, e esperando a entrada en meta de todos aqueles participantes que antes de esa hora estean dando a súa última volta. Todos os participantes obterán un diploma que acredita o número de voltas que deron o longo do día, sendo estes de tres categorías: diploma de ouro: para todos aqueles participantes que superen os 200 Km; diploma de prata: para todos aqueles participantes que superen os 150 Km e fagan menos de 200 Km; diploma de bronce: para todos aqueles participantes que non superen os 150 Km. Durante a proba os participantes contarán cun almorzo, a base de pan de ovo e chocolate; cun avituallamento con froita, auga e bebidas enerxéticas; con comida a base de empanada e ensalada de pasta; e cunha cea, de xamón asado con patacas.
Novas relacionadas
- Máis de 1500 participantes demostran en Carballo o poder das Carreiras Populares.
- “O Mirador do Ézaro convírtese nun porto mítico en Galicia referencia da peregrinaxe do ciclismo”.
- As bicis de montaña de peques e maiores volven invadir os montes de Dumbría.
- Dumbría, único concello costeiro no Circuito Provincial BTT.
- O Desafío do Atlántico tamén se espalla por Pontevedra.
- 130 ciclistas disfrutaron da beleza das nosas estradas no II Trofeo Luso-Galaico.
- Dumbría subiuse á bici de montaña.
- A tregua meteorolóxica permitiu un espectáculo de primeira no Ciclocross de Dumbría.
- Un 2014 sen Vuelta pero cun gran Desafío del Atlántico.
- 2013: Pequenos e maiores, a dúas rodas polos montes de Dumbría.
- BTT 2013: Dumbría tamén supera a meteroloxía adversa e afianza a BTT no panorama galego.
- BTT 2012: Dumbría xa é cita fixa para os “beteteros” do país.