mércores. 30.04.2025
El tiempo

4 piragüistas dumbrieses buscarán a medalla en Padrón

4 piragüistas dumbrieses buscarán a medalla en Padrón

Esta fin de semana dispútase en Padrón a proba galega do Circuito Nacional de Slalom, Terceira competición da Copa de España e selectiva para Selección Española de Slalom Olimpico Junior e Sub-23. E alí estarán os nosos representantes dumbrieses.

O CDM Piragüismo Dumbría acude cun pequeno pero xeitoso grupo de deportistas, capitaneados por Andrea Perez, a principal baza do equipo coruñes. Tamén poderá ser destacable o concurso de Marco Oreiro, o canoista dumbriés en concentración permanente no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra. Completan a inscripción Aarón Nuñez, no K1 senior, e Laura Antelo no K1 junior. Todos tratarán de facer valer o seu coñecemento dun rio o que acuden con asuidade a entrenar.

A competición, para o que se queira acercar a disfrutar do espectaculo, terá lugar no Rapido de O Lapido, en Herbón, coa disputa das preliminares o sabado a partir das 12 do mediodía, e as semifinais e finais do domingo, a partir das 9 da mañán.

Completo mes

Esta competición é o colofón dun mes de bos resultados do CDM Piragüismo Dumbría, con un segundo posto por clubes na Copa Galega de Promoción celebrada en Gondomar, onde destacou novo Martín Quintans cun novo triunfo en C1 infantil, e o seú segundo posto no K1, e da Copa Galega de Slalom xa celebrada en Padrón na que Andrea Pérez demostrou que na categoría Junior de momento, non ten rivales en Galicia.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do CDM Dumbría.

Comentarios