Domingo. 03.03.2024
El tiempo

6 de 6 para o Volei Dumbría

6 de 6 para o Volei Dumbría
Un dos partidos da fin de semana do Volei Dumbria

A xornada deste fin de semana pódese catalogar de perfecta para a familia do Volei Dumbria, xa que se acadaron un pleno de vitorias nos seis partidos disputados. O segundo pleno nunha semana.

A xornada comezo o venres en Ourense coa vitoria dos infantis do Manuela Rial ante Burgas nun partido que venceron por 2-3 (15-25 / 20-25 / 25-19 / 25-16 / 6-15). Amosáronse superiores os nosos nos dos primeiros sets, pero o cansancio e una multitude de erros nos seguintes sets igualaron a contienda. No set decisivo os aciertos no saque inclinaron a balanza para poder traer una nova vitoria para Costa da Morte.

As infantis do Manuela Rial aproveitaron o desplazamento ata Ourense para disputar dous partidos cos equipos ouresans e acadar duas vitorias basadas no certero saque ante CV Ourense por 1-3 (12-25 / 9-25 / 25-22 / 16-25) e Dompa 0-3 (13-25 / 9-25 / 11-25). Con esta vitoria o equipo situase en 6º posición na clasificación xeral da Liga Galega.

A xornada completouse o sábado no Conco enfrentándose a San Sadurniño con vitorias das cadetes por 3-0 (25-17 / 25-19 / 25-18), no xuvenil por 3-1 (25-10 / 18-25 / 25-22 / 25-22) e no cadete por 3-0 (25-3 / 25-10 / 25-10). O único partido disputado foi o xuvenil xa que nos outros dous a superioridade foi manifesta.

Vindeira xornada

Este fin de semana disputanse 4 partidos:

  • Sabado 23:
    - Rianxo Cadete masculino 10:00 h Rianxo - Voleibol .
    - Carballo Cadete femenino 10:30 h Xiria Urbieta- Voleibol Dumbría
    - Carballo Cadete femenino 12:15 h Xiria Gestiber- Voleibol Dumbría.
  • Domingo 24: Cambados 11:30 h XAV Cambados - Manuela Rial.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios