A Copa da Costa no Xoves Santo


En canto a Copa da Costa moitisimos partidos os desta tarde, comezamos o repaso na Serra de Outes onde vencía o Outes por 3-0 o Corcubión e pon moi de cara a eliminatoria para o encontro de volta, o Porteño caía na casa pola minima fronte o Cee por 0-1 onde os locais reservarían moitos xogadores para o encontro do sábado, mentras no encontro Cerqueda - Fisterra finalizaría o encontro en táboas 0-0 e queda todo pendente para o partido de volta. En Carnota, o equipo de Alfredo Cambeiro poríalle as cousas dificiles a todo un Malpica que se levaría o encontro pola minima, partido moi limpo para a cantidade de tarxetas inutiles que se dedicou a enseñar o colexiado a ambolos dous conxuntos. O Volantes vencía a Esteirana tamén pola minima e deixa todo aberto para o encontro de volta, mentras o Buño daría a sorpresa vencendo o Camariñas por 1-3 e pon o pase a seguinte fase na man do Buño de cara o partido de volta, noutro dos partidos xogados o Castriz vencía por 4-0 o Camelle, pero istes presentarianse a xogar con 8 xogadores e na metade da primeira parte suspenderiase o encontro co resultado que estaba nese momento por lesión de 2 xogadores do Camelle.
- Nakata xogador do Carnota perseguido por Mara

Máis información
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
Crónicas da semana
- 3ª Autonómica: O Ameixenda dá conta do Lira nunha 3ª que fai afección.
- 2ª Autonómica: O Corme dá outro paso adiante e o Muros un abaixo.
- 1ª Autonómica: A Esteirana suma cando Camariñas e Ponteceso xa se deixan ir.
- Preferente: O XSC aférrase á categoría.
- Resultados e análise da xornada dos 50 anos do Fútbol da Costa.
Artigos relacionados
- Xa chegaron os cromos da SD Fisterra.
- Lema Suárez: O 12 de abril, a data exacta dos 50 anos da Liga da Costa.
- O Gato parapenaltis.
O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).