Mércores. 09.10.2024
El tiempo

A Costa xa ten o seu torneo galego de tenis de mesa

A Costa xa ten o seu torneo galego de tenis de mesa
Torneo de tenis de mesa de Zas

Segue afianzándose a comarca de Soneira como un dos feudos do tenis de mesa galego. E así o corrobar o gran éxito do Torneo Ponciano Nieto de tenis de mesa organizado polos integrantes do clube Anorthosis Vimianzo, ao que asistiron xogadores de Oleiros, Cambre, Ferrol, Noia, Santiago, Cee e os propios xogadores do clube organizador que participan en diferentes categorias: 2ª nacional, 1ª, 2ª, e 3ª galega e tamén como invitado de excepción o recente vencedor do torneo individual da I Liga intermunicipal.

O torneo comezou cunha fase de grupos na que se clasificaban os dous primeiros de cada un para a victoria final e, os dous últimos cada grupo disputaron un torneo paralelo na procura doutro trofeo.

Así quedou a clasificación final:

  • 1º Javi Canzobre (Oleiros)
  • 2º Daniel Sanchez (Oleiros)
  • 3º José L. López (Oleiros)
  • 4º Alberto García (Santiago)
  • 5º Rubén Seijo (Noia)
  • 6º Antonio Suárez (Cambre)
Javi Canzobre e Daniel Sanchez na final do Torneo Ponciano Nieto

Os costeiros quedaron na repesca

Tamén levaron trofeo os vencedores doutras eliminatorias de repesca, entre eles o local Miguel Rey (Zas), ademais de Ramón Casas (Oleiros).

Entre o resto de participantes sorteouse un premio que recaeu en Fernando Losada (Oleiros) e os demais levaron o agasallo correspondente a esta V edición do torneo de tenis de mesa.

Así e todo, o maior exito do torneo foi extradeportivo, e estivo na comida de confraternidade donde todos degustaron dunha churrascada, na que colaboraron na súa elaboración e servizo os organizadores e acompañantes dos xogadores.

Familia zaense

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.

Comentarios