Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A familia do Anorthosis volve con experiencia e medallas do Campionato Galego

A familia do Anorthosis volve con experiencia e medallas do Campionato Galego

Acodía a familia do tenis de mesa costeiro ao Campionato Galego infantil e veterano celebrado en Gondomar (Pontevedra). E volvía cun bo botín, e varias medallas no peto. Unha demostración de que algo están facendo ben na familia Anorthosis, que aproveita para agradecer aos concellos que apostan por este deporte, como Vimianzo, Santa Comba, Mazaricos e Zas; ademais da Deputació e as entidades privadas e persoas que colaboran individualmente.

As chicas mandan

Ana e Miriam con todos os trofeos deste campionato Galego de tenis de mesa Ana e Miriam con todos os trofeos deste campionato Galego de tenis de mesa

De sobresaínte estiveron as nenas (Ana García, Laura Cernadas e Miriam Domínguez) con tres medallas. A primeira foi o 3º posto por equipos, nesta modalidade xógase o 3º-4º posto, Ana e iriam conseguiron ser semifinalistas en dobres e por último Miriam foi semifinalista en individuais. Tanto Ana como Miriam fixeron un campionato excelente no que demostraron o bo traballo que se está a facer nos entrenamentos. Ademais do bo xogo realizado, acadaron as simpatías do resto dos participantes, e así, xogadores, entrenadores e público apoiaban e aplaudían os puntos de Ana e Miriam cando non xogaban contra as súas xogadoras. En concreto Ana foi a única xogadora que lle gañou 2 sets a naronense Claudia Canay (sucampioa de España da categoría), 1 na proba de equipos e outro na fase individual de grupos; e perdeu en cuartos contra Noelia Santiago 3-2 nun partido memorable e con todo o pavillón pendente delas. Miriam pola sua banda para aceder a semifinais remontou un 0-2 contra Helena Martín que é asídua dos podiums tanto en torneos como en campionatos. A outra xogadora femenina, a alevín Laura Cernadas, pouco puido facer ante xogadoras con máis anos e horas de entrenamento pero serviralle de experiencia para o seu campionato.

Para casi todos os nenos infantís este foi o seu primeiro campionato. Só David Roget participara o ano pasado, polo que o obxectivo era de que colleran experiencia e comprobasen como xogan os demais nenos da súa idade e cargasen as pilas e as gañas de entrenar forte para vindeiros compromisos. En equipos acadaron o 5º posto o equipo Concello de Zas Ponciano Nieto formado por David Roget e Adrián Riveiro de Vimianzo xunto con Javier Rodríguez de Mazaricos. O outro equipo, Concello de Zas Cernadas acadaron o 8º posto e nel xogaron Edu Cernadas de Zas, Alex Blanco de Mazaricos e Kevin Varela de Santa Comba.
Cómpre destcacar a boa convivencia entre eles e co resto dos participantes e valorar o progreso a pesar do pouco tempo que levan adestrando.

Stevo, e seu primeiro campionato oficial

Stevo co seu trofeo no Campionato Galego de Veteranos en Gondomar o primeiro que acada nun campionato oficial Stevo co seu trofeo no Campionato Galego de Veteranos en Gondomar o primeiro que acada nun campionato oficial

Por último, Stevo trouxo o trofeo de semifinalista na categoría de Veteranos +60, sen embargo no xogou ao nivel doutras veces e así clasificouse 3º na fase de grupos en individual, afortunadamente no cruce de cuartos si dou a talla e en semifinais volveu a perder con Enrique Barreiro como xa fixera na 1ª fase.

  • O amor propio, seña de identidade da familia Anorthosis.
  •  

    Máis información

    Para máis información ou ver perfectamente a clasificación: www.fgtm.es:

    Novas relacionadas

    Crónicas da temporada pasada

    Fonte

    Comentarios