Martes. 07.05.2024
El tiempo

O amor propio, seña de identidade da familia Anorthosis

O amor propio, seña de identidade da familia Anorthosis
Aluminios Xeal abril 16 copia Gran participación das mozas do Aluminios Xeal na categoría nacional

Fin de semana completa de encontros para os equipos de Anorthosis con resultados dispares, pero cunha valoración xeral positiva. A pesar de que só houbo dúas vitorias e dous empates polas catro derrotas, cada encontro ten a súa traxectoria particular e a motivación é diferente en cada partido. Así os que non se xogan nada ceden na intensidade do xogo e os que realmente se xogan algo, aínda que só sexa o amor propio, si as poñen todas para a vitoria.

1ª División Nacional Feminina

  • Resultado: Diario de Pontevedra - Aluminios Xeal 4-3
  • Resultado: Oroso - Aluminios Xeal 5-1
  • Resultado: Vincios TM - Aluminos Xeal 4-2

Neste sentimento de amor propio desprazouse o Aluminios Xeal a Gondomar, (con madrugón incluido, saíron as 8:00 da mañá para voltar ás 22:00). Por un lado saíron demostrar que son capaces de apretar a calquera equipo e a piques estiveron de vencer a Diario de Pontevedra, co que perderan na 1ª volta 6-0. No 5º set do partido definitivo de dobres estaban 5-1 a favor, pero acabaron sucumbindo.
Despois contra Oroso e contra xogadores de División de Honra, xogaron moi ben e gañaron un partido, pero impúxose a calidade, claro está. En todo caso, un sobresaínte para as nosas xogadoras.
E por último, no encontro que tiñan que gañar, encontráronse cunhas supermotivadas xogadoras locais que acababan de vencer a CTM Coruña e coas nosas moi cansas, sobre todo de esperar máis de hora e media para xogar os partidos e con moitas gañas de voltar a casa. Notouse o madrugón e o descanso de mediodía, as locais comeron nas súas casas e repouso no sofá.

Moi ben para as Tatiana Recarey, Miriam Domínguez e Ana García, que rematan así o seu periplo por esta categoría nacional cun gran sabor de boca.

 

3ª División Nacional Masculina

  • Resultado: Liceo Noia “B” - Anorthosis Vimianzo 3-3
  • Resultado: Anorthosis Vimianzo – Oroso Hotel Santa Cruz 3-3

En 3ª Nacional o Anorthosis de Andrés Fagín, Gonzalo Martínez e Stevo Lema, lougrou os puntos necesarios para afrontar os últimos encontros con tranquilidade e para aproveitar para darlle partidos de nivel aos que están empezando. Dous empates despois das últimas derrotas case que saben a vitorias, e con este sistema de puntuación máis. O que gañe consigue 4 puntos e nun empate 3 puntos, a diferencia é mínima.

 

2ª División Galega

  • Resultado: Concello de Zas Cernadas – Monte Porreiro 1-5
  • Resultado: Concello de Zas Ponciano Nieto – Monte Porreiro 6-0
  • Resultado: Vimianzo TM - Arteal Ventanas “B” 5-1

Xa na 2ª Galega xogábanse moito os equpos contrarios (ser segundos de grupo) e os nosos aquilo do amor propio. Así o Concello de Zas Cernadas cos xogadores sen actividade en moito tempo (Edu e Raúl estiveron lesionados) pouca resistencia fixo ao Monte Porreiro. Logo o Concello de Zas Ponciano Nieto deixou claro as diferencias entre o 1º e o 2º, contundentes co 6-0. E o Vimianzo TM tiña unha espiña cravada dende o encontro de ida en Arteal. Agora xa está fora e sen cicatriz.

 

Máis información

Para máis información ou ver perfectamente a clasificación: www.fgtm.es:

Novas relacionadas

Crónicas da temporada pasada

Fonte

Comentarios