Mércores. 16.10.2024
El tiempo

A Gran Familia do tenis de mesa comarcal

A Gran Familia do tenis de mesa comarcal
Familia Anorthosis en Oleiros Familia Anorthosis en Oleiros

Gran fin de semana esta pasada para o tenis de mesa da bisbarra. Os equipos da bisbarra participaban nos campionatos provinciais escolares que se disputaban nas instalacións do Club del Mar de San Amaro na Coruña. Ali presentabanse moitos equipos das diferentes categorías da nosa zona. Santa Comba, A Baña, Vimianzo, Mazaricos e Zas, xunto con Noia e Outes formaron unha grande familia do tenis de mesa comarcal, apoiándose e animándose na vitoria de calquera coma se fose propia, rematando sempre cunha forte aperta conxunta.

Ademais, os resultados non foron malos. Houbo pleno da comarca na máxima categoría, a cadete masculina, e foi memorable a vitoria das infantís femeninas de AD ZAS ante as de Narón, na que Miriam Domínguez e Ana García superarón ao equipo naronense no que estaba Claudia Canay (subcampioa de España).

Logo o domingo tocaba desprazamento ao Torneo de Oleiros. 10 dos nosos representantes deron moitas satisfacións como a de Kevin Varela, subcampión en alevín masculino, e a de Javier Rodríguez , 3º en cadete/xuvenil masculino. E como non, outra vez Ana e Miriam que xogaron a final de infantil femenina que gañou Ana por un apretado 3-2 e 11-9 no 5º set.

Moi contento se amosa Stevo Lema, responsable do club, con este nivel. "Cada vez estamos máis cerca dos que en Galicia marcan o máximo nivel deste deporte. E sempre volvemos con máis gañas de entrenar para superarnos".

Novas relacionadas

Crónicas da temporada pasada

Fonte

Comentarios