Mércores. 09.10.2024
El tiempo

A maxia pisou o Conco

A maxia pisou o Conco
Valeron asinando centos de autografos en Dumbria-Foto- Jorge Parri

O Mago pasou por Dumbría. O gran ídolo da última década branquiazul, apenas uns días despois da súa despedida bañada nun triste descenso que impediu ver o real cariño que a afección coruñesa lle ten, Juan Carlos Valerón pasou polas instalacións do Conco.

O campo dumbriés encheuse, de xente da casa pero tamén de todas partes da bisbarra que quideron render a súa homenaxe ao Flaco. Unha parte o deportivismo costeiro (que por certo, é máis do que parece ante as mareas merengues e blaugranas) quixo estar aí, traer a súa camiseta, unha pelota, sacarse unha foto con el... para levar un recordo do último xogador que trouxo auténtico fútbol a Riazor e a toda provincia.

A súa naturalidade, a súa paciencia, fixo as delicias de pequenos e maiores (por momentos os máis maiores parecían os máis afectados e ilusionados...). E tras darse o baño de masas sobre o céspede, o alcalde fíxolle entrega dun trofeo Pedra do Brazal do Desafío del Atlántico.

Cómpre agradecer a labor do Presidente da Federación de Peñas do Deportivo, que ten unha casa en Berdeogas e de aí a súa vinculación con Dumbría e a Costa da Morte que fixo posible esta chegada. e cómpre agradecer os 13 anos que o Mago adicou a Galicia.

Gracias Mago!

Valeron recibindo a Pedra do Brazal do alcalde e Presi Pequeno-Foto- Jorge Parri Valeron en Dumbria-Foto- Jorge Parri Valerón en Dumbría-Foto- Jorge Parri Valerón en Dumbría-Foto- Jorge Parri Valeron cos tecnicos do Dumbria-Foto- Jorge Parri Valeron con Pequeno e Manolo Lopez-Foto- Jorge Parri Valerón co amigo Jorge Parri, que a pesar de ser merengue sabe recoñecer a maxia-Foto- Jorge Parri

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios