A praia de Razo acolle un campionato europeo de surf Sub-16
08:10 27/10/16
A final do Rip Curl GromSearch disputarase entre o 31 de outubro e o 6 de novembro na praia de Razo. Imaxe: Fuel Surf/Rip Curl
A élite dos surfistas junior europea daranse cita entre o 31 de outubro e o 6 de novembro na praia de Razo para disputar a final do Rip Curl GromSearch 2016; un circuito internacional que percorre os cinco continentes na procura das promesas do surf por debaixo dos 16 anos. Ata aquí desprazaranse os campións das cinco rondas europeas do circuito celebradas en España, Francia, Portugal, Reino Unido e Italia en categoría masculina e feminina.
Na proba participarán un total de 18 riders. Os españois Diego Suárez (Canarias), Yael Peña (Canarias), Nadia Erostarbe (Euskadi), e Iara Domínguez (Euskadi) son os primeiros da lista, froito do seu triunfo na final nacional clasificatoria disputada recentemente na praia de Los Locos, en Cantabria. A eles sumaráse en calidade de wildcard invitado pola organización o cántabro Sean Gunning.
Fronte aos cinco surfistas estatais situaranse os respectivos campións do resto das ronda por países: catro franceses, catro británicos, catro portugueses e un italiano.
Xunto coa honra de acadar a coroa europea do circuito, o campión ou campiona da proba de Razo terá a oportunidade de competir polo título mundial do Rip Curl GromSearch fronte aos mellores surfistas de Australia, Brasil, Indonesia, EE.UU. e Sudáfrica nunha final internacional que se celebrará na próxima primavera nun lugar aínda sen desvelar.
A final europea del Rip Curl GromSearch está patrocinada por EQ, Smith Optics, FCS, Gorilla e Citroën, en colaboración co concello de Carballo, Art Surfcamp, Teiron Surfshop y Health & Sport.
Novas surfeiras
- Raz Surfcamp, premio á Mellor Entidade Deportiva Privada de AGAXEDE
- As ondas de Malpica, na APP máis popular do surf.
- As mellores promesas do surf galego rubiron as ondas de Razo.
- Nemiña terá o seu SurfCamp “made in Costa da Morte”.
- A canteira do surf galego, formándose nas virxes ondas da Costa da Morte.
- As ondas de Nemiña non te esquecen.
- Costa da Morte, a fronteira do Surf Extremo.
- 31-12-14: Surfeando a onda Mutante da Costa da Morte.
- 15-12-14: Surfeando o temporal.
- 05-11-14: Malpica queda sen oficina e presidente da Federación Galega pero fica co surf.
- 09-09-14: As praias de Soesto e Laxe volveron colocar a Costa no centro do surf galego.
- 04-11-13: A Tremosa, a gran e temida onda da Costa da Morte.
- As perigosas ondas das Costa da Morte collen sona internacional.
- A bordo do longboard polos Camiños sen fin da Costa da Morte.
- A Costa da Morte afiánzase no panorama surfeiro do país.
- De quen son as ondas da Costa da Morte?.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).