Non foi completa xornada no Fútbol da Costa, pois estivo marcada polo aprazamento do choque do Malpica despois da traxedia vivida esta semana na comarca de Bergantiños co pasamento de Alex Pombo. Cada campo de fútbol gardou un respectuosísimo minuto de silencio polo porteiro do eterno sorriso. A el renderémoslle moitas máis homenaxes durante este curso futboleiro.
Pero a xornada celebrouse e temos que facer a análise ademais de traer os case 80 resultados. E coma sempre, comezamos a análise pola Preferente - Senra Sport, onde os nosos tiñan choques ante os dous últimos pero só o Dumbría conseguíu sumar os 3 puntos que lles permite subir á 8ª praza. Mentres, O XSC non pasaba do empate ante o Betanzos e segue tendo o descenso a só dous partidos de distancia, cando aínda restan 8 xornadas por diante.
Non foi nada boa a xornada na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra, marcada como dicimos polo aprazamento, para a vindeira semana, do choque do Malpica. Só o Corme, que vai embalado con 9 partidos sen perder e 4 vitorias seguidas, conseguía sumar os 3 puntos que o colocan empatado co Soneira. Un Soneira que se viu superado polo Bertamiráns B, igual que o Baio en Lesende e o propio Sofán, que deixa a 4 puntos o posto de promoción, e xa dá por perdido o título.
Pero ademais, esas derrotas son duras pois fixéronlle fraco favor a unha Esteirana que ademais caía nun choque clave ante o Flavia. Queda agora a salvación a 6 puntos para os blaugranas, aínda con opcións de manter a categoría.
Precisamente a zona baixa da 2ª Autonómica - ES Bazarra mira de reollo ao cadro esteirán polo seu descenso provocaría un arrastre e os Seaia, Cabana e Porteño, ademais do Montelouro que a día de hoxe está en descenso, terían que pelexar por evitar unha praza máis de ascenso. Dos 4, Cabana e Montelouro non podían sumar ante dous de arriba, mentres o Seaia non fallaba ante o pechacancelas e o Porteño sumaba un punto en Buño. Veremos se ao Montelouro lle senta ben a herba artificial da Agra da Figueira, recén inaugurada.
Por arriba, o Zas non cede e mantén 4 puntos sobre o Outes, 5 sobre San Lorenzo e agora 6 sobre o Castriz, que foi o único que sumou 3 tras empatar ante o Baíñas.
Na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, o Cerqueda deu un paso de xigante cara a celebración do título. Cando quedan 7 xornadas (temos un pequeno problema en www.futboldacosta.com) e tras vencer ao 2º da táboa ao que saca xa 7 puntos, polos 8 do Coristanco. Precisamente aí estará a loita. O Ameixenda, no peor momento da tempada, terá que pelexar co cadro Coristanqués, que vén de sumar 6 vitorias e un empate nos últimos 7 partidos, polo segundo posto de ascenso directo. Menuda pelexa!
E tamén haberá batalla por meterse no PlayOff, con 4 equipos pelexando por 3 postos. O Muxía descansaba pero ten aínda certa marxe. Lira vencía ao Laxe e deixa a un Corcubión en caída libro pelexando con Nantón.
Xuvenís
Mentres os campións esperan a que remate a Liguilla copeira para arrincar os Oitavos (xa está convocada a reunión para o Sorteo), quedan poucas cousas que determinar de cara á última xornada onde o único que está en xogo é unha das 3 prazas que deixan fóra das eliminatorias. Con Baio e Cee xa sen opcións, Zas e Malpica xogaranse todo na última xornada, á que chegan cun punto máis para os zaenses. O Zas recibe ao Corme e lle vale o empate ou que non gañe o Malpica en Ponteceso.
Por arriba, a honra de quedar primeiro a disputarán Esteirana e Fisterra nas súas visitas a Outes e Corcubión, en dous partidos moi bonitos.
Copas Cadete e Infantís
Disputáronse a volta dos Oitavos (incompletos) da II edición da Copa da Costa Cadete e Infantil, deixando así uns fermosos Cuartos de final. En Cadetes, Corme e Fisterra xa deixaran case decidida a eliminatoria na ida ante Coristanco e Baio, mentres que o Ponteceso dou conta do Outes e a Esteirana superou, con moitos apuros a un gran equipo das Baleas.
En Infantís, houbo moitísima emoción con partidos tremendamente igualados. O Cee intentou remontar ante o Fisterra pero non puido, o mesmo que o Cabana. Pero houbo dúas eliminatorias de infarto. O Outes vencía pola mínima ao Vimianzo e o XSC superaba aos Miúdos polo valor doble dos goles fóra de casa.
Saben que os cadros se actualizan nada máis rematar os partidos en www.copadacosta.com.
Emoción no F8
Espectaculares están as Ligas de F8 dos máis peques, sobre todo polo sur, cando quedabn 6 xornadas para o remate. En Alevíns, Cee A e Outes manteñen unha fermosa pelexa no máis alto. Mentres, en Benxamín, o Fisterra parece claro favorito, con 8 puntos de vantaxe sobre o Outes e os seus números falan sós. 17 vitorias e 1 derrota.
Polo Norte, cado levamos só 5 xornadas e aínda con esta sen rematar, Muxía, Corme e Cabana están arriba nos Alevíns e Benxamíns.
Xa nos Prebenxamíns, moitas goleadas demostrando que hai dous niveis, os dos 4 primeiros (Fisterra, Outes, Cee e As Baleas case empatados) e o resto.
Vuelco nos Veteranos
Ponse líder da 1ª División o Coristanco tras vencer en Baio e aproveitar a derrota, con relativa sorpresa do ata onte líder, o San Román, ante un Xuv. Bergantiños moi necesitado de puntos, que de feito de non telos conseguidos se tería metido en postos de descenso trala vitoria do Castriz ante o Bértoa. Quedan só 3 xornadas para o remate da temporada e o Coristanco ten agora 2 puntos sobre o San Román, pero ollo, que a vindeira xornada, gran duelo no cumio entre Coristanco e o San Román, cos locais buscando repetir o título do ano pasado e o San Román recuperar tempos de títulos.
Deste xeito, por abaixo, Cabana e Castriz con 18 puntos estarían en postos de descenso polos 20 puntos do Xuventude.
Mentres, na 2ª, claréxanse as cousas pois Agualada e Erbecedo teñen case os dous pés na 1ª División. O empate entre Erbecedo e o Corcoesto, o claro aspirante a pelexalo ascenso, deixa ao líder con 9 puntos sobre o cadro cabanés polos 8 que ten Agualada sobre o propio Corcoesto.
Betanzos | 0-0 | Xallas StComba |
Dumbría | 3-2 | Dorneda |
Sofán | 1-5 | Amio |
Soneira | 1-3 | Bertamiráns B |
Lesende | 2-0 | Baio |
Sigüeiro | 1-2 | Corme |
Esteirana | 2-3 | Flavia |
Cabana | 3-5 | San Lorenzo |
Seaia | 3-0 | Camelle |
Montelouro | 1-2 | Outes |
Buño | 0-0 | Porteño |
Cee | 3-2 | Volantes |
Castriz | 1-1 | Baíñas |
Carnota | 5-3 | Ponteceso |
Camariñas | 2-1 | Mazaricos |
Zas | 3-0 | Fisterra |
Ameixenda | 0-4 | Cerqueda |
Laxe | 2-3 | Lira |
Corcubión | 1-2 | Coristanco |
Castrelo | 0-1 | Nantón |
Esteirana | 2-1 | Cee |
Corme | 0-2 | Ponteceso |
Malpica | 2-2 | Castriz |
Coristanco | 1-1 | Outes |
Fisterra | 4-0 | Corcubión |
Muxía | 4-3 | Zas |
Copa da Costa Cadete, ida dos Oitavos
Copa da Costa Infantil, ida dos Oitavos
Vimianzo | 2-3 | Coristanco |
Baio | 1-4 | Muxía |
Corme | 30/03 - 18:30 | Zas |
Dumbría B | 3-3 | Fisterra |
Esteirana A | 0-5 | Cee A |
Outes A | 3-0 | Dumbría |
Esteirana B | 2-6 | XSC A |
Os Miúdos A | 0-3 | Sofán |
Lira | 10-0 | Cee B |
As Baleas | 12-1 | Os Miúdos B |
XSC B | 1-4 | XSC A |
Esteirana | 12-1 | Cee |
Outes | 2-0 | Dumbría |
Lira | 0-11 | Cee B |
As Baleas | 11-1 | Os Miúdos B |
Os Miúdos A | 3-3 | Sofán |
Dumbría | 0-6 | Fisterra |
As Baleas | 15-0 | Lira |
Cee | 8-2 | Esteirana |
Baio | 0-8 | Outes |
Xallas StComba | 9-3 | Corcubión |
Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 27
Laxe | 0-1 | At. Milagrosa |
Dumbría | 3-1 | Soneira |
Hosgran | 1-2 | San Lorenzo |
Cabana | 2-4 | Ponteceso |
San Román | 0-1 | Xv. Bergantiños |
Baio | 1-2 | Coristanco |
Bértoa | 1-2 | Castriz |
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 27
Vimianzo | 3-1 | Malpica |
Poniente | 2-2 | Nantón |
Sofán | 1-6 | Leiloio |
Camariñas | 2-6 | Porteño |
Corcoesto | 2-2 | Agualada |
Dep. Carballo | 9-0 | Buño |
Erbecedo | 3-1 | San Isidro-Razo |
Crónicas da semana
Primeiros títulos colleitados
Novas relacionadas
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).