Martes. 07.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O Zas o salto nunha xornada con duelos directos e polémica fóra do campo

2ª Autonómica: O Zas o salto nunha xornada con duelos directos e polémica fóra do campo
Fisterra-Cee Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com

Despois da xornada copeira do venres marcada polo Nordés, os equipos da 2ª Autonómica - ES Bazarra afrontaban unha nova xornada, a 28, con doble duelo por arriba e por abaixo. E a verdade é que houbo de todo.

Unha xornada con 2 fantásticos enfrontamentos directos, que deixan ao Zas líder con 4 puntos de vantaxe sobre os seus perseguidores. Os zaenses (que suman 8 vitorias e un empate nos últimos 9 partidos) vencían en Verdillo ante o que chegaba 3º, un San Lorenzo que fixo un gran partido pero se viu superado polos de Iván Cancela. Ademais, o Outes vencía ao Castriz nun choque conflitivo, quedando agora empatados na segunda praza con 57 puntos, polos 61 do Zas e os 56 do San Lorenzo. Todo nun pano de só 4 puntos.

Por abaixo, Porteño e Seaia asinaron unhas táboas que non os safan de problemas. Tamén empatou o Montelouro no derbi co Volantes, mentres o que non fallou foi o Cabana que rompía unha xeira de 4 partidos sen gañar vencendo a pechacancelas Camelle. Así, os 4 equipos quedan na mesma marxe de 4 puntos, e intentarán evitar unha ou dúas (dependendo da salvación da Esteirana na 1ª) de descenso.

Nunha xornada que vén inevitablemente marcada polo facelemento do porteiro malpicán Pombo, que ten a todo o Fútbol costeiro consternado.


Porteño - Seaia (2-2)

Porteño e Seaia saltando a Grixa-Foto-Porteño
  • PORTEÑO: Suso, Pejo (Curra, min.62), Manuel, Maikol, Caamaño, Doyle, Iago, Cristian, Óscar (Gabi, min.55), Meu Lar (Marcos, min.46) e Roi (Jose, min.60).
  • SEAIA: Jesús, Vistas, Miguel Riveiro, Nando, Camilo, Tato (Manuel, min.46), Parga, Eme, Felipe, Javi Rañal e Magovi.
  • Goles: 1-0, min.15: Pejo; 1-1, min.21: Tato; 2-1, min.40: Caamaño; 2-2, min.70: Felipe.
  • Expulsións: os locais Iago e Caamaño na primeira metade.
Porteño e Seaia saltando a Grixa-Foto-Porteño

Era unha finalísima que rematou en empate e deixa aos dous equipos nos mesmos problemas. Presentábase na Grixa, nun campo que segue en mal estado, o Seaia con 12 xogadores por mor das baixas, ante unha bancada chea.

Adiantouse o Porteño pero o Seaia igualaba a contenda, e dúas expulsións no ecuador do primeiro tempo deixaban aos locais con 9. Pero así e todo se metían por diante antes do descanso.

Na segunda, o partido estivo moi bronco, sen apenas tempo para o fútbol e máis para as tanganas. O Seaia levaba o mando e empatou por medio de Felipe pero non conseguíu poñerse por diante, se ben o Porteño tamén tivo un par de chegadas ao final para levar os puntos.

O partido tivo polémica polos dous bandos. Os locais protestaron que o colexiado, ademais de expulsarlle a dous xogadores, perdoou un par de agresións a Tato e a Miguel Riveiro. Pola contra, os malpicáns lamentaron insultos racistas dende algún sector da bancada ao noviño dianteiro Camilo. Fixo acto de presencia A Garda Civil se ben a cousa non foi a máis e o propio adestrador malpicán evitou meter leña ao lume.


Camelle - Cabana (0-2)

  • CAMELLE: Jimmy, Sicario, Rubén, Valiña, Peseta, Iván, Tedín, Felisiano, Brais, Dimitri e Tonsón.
  • CABANA: Anón, Charly, Pepe (Pipa), Raúl, Iván de Treos, Josiño (Dani Mato), Miky, Manolo, Eloy Pereira (Iván Mato), Manu Guillamet (Fernando) e Berti (Víctor).
  • Goles: 0-1, min.41: Manolo do Cruceiro; 0-2, min.69: Manolo do Cruceiro.

Volveu aparecer Manolo do Cruceiro, eterno goleador cabanés, para dar 3 puntos fundamentais ao equipo de Raúl Periscal nun difícil partido ante o sempre tocado pechacancelas. Os de Varu prantexaron, coma sempre e a pesar de todas as vicisitudes, batalla durante os 90 minutos, pero os goles de Manolo decantaron o choque e os puntos para o equipo que máis o necesitaba, pois a salvación xa parece unha quimera para os camelláns, mentres os cabaneses saborean estres puntos que lles dá unha marxe de 4 sobre o descenso.

Ata o primeiro gol aínda tiveron ocasións os de Alberto (Varu non puido estar por felices asuntos familiares), pero na segunda, co vento en contra e coas mermas físicas, non tiveron posibilidade de remontar.


Fisterra - Cee (2-2)

Fisterra-Cee en Ara Solis
  • FISTERRA: Norberto, Juan, Julito, Robertín, Dani, Guardiola, Roco, Santi, Roa, Pablo Lestón e Aitor. Tamén xogaron: Cristian, Piti, Adrián e Eddy.
  • CEE: Maikel, Borja, Jacobo, Aitor, Jorge, Josiño, Paco, Hidalgo, Leo (Gabriel, min.72), Bruno e Juan.
  • Goles: 0-1, min.5: Bruno a centro de Juan; 1-1, min.30: Aitor; 2-1, min35: Aitor; 2-2, min.43: Cristian Hidalgo a pase de Juan.
Fisterra-Cee en Ara Solis sempre con ambiente

Sempre son fermosos e intensos estes derbis entre Fisterra e Cee, e máis cando son varios os xogadores dunha vila que xogan no eterno rival. Un deles, Bruno, abría o marcador nada máis comezar para poñer por diante ao Cee. A partir de aí empezou o Fisterra a levar a iniciativa do xogo, iniciando combinado e tocando moi ben aínda que sen excesivo perigo. O Cee chegaba á contra con ocasións a tiros lonxanos de Juan, Bruno e Paco. Nun erro ceense empata Aitor o partido nunha mala cesión de cabeza ó porteiro e pouco despois resolve Maikel un remate con unha gran parada.

O Fisterra mandaba no partido xogando en contra de vento e nun pase lonxano Aitor gánalle a espalda ós centrais visitantes e fai o 0-2. Pasados un minutos foi espabilando o Cee e nunha xenialidade de Juan, que parte a dous defensas cun amago e pon un centro perfecto a Hidalgo que cruza para o empate. Outro fisterrán marcando coa camisola azul.

Na segunda parte en contra de vento mandou aínda máis o Fisterra que se pudo adiantar nun lanzamento de Roa ó longueiro ou nunha chilena de Aitor que para Maikel. Nos últimos 15 minutos o Cee tivo algún achegamento e pediu un penalti sobre Bruno.


San Lorenzo - Zas (2-3)

  • SAN LORENZO: Diego, Rudy, Anxo (David, min.70), Javi Puñal (Óscar, min.25), Alex Figueiras, Pablo Novo (Cachizo, min.70), Álex Taibo, Adrián Fraga, Fuentefría, Javi Pensado (Joaquín, min.30) e Juni.
  • ZAS: Rizos, Josito, Pereiro, Martín, Vecino; Canedo, Peke; Abel, Rubio; David Blanco e Álex Flores.
  • Goles: 0-1, min.23: David Blanco tras unha internada de Rubio nunha boa xogada combinada; 0-2, min.29: Álex Flores de vaselina tras unha indecisión entre defensa e porteiro; 1-2, min.52: Rudy de cabeza tras unha falta lateral; 1-3, min.61: Álex Flores aproveita o rexeite do meta local a un man a man de David Blanco; 2-3, min.87: Alex Figueiras de penalti.
  • Lesións: os locais Javi Pensado (con rotura de fibras) e Javi Puñal (con rotura de ligamento interno).

Boa entrada con máis de 250 persoas para disfrutar deste partidazo por todo o alto en Verdillo. O San Lorenzo podía recuperar ese liderato que tivo durante moitas xornadas pero o Zas, nunha racha espectacular de resultados, o que levou a vitoria e alonxou aos Pedro Gómez a 4 puntos de distancia. Os carballeses seguen sufrindo unha chegaban con 7 baixas duras (Parafita caía o venres na Copa cunha forte escodradura de nocello) e sufrían na primeira metade as lesións de Javi Pensado e Javi Puñal.

Foi un partido de gran intensidade, cunha primeira parte de moito respeto e poucas ocasións e foi o Zas o que mellor aproveito as que tivo para poñerse con 0-2 no marcador. Tivo o San Lorenzo un balón que salvou Rizos baixo paus antes do descanso.

Na segunda, pronto recurtou o San Lorenzo e tivo un dous para dous de Joaquín e Óscar para facer o empate, pero na seguinte xogada chegaba o 1-3 cun equipo de Iván Cancela que estaba máis cómodo. Foi subindo liñas o cadro local, que non perdeu a cara ao partido, apoiado polo empuxe da afección, e cada vez colgaba máis e máis balóns. E recurtou, xa preto do final, cun penalti discutido polos visitantes, pero non tivo tempo a máis a pesar do longo desconto, mentres o Zas tamén tivo para sentenciar ante o volcado cadro local.

Aquí, e gracias ao noso compañeiro Anxo Garrido, vemos varias xogadas. O primeiro gol do Zas, con unha xogada combinativa moi boa:

Este é tamén o terceiro gol do Zas e segundo de Álex Flore:


Volantes - Montelouro (4-4)

VOlantes e Montelouro no Eleuterio Balayo-Foto-Xose Sendon
  • VOLANTES: Rubén, Brea, Mingos, Picho, Javi, Jesús (Moja), Suso (Juan), Óscar, Brais (Maikel), Ivi e Piti.
  • MONTELOURO: Fernando, César, Pedro, Pablo, Teo (Isma, min.60), Dani, Riky (Geiko) David, Pesco, Gelo e Ancho.
  • Goles: 1-0, min.5: Brais cun golazo; 2-0, min.7: Ivi tamén fai un fermoso tanto; 2-1, min.40: César; 2-2, min.44: Pesco; 2-3, min.47: Riky; 3-3, min.48: Ivi de penalti; 3-4, min.71: Pesco; 4-4, min.88: Picho de cabeza.
Volantes-Montelouro-Foto-Edu Olveira

Fermoso e divertido derbi muradán moi entretido para os afeccionados. A primeira metade foi de cor laranxa, xa comezando cos golazos de Brais e Ivi. Parecía que ía ser unha tarde plácida para os de Felipe pero este Montelouro ten moita garra e botouse arriba conseguindo empatar nuns bos 10 últimos minutos.

Na segunda, o cadro loureán dominou máis o partido. E pegaba o Montelouro pero respostaba o Volantes dende os 11 metros. Golpeaba outra vez o equipo de Marcelo co segundo de Pesco, pero de novo Picho empataba á saída dun córner, mentres Ancho enviaba dous tiros ao longueiro.

Penalti no Volantes-Montelouro-Foto-Edu Olveira

Outes - Castriz (1-0)

Pancarta no Cunchido no Outes-Castriz
  • OUTES: Gato, Jura (Santi), Borja, Saúl, Chúa, Chía (Babu), Martín, Yago (Rafa), Elías (Poke), Piki e Mario.
  • CASTRIZ: Diego, Dani Martínez (Cilindro, min.70), Álex, Alberto (David Velo, min.55), Martín Uru; Bruno, Agra, Chinda, Luís; Bolón e Adrián Beiroa.
  • Gol: 1-0, min.17: Saúl de penalti.
Pancartas no Cunchido no Outes-Castriz

Partido polémico no Cunchido (con máis de 400 persoas) cunha afección local que, ademais de animar aos seus coma sempre fai, encheu de pancartas o campo por diferentes asuntos relacionados coas fichaxes, como se podían ler nas mesmas. Unha afección cabreada que fixo do Cunchido un caldeiro. Os grandes perxudicados, os xogadores do Castriz, que sufriron unha tarde moi negativa. O que parece claro é que estas cousas non deben ser protagonistas no Fútbol da Costa.

Unha directiva Castriz que se descarma totalmente das acusacións dos afeccionados da Serra (“os nosos cartos son para o meu equipo”, apunta Esteban Blanco) e que quixo lamentar o episodio vivido polo seu equipo e denunciar os insultos e as vexacións.

No deportivo, o partido foi bonito para ver, con dous equipazos, partido disputado e limpo. O Outes comezou dominando e Yago a remate de Chúa e Elías probaron a Diego. Saúl marcaba de penalti nunha xogada sen balón na que pediron expulsión os locais, igual que nun manotazo na segunda metade.

O Castriz tivo varias chegadas para acadar o que sería, para eles, un xusto empate, por medio de Adrián Beiroa e Bolón, e mesmo no final Agra tivo un tiro dedne fóra da área que petou no longueiro e bota na mesma liña.


Baíñas - Carnota (2-0)

  • BAÍÑAS: Sergio, Marcos, Mario, Samuel, Héctor, Jaime, Eloy Vilas, Esteban (Cristian, min.75), Llanero (Tasky, min.65), Javi Suárez e Pablo Muíño.
  • CARNOTA: Luís De la Peña; Ferreiro, Pumuky, Nico, Pedro; Robi, Raúl (Berni, min.60), Andrés, Manuel Luís e Joselu (Míchel, min.46).
  • Goles: 1-0, min.20: Pablo Muíño dende fóra da área; 2-0, min.26: Javi Suárez nun contra.

Partido moi controlado polo Mazaricos que puido matar o partido á contra con ocasions de Pablo e Jaime, pero que o Carnota se mantivo ata o final, e mesmo puido recurtar con varios remates de Pedro Pichín.

O vento estivo moi presente pero o equipo de Pablo Mallón fixo un gran partido, moi serio en defensa e efectivo arriba. Na primeira co vento a favor creou moitas ocasións e dominou o xogo, e os Pablo Muíño e Javi Suárez demostraron o seu nome.

Na segunda o Carnota con vento a favor non puido entrar con claridad e só un balon o pao de cabeza de Pedro puido significar o gol visitante.


Ponteceso - Camariñas (6-0)

  • PONTECESO: Brais, Javi Peón, Pablo Márquez, Kevin, Dani Cotelo (Ismail, min.69), Mendieta (Valle, min.39), Alberto Recarey, Martín Puente (Youssef, min.62), Dieguito, Eloy e Christian Martínez (Juanma, min.55).
  • CAMARIÑAS: Pablo, Nico, Martín Kanga (Martín, min.65), Darío, Pereira (Brais, min.50), Moriño, David (Piti, min.46), Ismael, Saviola, Sule e Yuyo.
  • Goles: 1-0, min.20: Christian Martínez; 2-0, min.48: Martín Puente, 3-0, min.49: Dieguito; 4-0, min.55: Eloy; 5-0, min.59: Dieguito; 6-0, min,.68: Dieguito.

Foi o peor partido do Camariñas no que vai de tempada con diferencia, ante un bo Ponteceso, que aproveitou 15 minutos da segunda metade para facer mella.

O Camariñas só tería uns 15 primeiros bos minutos, nos que ata tivo un par de chegadas de gol. Pero desapareceu e o equipo de Barca tomou o mando. Christian abría o marcador aos 20 minutos, vantaxe coa que se chegaría ao descanso. E a saída fulgurante dos locais que aproveitaron a soneca dos visitantes, permitiu que o Ponteceso completase o set e o partido.

O Ponteceso adicando a vitoria a Mendieta

Mazaricos - Buño (3-1)

  • MAZARICOS: Marcos, Miguel, Esteban, Matías, Ramón, Ricardo, Ferreiro (Chico, min.85), Pereiro (Coxo, min.80), Estéfano, David e Chenel.
  • BUÑO: Víctor, Casais, Eloy, Rubén, Fran Borrazás; Juan, Jorge Calvete, Emilio, Uru; Dani e Santi (Miguel Dourado, min.70).
  • Goles: 0-1, min.15: Juan de fermosa xogada individual; 1-1, min.30: Ramón; 2-1, min.75: Estéfano; 3-1, min.90: Chenel.

Foi un partido condicionado polo forte vento xa que era difícil controlar o balón e darlle a forza exacta porque, ou se quedaba ou se pasaba de longo, co cal houbo bastantes imprecisións. Empezou marcando o Buño e o cadro malpicán estivo controlando, dende atrás, ben o partido, sen sufrir. Pero o Mazaricos amosou máis, e pouco a pouco foi tomando o mando. Tivo sorte no primeiro tanto o Mazaricos á media hora para empatar.

Sobre todo na segunda parte co aire a favor o Mazaricos meteu ao Buño no seu campo sentenciado só no desconto, iso si.


Crónicas da Liga da Costa

Crónicas da semana

Primeiros títulos colleitados

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios