Ligas Galegas: Mala e triste xornada


Segue consternado o Fútbol da Costa polo falecemento do porteiro do Malpica Pombo e así o comprobamos coas verbas de apoio de todos os adestradores das categorías inferiores da zona.
Esta semana os adestradores dos equipos das Ligas Autonómicas quixeron render unhas verbas de alento á familia bergantiñá.
Xa no deportivo, a atención está no XSC da Liga Galega Cadete, que se complicou a vida nestas últimas xornadas e terá que pelexar co Orillamar por evitar o descenso. Esta semana era complicado sumar, pero si sumou o seu rival directo. Así e todo, vendeu cara a súa derrota o XSC no terreo do líder da categoría, RC Deportivo B, que só nos últimos quince minutos puido superar a un Xallas que realizou un gran primeiro tempo e unha máis que meritoria segunda metade, e que se veu un pouco abaixo tralo 2-1 dos deportivistas, a falta de 14 minutos para o final da contenda.
Pola súa parte, o Dumbría cadete viaxaba a Vigo para enfrentarse ó Santa Mariña, un equipo situado en postos de descenso pero aínda con posibilidades de manter a categoría. Sen dúbida, o equipo dirixido por Juan e Joaquín realizaba o peor partido da tempada e colleitaba a derrota máis severa do ano ata o momento.
Os Infantís, xa con moi poucas posibilidades de manter a categoría, seguen dando a cara polos campos do país, pero continúan sen sorte. Tiñan o partido gañado en Lalín e se lles escapu.
División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 28
- ResultadoSanta Mariña - Dumbría (5-0)
- DUMBRÍA: Gabriel (Jorge, min.41), Josiño (Cristian, min.27), Pablo, Ayoze, Marcos, Adrián (Mario, min.41), Eloy (Esteban, min.51), Xavi, Jose e Luís (Xabier, min.51).
O segundo gol chegaría da mesma maneira logo doutro erro nunha xogada en ataque a prol do Dumbría, esta vez sería Adrián Bardanca o que non finaliza a xogada dando lugar a outra contra local sendo esta vez o dianteiro local Miller o que batía a Gabriel. Con 2-0 remataba a primeira metade.
No primeiro minuto do segundo tempo o Santa Mariña conseguía o tercero tanto, obra de Yago, que batía a Jorge, sustituto de Gabriel logró do descanso. A partir deste terceiro gol o Dumbría baixaba completamente os brazos, os seis xogadores, algúns irrecoñecibles, mostrábanse imponentes e incapaces de aguantar as numerosas investidas locais que mostraban moitas gañas de ofrecer una boa imaxe ante o seu público. No 51' chegaría o cuarto tanto para o Santa Mariña e sería Gonzalo o que conseguía bater a un desesperado Jorge. O quinto e definitivo tanto local conseguíao Joel no 55' situando o 5-0 definitivo no marcador.
Liga Galega Cadete, xornada 28
- Resultado: Deportivo B - Xallas StComba (3-1)
- XSC: Rubén (Ángel), Raúl, Alberto, Pablo, R; Carlos Baio, Juanjo (mosteiro); Manuel (Óscar), Carlos Rieiro, Thiago e Grille (Adrián) (Óscar).
- Goles: 1-0, min.27: Carlos Baio; 1-1, min.55; 2-1, min.66; 3-1, min.72.
Os primeiros corenta minutos foron excelentes dos xalleiros, moi ordenados e pechando toda posibilidade de ataque dos blanquiazules, ata o punto de adiantarse no marcador por medio de Carlos e poder alcanzar maior vantaxe no mesmo cun lanzamento de Grile que pegou na escuadra da meta local.
No entanto, a lesión de Pablo Grille trastornou os plans visitantes, tendo que realizar o seu primeiro cambio xa aos 22 minutos de xogo, aínda con 0-0 no marcador, pero mantendo o seu bo nivel de organización e xogo, conseguindo manter aos atacantes locais lonxe do seu portería, ata o punto de que o líder do grupo non tirou nin unha soa vez á meta de Rubén.
A segunda parte mostrou os mesmos derroteros, cun XSC ben plantado e xogándolle de ti a ti aos locais, pero estes, na súa primeira ocasión clara, conseguiron empatar a contenda aos 15 minutos da reanudación.
Na súa segunda oportunidade clara, o Deportivo, cando restaban catorce minutos, logrou adiantarse no marcador e, pese aos intentos dos xalleiros, o 3-1 sentenciou un choque moito máis igualado do que indica o resultado final, cun tempo moi claro para cada equipo e a diferenza estivo na definición ante a meta contraria duns e outros.
Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría - Play Off Descenso Norte Impar, xornada 6
- Resultado: Lalín - Dumbría (2-2)
- DUMBRÍA: Juan (Breo, min.71); Sergio, Toni, Luís, Samuel; Brais Fdez, Adrián, Álex (Brais Mtnez, min.74), Xan (Berto, min.65); Tajes e Mateo (Ángel Sestayo, min.60).
- Goles: 0-1, min.10: Luís nunha falta lateral; 0-2, min.20: Tajes nun corner botado tamén por Adrián; 1-2, min.36; 2-2, min.56.
Moi bo primeiro tempo do Dumbría en Lalín, no primeiro tempo 5 ou 6 ocasións claras, nas botas de Álex, Mateo e Brais Tajes, que non sentenciaron a un Lalín que se foi metendo no partido, aproveitando algunha decision arbital e, algun erro defensivo. A sentencia puido estar no minuto 32, cun clarísimo penalti a Mateo na esquina da área, co porteiro descolocado, pero o colexiado, de maneira surrealista concede a lei da vantaxe porque o balón lle cae a Tajes no borde da área con 2 xogadores baixo os paus, e tira fora. O arbitro excusouse cun "era moi fácil de marcar", que deixou boquiabertos a todo o mundo.
No min 36 chegou o primeiro gol local, tras unha perda no inicio do xogo dumbrinés, que aproveitaron os do deza para facer unha boa combinación.
No segundo tempo, o Dumbria co vento en contra, pero sin pasar demasiados agobios. Só 2 contras con perigo, aínda que nunha delas Juan fixo dúas moi boas paradas. Pero seguían Tajes e Mateo facendo dano, sobre todo Tajes, con 2 tiros con perigo claro, e Álex entrando moi ben pola esquerda. Nunha delas recibiu de Mateo e só no punto de penalti tirou o pau.
Faltando dez para o final, unha patada no gemelo a Adrián no medio campo, que o arbitro non quere ver. Cun Dumbria medio parado, o Lalín monta unha contra rápida, e marca nunha posición bastante dubidosa. Nos ultimos 10 minutos, volveu o cadro dumbriés a encerralos, con bos centros de Brais Martínez desde a dereita, e 4-5 tiros de Adri desde lonxe, pero que parou o seu meta, e que fixo que os infantís costeiros sumaran só un punto.
Crónicas das Ligas Autonómicas – Aluminios Dumbría
- X.27: O XSC complícase a vida.
- X.26: 4 puntos in extremis que saben a permanencia e unha derrota que doe.
- X.25: 3 realidades distintas para os equipos costeiros:
- X.24: Un paso de xigante e outro atrás.
- X.23: Sen perder a ilusión.
- X.22: O Dumbría Infantil pensa xa no Play Off por evitar o descenso.
- X.21: Moita loita e pouco resultado.
- X.20: Dous puntiños para seguir sumando.
- X.19: Unha gran vitoria e dúas previsibles derrotas.
- X.18: Dúas derrotas ante os grandes e unha vitoria que tranquiliza.
- X.17: Xsc e Dumbría de Cadetes comezan o ano con resultados dispares nas súas ligas.
- X.16: Esperando o turrón para recuperar folgos.
- X.15: Dúas remontadas para a esperanza.
- X.13: Doble xornada dispar para os cadetes xalleiros e dumbrieses.
- X.12: Unha gran vitoria a domicilio.
- X.11: Unha vitoria e dúas derrotas con distinto sabor.
- X.10: O XSC pega o estirón.
- X.9: Dous empates e mellores sensacións.
- X.8: Un punto histórico que sabe a ouro.
- X.7: Pleno en casa.
- X.6: O XSC tamén sabe gañar.
- X.5: Dúas vitorias que puideron sen tres.
- X.4: Merecendo máis.
- X.3: Mala sorte.
- X.2: Primeiros puntos, pero faltan os goles.
- X.1: 3 severas derrotas pero boas sensacións.
Crónicas da semana
- 3ª Autonómica: O Coristanco pelexará o ascenso co Ameixenda.
- 2ª Autonómica: O Zas o salto nunha xornada con duelos directos e polémica fóra do campo.
- 1ª Autonómica: Crónicas dunha difícil xornada de luto.
- Preferente: O XSC non se pode despistar.
- Análise dunha completa xornada do Fútbol da Costa.
- Crónicas dunha ida dos Oitavos da Copa da Costa marcada polo nordés.
Primeiros títulos colleitados
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Novas relacionadas
- O álbum de cromos do Sofán: “Raúl, fírmasme un autógrafo?”.
- A vida de Donato nun libro con acento costeiro.
- Novo repaso aos Pichichis do Fútbol da Costa.
- Malpica acollerá un novo curso de Monitor Deportivo.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).