Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Crónicas dunha ida dos Dezaseisavos da Copa da Costa marcada polo nordés

Crónicas dunha ida dos Dezaseisavos da Copa da Costa marcada polo nordés
Zas-Dumbria-Foto-Paula

Foi o vento o inesperado protagonista da ida dos Oitavos da Copa da Costa. Un cadro da Copa que sabedes tendes actualizada ao momento en www.copadacosta.com, e que hoxe xa achegamos as crónicas.

Houbo varios resultados interesantes, e son varios os equipos que poñen un pé nos cuartos, como o Sofán, o San Lorenzo, o Corme, o Baio ou o Carnota.


Cabana - Ameixenda (2-1)

  • CABANA: Víctor, Raúl (Iván de Treos, min.60), Pipa, Dani, Charly. Iván, Manolo, Miki (Guillamet, min.50), Fernando, Berti e Santi Cadete (Pereira, min.45).
  • AMEIXENDA: Campo, Jorge, Bichiño, Mateo, Álex, Javichu, Iván, Jesús, Mario (Purtu, min.50), David e Demetrio.
  • Goles: 1-0, min.60: Raúl; 2-0, min.65: Eloy Pereira; 2-1, min.75: Mateo.

Queda todo aberto despois deste igualado choque de ida, con dominio alterno e poucas ocasións. O Cabana prantábase con moitos xogadores novos, mesmo varios cadetes, pero así e todo se metía por diante nun bo comezo da segunda metade. Raúl e Eloy Pereira adiantaban aos locais pero o tanto de Mateo deixa todo pendente da volta.


Camelle - Fisterra (5-4)

  • CAMELLE: Muxián, Sikario del Amor, Gemelo, Valiña, Peseta, Cabesón, Tonsón (Lado, min.87), Tedín, Felipe, Dimitri (Josecho, min.47) e Sergio Pura.
  • FISTERRA: Ángel, Manuel Cartamil, Julito, Breixo, Juan, Rubia (Piti, min.55), Santi (Eddy, min.60), Noé, Gabi (Roco, min.78), Adrián (Pablo Lestón, min.75) e Mario (Robertín, min.70).
  • Goles: 0-1, min.25: Adrián; 1-1, min.48: Josecho tras unha xogada de Tedín; 1-2, min.50: Breixo: 2-2, min., min.55: Josecho de falta pola escuadra; 3-2, min.60_ Iván; 4-2, min.70 Valiña; 5-2, min.77: Sergio; 5-3, min.88: Roco; 5-4, min.89: Roco dende o borde da área.
  • Expulsión; Manuel Cartamil (min.20).

Partido bastante polo muito vento e un campo moi irregular que fixeron imposible a práctica do fútbol, con moitas imprecisións e balóns aéreos. Os locais viñan, como vén sendo habitual, con moitas baixas, mentres os fisterráns chegaban con varios xuvenís no 11 inicial. Pouco partido levaban cando Manuel Cartamil deixaba aos seus con 10 por doble cartón, pero o cadro fisterrán marchaba 0-1 ao descanso tras un primeiro tempo de dominio alterno.

A segunda metade volveuse tola. Comezou o Camelle moi forte e empatou pero a resposta do rival era constante. Meteuse por diante o Camelle cunha moi boa media hora con boas internadas de Sergio pola banda. Pero a 5 para o final reaccionou o Fisterra e conseguíu case que igualar a eliminatoria en dúas xogadas.

Vitoria mereceda para os locais nun partido divertido para os afeccionados, pero no que ao Camelle se queda a sensación de poder ter sacado máis premio.


Sofán - Volantes (3-0)

  • SOFÁN: Bugy (Brais Vázquez, min.46), Sito, Oliver (David Dourado, min.57), Félix Garrote, Seo, Rubén, Diego Maneiro, Luís (Pablo Martínez, min.65), Ceide, Méndez (Cantudo, min.71) e Raul (Marcos Pensado, min.46).
  • VOLANTES: Rubén, Brea, Mingos, Picho, Javi, Ivi, Jesús (Marcos), Óscar, Brais, Suso e Piti.
  • Goles: 1-0, min.4: Méndez de volea; 2-0, min.25: Méndez nun córner; 3-0, min.88: Dourado a centro de Sito.

Partido moi tranquilo sen moito que contar, sen tensión, con poucas ocasións, moito xogo no medio do campo, cun Sofán demostrando oficio no Carral, meténdose pronto por diante e lendo ben o partido, ante un Volantes que pouco puido facer con todas as baixas.


Porteño - Buño (1-2)

  • PORTEÑO Brais, Oli (Jose, min.46), Gabi, Pejo, Caamaño, Doyle (Cristian, min.46), Iago (Wii, min.46), Marcos, Curra (Mario, min.60), Borja (Óscar, min.46) e Roi.
  • BUÑO: Víctor, Casais (Emilio, min.70), Eloy, Diego, Rubén; Neucha (Uru, min.80), Jorge Calvete, Jorge Pombo e Miguel Dourado (Fran, min.46), Juan (Dani, min.70) e Santi.
  • Goles: 1-0, min.23: Curra; 1-1, min.40: Neucha de gol olímpico; 1-2, min.70: Santi.

Nin que decir ten que o nordés fixo acto de presencia no Hermanas Patiño pero, paradoxicamente, o Buño estivo mellor na segunda parte en contra do vento. A primeira media hora foi a máis disputada, poñéndose por diante o Porteño. Pero a partir de aí o Buño empezou a dominar ante un Porteño que preferíu reservar forzas para a Liga. Chegou o empate antes do descanso, o 1-2 na parte final do partido e incluso perdonou o 1-3.

Castrelo - Coristaco (2-1)

  • CASTRELO: David Buxantes, Berdoias, Pichon, Quintans, Marcos (Raul), Luis, Roi(Lucho), Diego, Felix (Stiven), Cachi (Rafa), Capote.
  • CORISTANCO: Nacho (Jack, min.46), Facal (Brandón, min.50), Jorge, Suso, Rubén (Gabri, min.46), Navarro, Joni, Jonathan, Gonzalo, Mato e Mallón.
  • Goles: 0-1, min.50: Gabri a centro de Facal; 1-1, min.60: Cachi; 2-1, min.75: Capote.

Partido igualado, co Castrelo levando o peso do encontro ante un Coristanco con ata 8 xuvenís na convocatoria, uns xuvenís exemplares en todo caso, axudando ao equipo de Da Silva durante toda a temporada. Arrincou o Castrelo máis dominador, pero o Coristanco facía dano con Jonathan á contra. O Castrelo tamén chegaba cunha gran ocasion por medio de Cachi que estrelaba o balon no travesaño. Seguía o equipo local chegando á área pero non era quen de romper a igualada. Felix despoos dunha boa combinacion remata na frontal da area as mans do porteiro. Chegaríase o descanso.

Na segunda parte o Coristanco co vento a favor aproveitaria marcaría pronto coa axuda do vente un centro a área de Facal que remataba a gol o debutante Gabri. Lonxe de perderlle a cara o partido o Castrelo, e empataria o partido por medio de Cachi. O equipo deportivista seguía creando perigro por medio de Quintáns que remata un corner só e este vaise por pouco. Pero Capote nun bo tiro cruzado batia o porteiro visitante facendo 2-1.

O Coristanco dispoñia de varias ocasions para empatar o partido pero David Buxantes parou o man a man a Gonzalo e o pau rexeitou un tiro de Joni, deixando o marcador nun aberto 2-1.


Zas - Dumbría (3-1)

11 do Zas ante o Dumbria-Foto-Paula
  • ZAS: Rizos, Isma, Pereiro, Josito, Vecino, Peke, Canedo (Pablo, min.85), Rubio (Diego, min.83), Abel (Fabián, min.73), David Blanco e Álex Flores.
11 do Dumbria en Zas-Foto-Paula
  • DUMBRIA: Joselu, Tantán, Iago, Pablo, David Carreira (Alcaina, min.45), Aarón (Martín, min.45), Diego Cespón (Jose, min.45), Rivi, Jesús e Adrián Makaay (Adrián Nieto, min.45).
  • Goles: 1-0, min.9: Álex Flores a pase de Peke; 1-1, min.14: Adrián Makaay; 2-0, min.31: Vecino a pase de Josito; 3-0, min.38: Álex a pase de David Blanco; 3-12, min.89: Adrián Nieto dende a frontal.
  • Expulsión: Pereiro (min.67).
Zas-Dumbria-Foto-Paula 2

Superioridade manifesta do Zas durante todo o partido pero o Dumbría, que fixo un mal partido, maquillou ao final deixando a eliminatoria completamente aberta. Ocasións moi claras do Zas (David e Álex como protagonistas en ataque sobre todo no comezo da segunda metade) aínda con 10 xogadores, ante unha actuación arbitral moi protestada polos locais, que pediron un par de expulsións por entradas sobre Canedo e Álex. O Dumbría aproveitou as que tivo, nuns últimos 15 minutos que conseguiu embotellar aos locais.


San Lorenzo - Muxía (5-0)

  • SAN LORENZO: Puyol, Anxo (Óscar Suárez, min.46), Alex Figueiras, Rudi (Pablo Novo, min.46), David, Cachizo, Alex Taibo (Adrián Fraga, min.46), Fuentefría (Parafita, min.46), Joaquín, Javi Puñal e Juni(Javi Pensado, min.46)
  • MUXÍA:
  • Goles: 1-0, min.30: Álex Figueiras de gol olímpico; 2-0, min.48: Óscar Suárez; 3-0, min.60: Fraga; 4-0, min.65: Óscar; 5-0, min.70: Javi Pensado.
  • Chegaba moi tocado de xente, con 11 xustos, e co ollo máis posto na liga o Muxía e acabou con 5 no caldeiro. O vento foi protagonista nas Eiroas, e na primeira, co vento a favor, aguantou o cadro muxián, pero un fermoso gol de córner directo de Álex Figueiras abría o marcador.

    Comezaba a segunda metade con boas novas para os de Verdillo: Óscar Suárez volve marcar. De aí ao final só houbo un equipo sobre o campo.


    Esteirana - Corme (0-4)

    • ESTEIRANA: Xaco, Tobío, Simón (Code, min.40), Sui, Rafa, Pablo (Eloi, min.80), Martin, Andel (Adrián Louro, min.70), Uru (Juan, min.60), Adrián e Róber Pladur.
    • CORME:
    • Goles: 0-1, min.22: Sergio Sueiro; 0-2, min.44: Alejo; 0-3, min.72: Sergio Sueiro; 0-4, min.73: Manu.

    Chegabna o cadro esteirán reservando pezas para a Liga e o Corme foi moito máis eficaz. A Esteirana chegaba pero o Corme mataba nun choque sen demasiado ritmo con protagonismo cormelán, que aproveitou moi ben as ocasións e os erros dos locais.


    Laxe - Ponteceso (1-2)

    • LAXE.
    • PONTECESO: Ponteceso: Sergio, Javi Peón (Martín Puente, min.60) Moscoso, Pablo Marquez, Diego Collazo, Dani Cotelo, Alberto Recarey, Dieguito, Juanma (Kevin, min.35), Eloy (Christian Martínez, min.70) e Youssef.
    • Goles: 0-1, min.10: Eloy a pase de Juanma; 1-1, min.20: Gora nun córner; 1-2, min.90: Alberto Recarey.

    Partido xogado na tarde do venres no Cabo da Area con moito aire que fixo impracticable o xogo. Partido dominado polo Ponteceso na maior parte do partido no cal se adiantaría no marcador. O empate dos locais chegaría nun córner que foi magnificamente rematado por Gora ao fondo das mallas no que nada poido facer o meta pontecesán. Chegando o descanso co resultado de empate, cun Ponteceso dominador pero sen pegada, ata que Alberto Recarey marcou xa case que co tempo cumplido coa axuda do vento.


    Outes - Seaia (1-3)

    • OUTES: Gato, Simón (Borja), Saúl, Jura, Rafa, Martín, Poke (Chía), Piki, Santi (Babu), Mario, Manu (Elías).
    • SEAIA: Illote, Dimaga, Vistas, Parga, Eme, Felipe, Nando, Camilo (Jesús, Tato, Adrián e Magovi.
    • Goles: 1-0, min.12: Piki a pase de Santi; 1-1, min.15: Tato; 1-2, min.35: Eme; 1-3, min.70: Magovi a pase de Tato.

    Vento insufrible no Cunchido, que marcou o ritmo do partido. Adiantouse cedo o cadro local pero non soubo aproveitar as ocasións que ían tendo e un gran Tato foi clave para darlle a volta ao marcador, pois ademais de dirixir dende o campo, marcou e xogou.


    Lira - Castriz (1-3)

    • LIRA: Peipo, Santi, Pardelo, Pelos, Miky, Estrella, Cibrán, Pata, Fran Perico, Saúl, Adrian Porto. Tamén xogaron: Yerai e Manu.
    • CASTRIZ: Diego, Álex, Uru, Dani Martínez, Alberto, Agra, Cili, Luis, Chinda, Beiroa e Bolón. Tamén xogaron: Nolas, Serrucho, Félix, Marcos, Juan David, Martín Gemelo.
    • Goles: 1-0, min.16: Pelos marca un golazo de falta directa dende 65 metros; 1-1, min.30: Adrián Beiroa nun barullo na área; 1-2, min.50: Bolón; 1-3, min.70: Bolón.
    • Expulsión: un xogador liracho.

    Partido moi marcado polo vento enrachado que case non permitía xogar en Lombáns, que mesmo levantaba o céspede do campo. Foi un bo partido do Lira, aguantando o dominio xalleiro e saíndo á contra, ante un Castriz que non atopou o seu xogo.

    Adiantaríase o Lira cun golazo de Pelos dende o seu campo, pero empataría o Castriz pronto cun gol protestado polos locais por posible fóra de xogo. Uns lirachos que pedían tamén un penalti e que quedaban con 10 na segunda pola expulsión dun xogador con vermella directa por protestar. Aprovietou o Castriz para meter vantaxe no marcador e marchar con 2 goles de diferencia para a volta.


    Cee - Baíñas (2-3)

    Jacobo e Pablo Muíño no Cee-Baiñas
    • CEE: Maikel, Borja (Chema, min.77), Jacobo, Aitor, Jorge (Alex, min.70), Chiru (Gabriel, min.65), Paco, Josiño (Yago, min.85), Piquero, Isma (Hidalgo, min.80) e Bruno.
    • BAÍÑAS: Sergio, Marcos, Samuel, Mario, Héctor, Cristian, Esteban, Tasky (Jaime, min.60), Llanero, Pablo Muíñoe Javi.
    • Goles: 0-1, min.30: Llanero; 1-1, min.50: Bruno; 1-2, min.60: Pablo Muíño; 1-3, min.80: Pablo Muíño; 2-3, min.87: Bruno de penalti.
    • Expulsión: o visitante Marcos.
    Paco e Llanero no Cee-Baiñas

    Partido marcado polas baixas nos dous equipos, a pesar do cal non rexeitaron o xogo combinativo, sendo, iso si, un choque conpouco ritmo e poucas ocasións sobre todo no primeiro tempo. A veteranía e calidade dos Tasky e Llanero foi clave contra os seus ex, así como a eficacia de Pablo Muíño.

    Deu un pasiño adiante na segunda parte o Cee que tivo 20 moi bos dominando e circulando rápido o balón, así chegou o seu primeiro gol cunha apertura á banda, centro e remate de cabeza de Bruno a pracer. Pero en dúas bos roubos en tres cuartos na saída de balón do Cee o Baíñas metíase cunha boa renda, pero un riguroso penalti sobre Bruno que el mesmo marcou deixou ao Cee co opcións. Aínda tivo o Cee o empate case no último minuto a pés de Piquero, pero dubidou e cando quiso rematar xa tiña ó porteiro enriba.


    Baio - Mazaricos (3-0)

    Baio- Mazaricos- Foto-Santi Soneira 2
    • BAIO: Pollo, Yago, Porto (Mario), Norber, Fachal, Martín, Brais, Bieito, Saleta (Ramón), Rubio (Christian) e MC (pablo, min.70).
    • MAZARICOS:
    • Goles: 1-0, min.1: Brais; 2-0, min.11: MC; 3-0, min.25: Bieito.
    • Lesión: Tuco.
    Baio-Mazaricos-Foto-Santi Soneira

    Saíu o Mazaricos con pouca intensidade o campo e aos 20 xa perdían 3-0. Cambiou o prantexamento ao descanso Néstor e a cousa tornouse algo amarela, que pediron un penalti por mans que puido telos metido na eliminatoria, pero as baixas pesaron moito e memso xogaron 15 minutos por 10 pola lesión de Tuco e por estar os xustos.


    XSC - Soneira (1-0)

    • SONEIRA Anxo, Figueroa, Alberto, Mouzo, Fran, De la Sierra (Quilmes, min.90), Nazo, Richi, Javi, Brais (Sandelo, min.91) e Basti.
    • XSC: Iván, Cristian, Steven (Doro, min.51), Rubio, Alberto (Aarón, min.46), César (Barbeira, min.72), Rubén Forján, Joshi (Jota, min.58), Kevin, Jesús e Marcos.
    • Gol: 1-0, min.81: Doro de cabeza tras un gran centro de Rubén Forján.

    Partido moi igualado en Fontenla entre dous grandes equipos. Deu o do de peito este Soneira como lle gusta facelo nos grandes partidos. Arrincou o choque cun Soneira mellor reclamou na primeira parte un penalti a Basti e un fora de xogo que deixaba a Javi nun man a man. Ademais, Javi fixo lucirse a Iván e Basti tirou fóra por pouco. Tamén o XSC intentouno pero o balón saíu longo.

    Estivo mellor o cadro xalleiro na segunda, a pesar de que Basti tivo a primeira. A entrada de Jota e Doro notouse no cadro locais que foron subindo liñas, e chegou un paradón de Anxo a Marquiños, e pouco despois marcou Doro. Puido caer o segundo pois se lle estaba facendo o partido moi longo aos soneiráns, pero o cabezazo de Jesús machou fóra e Joshi tuvo un man a man que salvou Anxo. Xa co tempo cumplido, Javi tivo un tiro que rozou a escuadra.


    Carnota - Montelouro (2-0)

    Carnota-Montelouro-Foto-Edu Olveira
    • CARNOTA: Luís de la Peña, Pablo Pichín, Ferreiro, Tono da Caixa, Manolo Chouza, Pumuky, Mico, Andrés, Manuel Luís, Robi e Raúl.
    • MONTELOURO: Isma, Abel, Isma, Cosme, Pablo, César, Dani, Benjamín, Geiko (Pedro), Riky, Gelo (Edu) e Ancho (David).
    • Goles: 1-0, min.20: Manuel Luís dende fóra da área coa axuda do meta visitante; 2-0, min.35: Ferreiro nun córner.
    Carnota-Montelouro-Robi-Foto-Edu Olveira

    Partido de adestramento para un Montelouro que quixo reservar forzas para a finalísima do domingo. Foi un choque soso, aburrido, sen ocasións, con dominio local na primeira metade e cun Montelouro que se estirou algo máis na segunda pero sen facer dano.

    Carnota-Montelouro-Foto-Edu Olveira

    Malpica - Camariñas (0-0)

    11 do Malpica ante o Camarinas.Foto-Kuis POrto
    • MALPICA: Pombo; Adrián, Diego, Pablo Díaz, (Rodrigo, min.48), Alemán, Baba, Fernando Varela, Petís, (Juanjo Rabuñal, 44), Joel Pereiro, Diego Alonso, Martín Maradona, (Pilo, min.58).
    11 do Camarinas ante o Malpica-Foto-Luis POrto
    • CAMARIÑAS: Pablo; Darío, (Chicote, 80), Denís, (David, 46), Martín Kanga, Nico, Moriño, Sule, Saviola, (Martín Méndez, 75), Pereira, Mario Toja, (Javi, 46), Isma.

    Estreábase Tito Pedreira no banco do Malpica en Pedra Queimada nun soso partido, marcado polo nordés, que non soubo ninguén dominar. O Camariñas dominou durante o primeiro tempo e o Malpica algo mellor no segundo, contabilizándose un par de ocasións por equipo nun partido igualado e competido.


    Copas da Costa 2014

    Crónicas da semana

    Primeiros títulos colleitados

    Novas relacionadas

    Máis información

    Fonte

  • Comentarios