mércores. 30.04.2025
El tiempo

Análise dunha completa xornada do Fútbol da Costa

Análise dunha completa xornada do Fútbol da Costa
Os Miudos na Fase de Ascenso Xuvenl tras vencer nas Redondas ao Cabana

Menuda fin de semana de Fútbol da Costa. Xa botamos un ollo ás completas crónicas da #CopadaCosta e sabedes que o cadro está sempre actualizado en www.copadacosta.com. Sabedes tamén que a través do Facebook “Fútbol da Costa” e do twitter @quepasanacosta damos constancia do que acontece cada día, mentres que as táboas ligueiras están sempre accesibles, co carrusel das grandes ligas en directo, en www.futboldacosta.com.

Así que hoxe domingo xa analizamos a xornada completa, e o facemos arrincando pola Preferente - Senra Sport. Deron unha de cal e unha de area os nosos. O Dumbría vencía en Sariia e queda 10º con 5 de vantaxe do XSC, que caía na casa ante un bo Arteixo.

Na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra, no derbi costeiro, o Malpica puido co Sofán, meténdose os malpicáns na zona media e escapando de posibles problemas, pero impedindo que o cadro carballés siga loitando pola promoción, que se lle pon a 4 puntos. O Baio vencía ao Sigüeiro, pero o Soneira caía ante o Silleda, un choque clave para as aspiracións da Esteirana, que ve como a salvación, a pesar de seguir sumando, se segue complicado. Quedan a 3 dos postos de salvación os esteiráns, mentres o Corme segue a súa escalada e xa pode respirar tranquilo.

Paso clave do Zas na Liga da Costa

Dous choques no cumio e dúas finais na zona baixa nesta xornada vital da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, o Ameixenda non podía aproveitar o descanso do Cerqueda para recurtar pois non pasaba do empate ante un necesitado Nantón pelexando pola Promoción. E tira que mirar polo retrovisor o cadro ceense pois o Coristanco, que vencía ao Laxe, colócase a 4 puntos e pelexará polo ascenso directo. O Lira e o Muxía deron bos pasos afianzando as súas prazas de Promoción e meten en líos a un Corcubión nunha moi mala racha, que pelexará con Lira e Nantón por 2 prazas.

Copa da Costa

Tendes xa listas as completas crónicas da #CopadaCosta e sabedes que o cadro está sempre actualizado en www.copadacosta.com.

Os Miúdos, á Fase Xuvenil

Impresionante o cadro muradán dos Miúdos, que vencía nas Redondas nun final de infarto e se mete na Fase de Ascenso á Liga Galega acompañando ao poderoso campión, o Dumbría. Era unha final e aos Miúdos só lle valía a vitoria. Metíase por diante pronto pero o Cabana empataba faltaban 5 minutos para o final. E cando pensaba que tiña a Fase no peto, o cadro muradán marcou dous tantos no desconto para o delirio da parroquia muradá.

Copas Cadetes e Infantís

E arrincaron a 2ª edición das Copas Cadete e Infantís. En Cadetes o Corme, despois de gañar o título de Liga, puxo os dous pés nos Cuartos, mentres FIsterra, Ponteceso e Esteirana deron un paso adiante. Nos Inf. a cousa estivo máis igualada se ben o Fisterra, o XSC e a Esteirana colleitaron bos resultados.

Nas Ligas Autonómicas, non foron moi ben as cousas. Caía o Dumbría cadete e o Infantil sumaba o seu primeiro punto da sgeunda volta, pero que de pouco vale. O Máis preocupante da xornada foi a derrota do XSC de Liga Galega Cadete, que se complica a vida trala vitoria dos seus rivais directos.

Ligas de Veteranos

Está que ferve a 1ª División dos Veteranos tras esta ponte na que se igualaron os partidos, con 5 choques que se aprazaron no eu día (aínda queda algún pendente para Semana Santa). O San Román colleitaba un empate ante o San Lorenzo e unha vitoria ante o Ponteceso, o que lle dá un puntiño de vantaxe sobre o Coristanco, que non fallaba no complicado choque co Bértoa. Ambos parecen que se xogarán o título despois da derrota do Hosgran ante o Soneira, e que o deixa a 6 do liderato. Por detrás, o Dumbría superou ao Milagrosa e lle impediu seguir a estela dos de arriba, quedando os dous equipos, e o Zas, empatados a 8 do San Román.

Na , Agualada e Erbecedo, xa igualados en partidos, seguen co ascenso moi claro para os dous, pero co título en xogo cun só punto para os primeiros.

De FS

Atentos tamén ás táboas que vimos de completar as Ligas de FS de Cee, coa Cantina e o Est. Raquel nun pano. Repasaremos a estrea do FSF Vila de Cee masculino, e a súa vitoria ante o Mera FS.


Preferente - Senra Sport, xornada 29

Xallas StComba0-2Arteixo
Sarriana0-3Dumbría

1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 28

Silleda1-0Soneira
Corme2-1Agolada
Baio4-3Sigüeiro
Malpica2-0Sofán
Puebla1-1Esteirana

2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 28

Porteño2-2Seaia
Camelle0-2Cabana
Fisterra2-2Cee
San Lorenzo2-3Zas
Volantes4-4Montelouro
Outes1-0Castriz
Baíñas2-0Carnota
Ponteceso6-0Camariñas
Mazaricos3-1Buño

3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 28

Muxía4-1Corcubión
Lira2-1Castrelo
Nantón1-1Ameixenda
Coristanco3-0Laxe
  • Descansa Cerqueda.

Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 10

Xallas StComba4-0Porteño
Camariñas0-5Dumbría
Cabana1-3Os Miudos

Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, xornada 11

Cee1-5Fisterra
Ponteceso0-4Muxía
Castriz1-0Corme
Outes9-4Malpica
Corcubión3-1Coristanco
Zas6-1Baio
  • Descansa Esteirana.

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 28

Santa Mariña5-0Dumbría

Liga Galega Cadete, xornada 28

Deportivo B3-1Xallas StComba

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría - Play Off Descenso Norte Impar, xornada 6

Lalín2-2Dumbría

Copa da Costa Cadete, ida dos Oitavos

Copa da Costa Cadete 2015 Oit ida 2

Copa da Costa Infantil, ida dos Oitavos

Copa da Costa Infantil 2015 Oit ida 2

F8 Alevín Costa Norte, xornada 4

Muxía5-3Coristanco
Cabana0-2Corme
Zas1-3Baio

F8 Alevín Costa Sur, xornada 19

Cee B0-11Dumbría B
XSC A0-2Esteirana A
Os Miúdos A20/03 - 17:00As Baleas
Cee A8-0Lira
Os Miúdos B21/03 - 11:00Esteirana B
Fisterra0-2Outes A
Sofán2-2Dumbría

F8 Benxamín Costa Sur, xornada 19

XSC A1-2Esteirana
Os Miúdos A20/03 - 16:00As Baleas
Cee2-2Lira
Fisterra3-2Outes
Os Miúdos B21/03 - 12:00XSC B
Sofán4-1Dumbría

F8 Prebenxamín Costa, xornada 4

Lira0-16Dumbría
Corcubión2-4Esteirana
As Baleas0-4Cee
Fisterra10-2Baio
Outes8-0Xallas StComba

Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 26

At. Milagrosa0-4Dumbría
Soneira3-0Hosgran
San Lorenzo2-2Cabana
Ponteceso0-2San Román
Xv. Bergantiños3-0Baio
Coristanco1-0Bértoa
Castriz0-2Zas
  • Descansa Laxe.

Partidos aprazados

Laxe2-1Baio
San Román0-0San Lorenzo
Cabana3-2Bértoa

Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 26

Malpica3-1Poniente
Nantón0-0Cerqueda
Leiloio3-1Camariñas S.D.V
Porteño2-3Corcoesto
Agualada5-1Dep. Carballo
Buño1-2Erbecedo
San Isidro-Razo4-2Vimianzo
Comentarios