As infantís do ACB xa son campionas intercomarcais
Novo éxito para a familia do ACB Costa da Morte. Esta pasada fin de semana 2 equipos acodían ao Pavillón coruñés da Sardiñeira a Campionato Intercomarcal, e un volveu cun título baixo o brazo. As campionas foron as infantil feminino, mentres que os alevíns non tiveron o seu mellor día perdendo a semifinal contra o Carballo Basket de forma moi clara, quedando finalmente no 4 posto.
As infantís arrasaron
Pero as boas novas chegan por partida doble. As nenas do infantil Ferroatlántica Costa da Morte arrasaron, e dise arrasaron porque gañaron fácil pola mañán contra o equipo de As Torres María Pita (15-36) e pola tarde na final fixeron o mesmo co todo poderoso Basket Coruña nunha demostración de como se xoga e como se compite a un nivel incrible. Venceron 29-24 contra un equipo moi superior fisicamente demostrando unha vez máis porque foron campionas de seu grupo na liga e a súa clasificación para xogar a Fase de Ascenso para a Liga Galega que comenza esta fin de semana.
Unha viaxe en familia
E deixamos aquí unhas imaxes que nos deixa Rafael Quintáns da viaxe en familia da expecidición costeira.
Máis información
Novas relacionadas
- Vitoria triste do Oso Pola na primeira das tres finais.
- O Oso Polar dobla ante unha arbitraxe terrible.
- As cadetes do ACB loitarán polo primeiro posto.
- O Oso Polar segue vivo.
- A canteira suaviza as derrotas do Oso Polar e do ES Bazarra.
- O Oso Polar a piques de dar a sorpresa en Ferrol.
- O Oso Polar meteu en apretos ao Arteixo e se prepara para a salvación.
- O Oso Polar sae do pozo cun terceiro cuarto para lembrar.
- O Oso Polar colleita a súa primeira vitoria mentres Baio se prepara para o Torneo de Nadal.
- Unha inesquecible viaxe para a familia do ACB Costa da Morte.
- O Oso Polar aínda non coñece a vitoria.
- Mala xornada para os equipos de volei da Costa mentres 7 xogadores fanse internacionais,
- Comezou a campaña de baloncesto na Costa.
Fonte
- Nota de prensa do Oso Polar.