Logo de ollar o Novo parte de sancións, ollamos a Axenda Deportiva da fin de semana que preparamos cada venres dende o Diario Dixital QPC.
Sorteo da Copa
Antes de nada, destacamosqu e este luns 4 de abril celebrarse o sorteo da Copa da Costa 2011. A cita terá lugar en Baio ás 20:00h. En principio, a Copa pode comezar o 10 de abril para rematar o 3 de xullo, como estes últimos anos. Ademais, QPC, como nos últmos 3 anos, fará a presentación do blog da Copa a vindeira semana.
A previa da xornada
O encontro da semana é sen dúbida o que enfronta no máís alto da 1ª Autonómica a Xallas e Dumbría. Ambos xogaranse o liderato e o manterse como favoritos de cara ao ascenso a falta de 5 partidos para o remate da campaña. Pola súa banda, o Cee intentará manterse con opcións e xa non pode deixarse nada no camiño. Os de Pato recibirán ao Victoria, que xa non se xoga nada, no San Pedro de Refoxos.
Derradeira xornada na 3ª da Costa. Cos ascensos xa decididos só queda saber quen queda campión. O Nantón ten todas as papeletas logo da machada da pasada semana no Pino do Val, e terá que vencer na casa ao pechacancelas no que xa se preve unha completa festa cabanesa.
Ademais, a familia da recén ascendida UD Corcubión será recibida este sábado 2 de abril na Casa da Cultura corcubionesa polo goberno municipal. Deste xeito, a Directiva quere invitar a socios, afeccionados e veciños da vila de San Marcos á recepción.