Venres. 03.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Dumbría e Xallas seguen mandando pero o Cee dá un paso atrás

1ª Autonómica: Dumbría e Xallas seguen mandando pero o Cee dá un paso atrás

Xallas e Dumbría parecen decididos a manter a loita polo ascenso e polo título ata o final. A falta de 5 xornadas para o remate da Liga ambos conxuntos lideran a Clasificación desta 1ª Autonómica, con 56 puntos, tras vencer a Imperátor e Zas con comodidade.

Pero a nota negativa foi a derrota clave do Cee ante un rival directo como é o Unión de Asados. Con esta derrota os de Pato quedan 6º, 5 puntos por debaixo dos líderes, 4 do propio Unión, a 2 do Sada e a 1 do Olímpico.

Dumbría - Zas (5-0)

  • Dumbría: Juan Purrúa, Iván Pequeño (Martín, min.70), Pablo Conde (Suso, min.46), Chula, Isma (Pablo Serrano, min.46), Marco do Cabo, Schuster, Aarón, Piri (Brais, min.46 (Brais, min.70), Adrián, Eloy.
  • Zas: Luis de la Peña (Adrián Romero, min.75), Mancebo, Adrián (Esteban de Quintáns, min.80), Dani, Churián, Javi Suárez, (Kevin, min.70), Pastor, Esteban de Baíñas, Ismael (Jorge, min.82), Ramón, Juan.
  • Goles: 1-0, min.25: Adrián Mackaay; 2-0, min.33: Adrián Mackaay; 3-0, min.58: Adrián Mackaay; 4-0, min.78: Schuster a pase de Adrián Mackaay; 5-0, min.90: Eloy.

Partido cómodo para os de Canosa ante un Zas cheo de xuventude. Aguantaron os zaenses na primeira metade, ante un Dumbría que tocaba pero que non profundizada demasiado. Iso si, non foi ata o minuto 25 cando Adrián Mackaay abriu a lata, pero en canto o fixo caeron 3 coa súa sinatura. Schuster a pase do fisterrán e Eloy pecharon a conta.

Xallas - Imperátor (3-0)

  • Xallas: Cheli, Isma (Pereiro, min.80), Iván Forján, Álvaro (Carteiro, min.70), Pika, Jesús, Ricardo (Ventura, min.75), Rubén Forján, Adirán Beiroa, Toni, Rober (Adrián Prol, min.65).
  • Goles: 1-0, min.45: Adrián Beiroa tras xogada de Toni; 2-0, min.65: Rober de cabeza a centro de Iván Forján; 3-0, min.80: Adrián Beiroa.
  • Expulsión: dous xogadores visitantes.

Vitorión do Xallas ante un Imperátor ao que alonxa definitivamente da loita polo ascenso. Os de Iván Cancela disputaron unha primeira parte igualada, con 3 boas ocasións para os locais e unha boa parada de Cheli como xogadas máis destacadas.

O gol antes do descanso de Adrián Beiroa, tras unha gran xogada de Toni, foi clave para o devir do choque xa que na segunda os coruñeses estiraron filas e deixaron ocos. Non perdoou á contra os xalleiros, e mataron o partido en dúas xogadas por banda, unha de Iván Forján rematada de cabeza por Roner e outra de Adrián Beiroa.

Unión - Cee (3-2)

  • Cee: Parroto, Fiuza, Jacobo, Rafa, Dani, Fermín (Carlos Leis, min.80), Rivi, Chapu (Alex, min.58), Tasky, Fernandito, Llanero.
  • Goles: 1-0, min.19; 1-1, min.39: Llanero; 1-2, min.50: Llanero de penalti; 2-2, min.79; 3-2, min.87.
  • Expulsión: un xogador local tralo penalti no minuto 50 e a Rubén Fiuza por doble cartón no min.60.

Non puido o Cee co potente Unión malia facer unha grande primeira metade na que contou de novo cun recuperado Llanero, que ademais de asinar os dous tantos ceenses fixo un gran partido. Os visitantes dominaron os primeiros 45 minutos malia comezar perdendo. Llanero remontaba á volta do descanso pero o Unión apretou no segundo tempo e puido darlle a volta ao marcador.

Máis información

Novas relacionadas

Entrevistas QPC Deportes

Artigos relacionados

Máis novas

Fonte

Comentarios