Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Fisober de Liga Autonómica dá a cara en Vedra

O Fisober de Liga Autonómica dá a cara en Vedra

Partidazo o disputado polas rapazas do Fisober en Vedra na Liga Autonómica e contundente vitoria por 4-8.
Pola contra, o Fisober B non puido co Pino nun auténtico partidazo pola intensidade, emoción, bullicioso público e entrega dos dous equipos.As vimiancesas caeron por un apretado 3-2.

Ademais o Viaxes Amarelle B recibía a máis severa derrota da temporada logo de quince xornadas sen coñecer a derrota. O Manireva vencía por 2-7 ás xalleiras. Así, o Sobrado Xuventude Panadería Vázquez recupera a segunda praza á conta da derrota do Viaxes Amarelle B e haberse imposto por un 6-1 ao Concello de Ponteceso FSF. Mentres que A Salina Xuventude caía pola mínica ante o Boqueixón por un axustado 2-3.

Liga Autonómica

  • Resultado: MESON RIO ULLA 4 - FISOBER C. VIMIANZO, 8
  • Fisober C. Vimianzo: Paula (p), Elsa, Patri, Ana e Eva. Tamén xogaron: Andrea, Olalla, Alba e Barca.
  • Goles: 0-1. Eva; 0-2. Patri; 0-3: Barca; 0-4: Patri; 1-4; 2-4; 2-5: Elsa; 2-6: Alba; 2-7: Ana; 3-7; 3-8: Patri; 4-8.

Gran partido o disputado polas rapazas de Vimianzo en terras santiaguesas. Non acusaron para nada o parón de duas semanas e nos 10 primeiros minutos de partido colocaronse cun 0-4 que puido ser ainda maior si non fora polo gran partido da porteira local que parou o imparable.

A segunda metade a tónica foi a mesma, un Fisober moi superior o seu rival e chegando en infinidad de ocasións a portería rival gracias sobre todo a gran movilidad das suas xogadoras.

A xogada do partido chegou co sexto tanto anotado por Ana que con catro paredes consecutivas con Patri desfixeronse de todas as súas rivais entrando co balón na portería provocando os aplausos do público ali presente.

Liga Provincial

  • Resultado: Sobrado Xuventude, 6 - Ponteceso FSF, 1.
  • Concello de Ponteceso F.S.F.- Salomé, Iria, Cris Santos, Christine e Carmen (cinco inicial). Tamén xogaron, Mónica, Martina, Paula e Tamara.
  • Goles: 1-0 (min. 16) Tamara; 2-0 (min. 19) Amalia; 3-0 (min. 21) Amalia; 4-0 (min. 23) Tamara; 5-0 (min. 35) Amalia; 6-0 (min. 42) María; 6-1 (min. 48) Carmen.

Moi mal partido defensivamente falando das Pontecesáns, que na primeira parte xa perdían por catro goles de diferencia, todos eles en boas xogadas ofensivas das moi boas xogadoras de sobrado, que as xogadoras do Concello de Ponteceso, non souberon defender. Incluso a nivel ofensivo o equipo pontecesán non era capaz de entrelazar máis de tres pases seguidos para poder acercarse a meta rival.

Na segunda metade parece que as pontecesáns saíron máis enchufadas o encontro e empezaron a ter un pouco máis o balón e a chegar con máis facilidade a meta defendida por Laura, estuveron as Pòntecesáns a punto de marcar gol en dúas ocasións, pero Laura estuvo moi acertada. Volvéronse a adiantar as xogadoras de Sobrado en dúas ocasións, pero as xogadoras de Curro e Barca intentaron marcar ata o final, tiveron o seu premio a dous minutos para o final nunha boa xogada de carmen, que despois de irse de dúas contrarias, batía a Laura.
Demasiado o castigo levado polas Pontecesáns en Sobrado, posto que aínda as locais foron superiores, no foron tanto como reflexou o marcador final.

Liga Provincial

  • Resultado: C.F.S.F. O PINO, 3 – FISOBER “B“ CONCELLO DE VIMIANZO, 2.
  • FISOBER “B” C. VIMIANZO: Eva, Ylenia, María, Myrella e Noelia, tamén xogaron: Lara e Andrea Sendón.
  • Goles: 0-1 Noelia, 1-1 Lara en propia porta, 2-1 Laura, 3-1 Carmen de penalti, 3-2 Noelia.

Partido con todas as letras o disputado na tarde-noite do sábado. Afrontaban o reto de xogar o seu último partido fora da casa as xogadoras do filial do Fisober, xa que os 3 últimos farano como locatarias. Fixerono moi concentradas sabedoras do perigo que implicaba Laura unha das grandes goleadoras da liga. Tan ben o fixeron que os cinco minutos un balón enviado por Myrella chegaba a Noelia que encaraba a Belén que en primeira instancia paraba pero a mesma Noelia aproveitaba o rexeite e marcaba.

Dende este momento as xogadoras do Pino tentaron asfixiar as visitantes cunha forte presión. As de Fisober pechando a chegada de balóns cara a Laura, sobre todo con Ylenia que lle fixo unha excelente defensa, defenderonse como gato panza arriba e os diferentes lanzamentos, sobre todo lonxanos eran ben repelidos ou pola defensa ou pola porteira Eva.
O moito e animoso público presente no recinto tentaba impulsar as súas pero as de Fisober aguantaron a presión e tentaron saír a contra perante unha primeira metade que chegou co 0-1 no luminoso para as visitantes.

Na segunda metade as locais saíron lanzadas e xa no primeiro minuto dispuxeron dun lanzamento o pau encendendo aínda máis os siareiros locais. As do filial de Fisober decididas a que era un día de sufrir en defensa, fixerono, para saír despois a contra cando podían. As de O Pino tentaban mandar balóns para Laura pero ou non chegaban ou eran taponados polas de Fisober. Laura e Vanessa monopolizaban o xogo ofensivo local.
Cando comenzaban a desesperar as locatarias unha xogada na que o balón chegou a Laura que regateou a Eva disparaba e con Lara baixo paus o balón por auténtica mala sorte golpeaba nela e poñía a igualada.

As de Fisober derón un paso adiante e presionaron máis arriba, presentando un partido máis entretido se cabe para os espectadores, con ocasións para os dous lados. Un balón que chegaba a Andrea Sendón que lle facía un sombreiro a defensa despois lanzaba por encima da porteira que tocaba e pasaba lambendo o longueiro.
A oito para o final outra contra de Fisober con balón a banda e pase atrás era desviado por unha xogadora de O Pino e o contrario do que pasara con Fisober o balón era desviado inextremis pola porteira local.

Todo cambiou un minuto despois a sete para o final cando Laura conseguía por fin o seu ansiado gol e por en vantaxa as locais. Desesperación nas de Fisober despois de todo o traballado. E aínda máis cando a catro para o final cando Carmen anotaba o 3-1 despois dun penalti.

Parecía todo perdido pero Fisober non se rendio e seguio empurrando. Acumulando ocasións ata o final. Así no último minuto Noelia poñía o 3-2 e as esperanzas voltaban a renacer. O destino aínda tiña a 28 segundos para o final unha última opción para o empate pero non puido ser e despois dun partidazo os puntos quedaronse na casa.

Liga Provincial

  • Resultado: Viaxes Amarelle "B" FSF:. 2 - Manureva Talleres Mundo, 7.
  • Viaxes Amarelle "B" FSF: Leti, Uxía, Alba, Laura Paz, María (cinco inicial), Regi, Anita, Cruz, Laura. Yeye, Cris.
  • Goles: 1-0 María (min. 7); 1-1 Cintia (min. 16); 1-2 Olalla García (min. 18); 1-3 Lucía (min. 27); 1-4 Cristina (min. 32); 2-4 Uxía (min. 35); 2-5 Nerea (min. 42); 2-6 Cintia (min. 44); 2-7 Cristina (min. 48).

Logo de quince xornadas sen coñecer a derrota, o filial dirixido por Suso Yanes non tivo un bo día en canto a xogo e hase victo apabullado por un Manureva Talleres Mundo que foi a por o partido desde o primeiro minuto. A maior goleada encaixada polo Viaxes Amarelle B deuse este domingo pola mañá ao caer por un doloroso 2-7 como locais. A pesar da derrota o conxunto segue na cabeza da táboa só que cede a segunda posición ao Sobrado Xuventude e colócase terceiro a dous puntos do segundo clasificado.

En conclusión, o partido deste domingo pola mañá pódese definir e achacar a unha serie de motivos como a mala fortuna nos balóns divididos ou o non atoparse nunha situación tan adversa no marcador desde facía máis de cinco meses. De todos os xeitos quizais esta derrota véñalle no mellor momento para afrontar os últimos tres partidos de liga e que non deben de fiarse de ningún dos seus rivais e pelexar minuto tras minuto ata a conclusión do partido como un equipo, evitando as individualidades.

Vindeira cita

Liga Autonómica

  • Fisober C. Vimianzo - Cidade de Ourense (3º clasificado) - sábado 2 de abril no Municipal de Vimianzo ás 19:30 h.

Liga Provincial

  • Fisober F.S.F. "B" . Sobrado Xuv. Pan. Vázquez.
  • Viaxes Amarelle B - CD Mabegondo: sábado 2 de abril de 2011 no Polideportivo Municipal de Novo Mesoiro (A Coruña) a partir das 20: 00 horas.
  • F.C. Meigas - A Salina Xuventude F.S.F.: sábado 02/04/2011 ás 12:00 no Polideportivo de Bertamirans.
  • Ponteceso .- A.R.C. Femiordes: sábado 02/04/2011 ás 17:00h no Municipal de Ponteceso.

Breves fútbol sala e fútbol femenino

Fútbol Sala División de prata

O Poio FS da muxiana Nuria Paz derrotaba por 9-0 ó Simancas madrileño e siguen comandando a taboa clasificatoria, a xogadora de Quintáns anortaba dous tantos.
A vindeira semana visitaran ó CD San Juan Bosco de Puertollano.

Fútbol 11 Liga Nacional

As rapazas do Orzán lograron onte unha importante vitoria que certifica a súa permanencia matemática na categoría de prata do fútbol femenino e que o ano próximo se denominará Segunda División.
Desde o primer minuto quedou establecido o guión do partido. Accions ofensivas dun Orzán que desarbolaron á zaga leonesa. Un dominio ó que axudou ademais a expulsión da visitante María José ós 13 minutos. Sin embargo a falta de acierto obligó ó Orzán a esperar ata o minuto 74 para plasmar o seu dominio no marcador co gol de Patri.
As xogadoras da Costa Barca e Hue saian de inicio e a xogadora de Camelle Sara entraba na segunda parte.

Novas relacionadas

Máis información

Xornadas anteriores

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios