Venres. 03.05.2024
El tiempo

Novo parte de sancións frouxo

Novo parte de sancións frouxo
Parte de sancións escaso, de novo esta semana. E chega con novas retiradas de tarxetas, como as do caionés Adrián Chan e a do delegado do Porteño Javi Baña, xa que o Comité entende que as súas protestas non merecían a expulsión. Tan só os 4 encontros para un xogador do Pereiriña e outro do Outes trala tangana da fin de semana sáese un pouco da norma. O que si sofre o parte é o Cee xuvenil que suma 14 partidos de sanción entre 3 xogadores ademais do 30€ para o clube polos incidentes ante o Baio, polos que o Comité amenaza ao Cee de pecharlle o campo de repetírense. Ademais, o Comité dalle 5 días ao Vimianzo para que presente alegacións pola súa incomparecencia en Lombáns a semana pasada. No tocante aos partidos con horarios novos, adiántase ao sábado o partidazo entre os dous líderes da 1ª Autonómica, Xallas e Dumbría, que será ás 17:00h en Fontenla.

Rececpción oficial á U.D. Corcubión

A familia da UD Corcubión será recibida este sábado 2 de abril na Casa da Cultura corcubionesa polo goberno municipal. Deste xeito, a Directiva quere invitar a socios, afeccionados e veciños da vila de San Marcos á recepción.

Sancionados

1ª Autonómica

  • RUBEN FIUZA CANOSA (CEE).
  • JOSE M RODRIGUEZ LEMA "Pato" (Adestrador CEE).

2ª Autonómica

  • BRAIS BARREIRO FELIPEZ (CLUB DO MAR).
  • VICTOR M VILAR ROJO (BUÑO).

3ª Autonómica

  • ARCOS VILLAR GRILLE (MAZARICOS).
  • ALFREDO F CAÑIZO VILA (U.D.CERQUEDA).
  • RICARDO CAMBEIRO LOURIDO (ATLETICO PEREIRIÑA).
  • MARIO GARCIA MARTINEZ (ATLETICO PEREIRIÑA; 4 partidos).
  • DAVID W BREA ROMERO (OUTES; 4 partidos).

Copa da Costa

  • LUCAS AYALA CAMPOS (U.C. CEE - 6 partidos).
  • SERGIO REY TRILLO (U.C. CEE - 4 partidos).
  • DIEGO CESPON BLANCO (U.C. CEE - 4 partidos).

Novos horarios

Incluímos as novedades nos horarios de cara a esta primeira fin de semana de abril, que saben que os encontros xa se disputan ás 17:00h. Con todo, tamén saben que os martes pola tarde xa están actualizadas as táboas dos Resultados e clasificacións con estes horarios.

Preferente

  • DUBRA - SONEIRA: domingo áss 18:00h.

1ª Autonomica

  • XALLAS - DUMBRÍA: sábado 2/4 ás 17:00h FONTENLA.
  • SADA - ZÁS: domingo 3/4 17:00h AS MARIñAS.

3ª Autonomica

  • MUROS “B” - LAXE: sábado 2/4 ás 17:00h MIRAFLORES.
  • CABANA - CORCUBIÓN: sábado 2/4 ás 17:00h.
  • XAVIÑA - CORISTANCO: sábado 2/4 ás 17:00h.
  • LIRA - AT. PEREIRÑA: sábado 2/4 ás 17:00h.
  • INDEPENDIENTE - ALCAIÁN: sábado 2/4 ás 16:00h.

Copa Xuvenil

  • BERGANTIÑOS - SANTA COMBA: sábado 02/04/2011, ás 19:00h nas Eiroas.
  • BAIO - MALPICA: sábado 02/04/2011, ás 16:15h.

Máis información

Novas relacionadas

Entrevistas QPC Deportes

Artigos relacionados

Máis novas

Fonte

Comentarios