Venres. 03.05.2024
El tiempo

Preferente: Prantando cara a un dos favoritos

Preferente: Prantando cara a un dos favoritos

Prantou cara o Soneira a todo un Boiro que se presenta como un dos candidatos ao ascenso. I é que chegaba a Vimianzo un dos mellores equipos da categoría e os vimianceses non se amilanaron e sumaron un puntiño para seguir tranquilos na metade da táboa e dar minutos aos xuvenís.

Soneira - Boiro (1-1)

  • Soneira: Fran, Ferreiro, Pablo, Javi, Miguel (Basti, min.80), Santi, García, Darío (Vía Ra´pida, min.50), Kike (Alberto min.85), Vituco (Mayor, min.81), Fran de Urroa.
  • Goles: 0-1, min.44: Changui; 1-1, min.50: Vituco.
  • Expulsión: un xogador visitante no desconto.

Partido intenso, dominado polo equipo da Barbanza na meirande parte do tempo. Pero o Soneira, ben armado atrás, non permitía apenas ocasións. Un despiste na defensa propiciou que o mítico Changui marcase xunto antes do descanso.

Pero non decaeu o equipo de Manolito e na segunda metade tiveron ocasións para darlle a volta ao marcador. Vía tivo duas boas ocasións diante do porteiro pero foi Vituco que marcou o empate co que se chegaría ao final do choque.

Máis información

Novas relacionadas

Entrevistas QPC Deportes

Artigos relacionados

Máis novas

Fonte

Comentarios