Venres. 03.05.2024
El tiempo

Copa Xuvenil: Só o Corme sentencia o pase a semifinais

Copa Xuvenil: Só o Corme sentencia o pase a semifinais
O Corme foi o único que sentenciou o pase ás semis. Os de Genaro e Suso da Torriña venceron con rotundidade nun encontro no que non mereceron tanta vantanxe ante un desafortunado Fisterra. Os outros 3 choques foron moi intensos. O Soneira sufriu, e moito en Muxía, e o terá difícil na volta de seguro. Ademais, o Santa Comba, que tamén se perfilaba como claro favorito ante o Bergantiños, só leva unha mínima vantaxe pola mínima ante o Bergantiños B. E para rematar, Malpica e Baio empataron a cero nun soso encontro. O Cadro da Copa Xuvenil segue pois moi aberto. E xa saben que estas Ligas están patrocinadas pola Discoteca Zona Zero, que para este sábado 2 de abril acolle ao Dj internacional Miguel Balbuena.

Corme - Fisterra (4-0)

  • Corme: Javi, Dani (Mauro, min.88), Jorge, Pandi, Chino, Jesús, Darío (Iván, min.82), Martinciño, Juanma (Brais, min.90), Lucas, Fran (Sergio, min.85).
  • Fisterra: David, Miguel Benlloch, Juan (Eloy, min.60), Jorge, Santi, Tati, Bruno (Chiki, min.89), Martín Traba, Carlos, Cristian HIdalgo, Juanfran (Fran, min.75).
  • Goles: 1-0, min.30: Lucas; 2-0, min.33: Darío; 3-0, min.50: Juanma; 4-0, min.80: Lucas.
Non reflicte o marcador o visto sobre o céspede do Cairo, i é que o cadro de Senra prantou cara durante moitos minutos aos locais. De feito, durante a primeira media hora os fisterráns tiveron bocas ocasións por medio de Cristian HIdalgo e Carlos, pero foi Lucas quen rompeu o partido coa axuda do meta David a un tiro lonxano. Darío fixo o segundo aproveitando unha boa xornada colectiva pero o Fisterra non decaeu. Apretaron os fisterráns na segunda pero non foron quen de recurtar nin de aguantar as embestidas da potente dianteira azulona, que malia non contar co sancionado Alejo segue sendo realmente temible.

Malpica - Baio (0-0)

  • Malpica: Víctor; Eloy, Jorge, Javier, Pepis, Luísma, (Quintas, min.65), Miguel Dourado, (Fenosa, min.89), Martin Maradona, Camilo, Martín Uruguaio, Eme.
  • Baio: Poyo; Maikel, Pablo, Pardo, Cachopo, Rubio, Rafa, Manu, (Erik, min.80), Martín, Bieito, Canario.
Partido soso no Pedra Queimada no que o equipo de Nacho foi dominador do choque pero sen demasiada profundidade nin perigo. Os locais apenas puideron marcar por medio de Camilo, mentres que os Bieito e Canario o intentaron en varias ocasións sen sorte. Queda todo aberto para a volta no Pratas Reinoso.

Santa Comba - Bergantiños B (2-1)

  • Santa Comba: Pablo, José Manuel (Roberto, min.55), Sergio, Dani, David Agra, Álex (Marcos, min.55), Martín, Diego Maneiro, Iván, Álex Tuñas (Martínez, min.55), Anxo.
  • Bergantiños: Gabriel, Steven, Jose, Iván, Meyer, Cebey, Cristian, Antonio, Miguel, Javi Castro, Nando Acón (Javi Varela, min.52).
  • Goles: 0-1, min.35: Nando Akon; 1-1, min.40: Anxo; 2-1, min.41: Sergio de gol olímpico.
Todo aberto para a volta nun encontro onde o filial carballés prantou cara ante o potente filial xalleiro. Os de Gueli adiantáronse por medio de Nando Acón, que mete unha man na Copa, e que non fallou nun man a man con Pablo. Pero dúa xogadas inspiradas consecutivas dos xalleiros deron a volta ao partido xusto antes do descanso.

Muxía - Soneira (4-3)

  • Muxía: Cristian, Fabián, Martín, José Manuel, Iván, Julián, Roberto, Alberto, Sergio (Fran Sambad, min.85), Javi (Antonio, min.80), Carlos.
  • Soneira: Víctor, Vicente, Suso (Ismael, min.55), Alberto, Pichón, Dani, Mayor (Cachi, min.80), Marcos Curra, Cristian, Basti, Fernando.
  • Goles: 0-1, min.3: Basti; 1-1, min.20: José Manuel; 1-2, min.39 Mayor; 2-2, min.54: Martín; 3-2, min.60: Alberto; 4-2, min.70: Alberto; 4-3, min.90: Basti.
Partidazo en Arliña entre un Soneira que chegaba como favorito e un Muxía que vai dar moito que falar. Os de Estalisnao anularon o gol inicial de Basti, e marcharon ao descanso con vantaxe. As alternativas foron unha constante, e se ben o Soneira controlou algo máis na primeira metade, o vento foi fundamental para que o Muxía tomase as rendas do choque e se adiantase co 2 tantos de Alberto. Basti, xa co tempo cumplido marcou un tanto fundamental para que o Soneira non levase un pao de cara a volta.

Máis información

Novas relacionadas

Entrevistas QPC Deportes

Artigos relacionados

Máis novas

Fonte

Comentarios