2ª Autonómica: Camiño libre para o Ponteceso e loita aberta por abaixo

Xornada marcada polo falecemento a pasada semana de Dani Parroto nas estradas muradás. Esta fin de semana, os brazaletes negros e o minuto de silencio fixeron que tanto Dani como os xogadores do Lira Juan, Pepiño e Alex estiveran presentes en cada campo, lembrando a necesidade de solucionar esta gran lacra social.
Xa no meramente deportivo, dúas frontes abertas na Liga da Costa. Malia que unha xa xa se está dilucindando. Parece que o Camariñas déixalle ocamiño libra cara o título ao Ponteceso de Berto, i é que o Buño puido cos conserveiros no propio Hermanas Patiño. O Ponteceso non perdoou ante un complicado O Pindo e xa saca 9 puntos aos de Manolín.
Por abaixo, a primeira e desgradable nova foi a non presentación do Vimianzo en Carnota. Tan só xuntaron 6 xogadores polo que o partido de seguro que remata con 3-0 para os carnotáns, que quedan con 25 puntos, e unha multa para o Vimianzo. Os carnotáns non puideron recortar distancias ante o Porteño, que sorprendía en Castriz e daba a volta ao marcador con dúas penas máximas nos últimos minutos.
Todos queren salvar esas 2ª e 3ª prazas de descenso, e quen non poderán relaxarse son Baio e Corme. Ambos empataban e ningún dos dous escapa quedando a tan só 4 puntos do Porteño e 6 do Carnota. O Pindo e Buño parece que safan trala vitoria dos de Pablo Mallón en Camariñas.
Castriz - Porteño (2-3)

- Castriz: Pejo, Chinda, Álex, Toniño (Martín min. 70), Dani, Alberto, Sebas, Cili, David Brenlla (Rubén min. 80), Mauri (Ovidio min. 46), Suso.
- Porteño: Asiel, Brais, Roy, Pejo, Óscar, Carlos, Iván (Martín min. 80), Quilmes, Iago (Manuel min. 55), Tajes e Ismael.
- Goles: 0-1 min.10: Ismael; 1-1 min.65: Ovidio; 2-1, min.80: Álex; 2-2, min.91: Piti, de penalti; 2-3 min.93: Piti, de penalti.
Partidazo en San Pedro que rematou con dúas penas máximas no desconto que serviron para que Piti dese a volta ao marcador para os de Gerpe. E iso que o Castriz remontara o gol inicial de Ismael, e que a falta de 10 minutos Alex facía un 2-1 que se prevía finiquitar o choque. Nada máis lonxe da realidade. 3 minutos de tolemia no céspede propiciaron que o colexiado sinalase dous penaltis "discutibles", segundo Huelvis.
Baio - Corme (2-2)
- Baio: Felipe, Matías, Andrés (Pablo, min.30), José Antonio, Diego Díaz, Mario, Canai (Bieito, min.55), Martín, MC, Alberto, Jorge.
- Corme: Susiño, Adolfo, Alejandro, Pandi, Lelo, Martinciño, Abel, Lentejo, Iago, Lucas (Diego, min.88), Dani (Martín, min.46).
- Goles: 1-0, min.25: Martín; 1-1, min.50: Iago; 2-1, min.85: Alberto; 2-2, min.89: Pandi.
- Lesion: dúas roturas de fibras de Pablo e Canai.
Non poden relaxarse ningún dos dous equipos tras un empate que non lles serve para nada. O Corme saíu máis metido no partido e dominou os primeiros 45 minutos. Así e todo, foi o veteranos Martín, que parece un rapaz, o que adiantou aos locais cun grandísimo tiro dende fóra.
O Corme prantexou a segunda metade arriba e Iago aproveitou un erro na débil defensa baiesa, afectada ademais polas lesións, para empatar. Os últimos minutos foron de ida e volta. Alberto adiantaba aos baieses sen demasiado merecemento, pero aí estaba o central Pandi para cazar un rexeite e asinar o empate.
Muros - Sofán (1-1)
- Muros: Lupi, Manu Dosil (Miguel Riveiro, min.62), Mayuyo, Gael, Iván Cerilla (Teo, min.90), Varito (Gabi, min.85), Bibi, Martín (Óscar, min.62), Sexo, Tony, Gelo (Yanky, min.60).
- Sofán: Miniño, Roberto Souto, Juanjo, Pensado (Gende, min.75), Juanjo Rabuñal, Alemán, Mario, Adrián (Diego, min.60), Luis, David Pensado, Jacobo (Bertín, min.60)
- Goles: 1-0, min.70: Yanky; 1-1, min.80: David Pensado.
Empate que deixa a loita pola 3ª praza como estaba, cun punto de vantaxe para a SD sobre o equipo muradán. E o empate non foi visto por igual por ambos conxuntos. Se en Muros ven o empate como unha oportunidade perdida, en Sofán toman o empate como unha auténtica vitoria.
I é que os muradáns controlaron boa parte do choque, malia que foi bastante igualado ata o ecuador da segunda. Yanki, recén entrado no campo, adinatou aos locais, e case sentencia se o pao non se interpuxese. E cando o partido miraba cara o final, David Pensado salvou un punto que pode valer un 3º posto.
San Lorenzo - Fisterra (1-0)
- San Lorenzo: Recarey, Casillero, Álex, Iván Rey, Adrián, Cachizo, Fuentefría, Quillo (Canteiro, min.80), Javi Pensado, Marcos Cancela (Anxo, min.70), Jorge Pichel (Eloy, min.75)
- Fisterra: Joselu, Juan, Senra, Roco, Piti, Tati, Rodri, Nico, Cristian HIdalgo(Bruno, min.65), Martín, Manoliño.
- Gol: 1-0, min.25: Marcos Cancela.
Partido insulso pero igualado entre dous equipos que non se xogan nada. Na primeira metade Javi Pensado tivo dúas bocas ocasións pero a vaselina saíu demasiado alta. Cristian Hidalgo tamén puido marcar pero Recarey estivo moi atento e Rodri mandou ao longueiro. Foi Marcos Cancela quen puxo o gol que, ao apostre, sería determinante.
E iso que o Fisterra o intentou na segunda metade, pero nin Martín nin Manoliño puideron empatar.
Ponteceso - O Pindo (3-0)
- Ponteceso: Norberto, Fabián, Carlos Mato (Fabián Juvenil, min.80), David, Dani Pallas, Pablo Vázquez, Bolón (Pitu, min.70), Nando, Toniño (Miguel Torrado, min.75), Adrián (Charro, min.65), Luisete.
- O Pindo: Diego Garrido, Ángel, José Express, Piquero, César, Rivas, Poky, Rafa, Diego León, Víctor, Aitor.
- Goles: 1-0, min.50: David; 2-0, min.61: Adrián Porteiro; 3-0, min.86: Charro.
Non o puxo fácil o equipo carnotán no Pinguel e aguantou a primeira metade malia chegar só con 11 xogadores. De feito, Aitor puido adiantar aos visitantes na primeira metade. Pero na segunda os de Berto se puxeron o mono, e cun mellor tono físico, sentenciaron.
Camariñas - Buño (1-2)
- Camariñas: Pombo, Pesqui (Alberto, min.80), Breo (Nico, min.46), Maikel, Josiño, De la Sierra, Moriño, Brais, Adrián (Fran Pioto, min.46), Juan oBello, Mané (Javi, min.46).
- Buño: Añón, Óscar, Pancho, José, Ángel, Fernando (Mendieta, min.90), Jorge (Daviciño, min.90), Diego, Juan (Rubén, min.60), Dourado (Emilio, min.75), Víctor.
- Goles: 1-0, min.7: Mané; 1-1, min.35: Víctor; 1-2, min.90: Rubén.
- Expulsión: a Víctor, do Buño (min.80).
Sorpresa no Hermanas Patiño nun encontro onde o Camariñas tocaba e tocaba e o Buño facía dano á contra, aproveitando os ocos na defensa camariñá. MAnolín non reservou efectivos e fixo debutar a Fran Pioto, que chega como reforzo na liña de ataque para a Fase de Ascenso.
Mané adiantaba aos locais para cerciorar os primeiros bos minutos dos camariñáns. Juan oBello mandou ao poste pero o Buño comezaba a facer dano. Víctor, que sería expusaldo na segunda, conseguía o empate a 10 minutos para o final do primeiro tempo, logo de prantarse en 3 ocasións diante de Pombo.
Na segunda metade o Camariñas foi a por todas, pero o Buño, malia estar con 10, conseguíu unha vitoria agónica xa co tempo cumplido, que practicamente salva aos de Pablo Mallón e que deixa aos de Manolín lonxe do título, pero co 2º posto case que asegurado.
Malpica - Esteirana (5-0)
- Malpica: Suso; Charly, Marcos Amado, (Víctor, min. 69), Iago, (Gonzalo, min. 62), Marco, Eloy, (Casais, min. 65), Neucha, Cheo, David Blanco, Andrés, (Manuel, min. 56), Nando.
- Esteirana: Venancio; Chispi, (Maceiras, min. 58), José Varela, Dani Rama, Suízo, Pichu, (Roi, min.81), Álex, Anaco, Uru, (Andel, min.46), Simón, Godo, (Vidal, min.75)
- Goles: 1-0, min.15: David Blanco; 2-0, min.25: David Blanco; 3-0, min.35: David Blanco; 4-0, min.85: David Blanco; 5-0, min.91: Neucha.
Chegaba a Esteirana con moitas baixas e mermado moralmente polo suceso da semana pasada. David Blanco aproveitou a debilidade da defensa esteirá para sentenciar e marcar 4 tantos.
Club do Mar - Dumbría B (2-1)
- Club do Mar: Borja, Chori, Alberto, Chechu, Isaac (Tonecho, min.65), Repi, Juan Lareo, Pablo Corral, Fran Borrazás, Jacobo (Piñeiro, min.80), Brais.
- Dumbría B: Anxo, José Carreira (Samuel, min.65), Sergio Cives, David Carreira, José Manuel, Tantán, Fernando (Carlos, min.75), Ramiro, Rodrigo, Ivanete (Josiño, min.46), Pablo Muíño.
- Goles: 1-0, min.20: Jacobo a centro de Chori; 1-1, min.40: Rodrigo; 2-1, min.75: Pablo Corral.
- Expulsión: a Brais, do Club do Mar no min.75.
Encontro disputado o que enfrontaba o sábado a dous conxuntos con tendencias completamente contrarias durante este último tramo de liga. E curiosamente venceu o que levaba a peor racha ante un Dumbría B que está entre os mellores equipos da segunda volta.
Os de Ferrío saíron fortes pero foi o cadro local o que se adiantou por medio de Jacobo tras un centro de Chori. Os caioneses tomaron o control do balón pero unha contra dumbriesa puxo o empate antes do descanso. Na segunda foi o Club do Mar o que buscou máis a meta rival e tivo o premio tras unha boa xogada colectiva que rematou Pablo Corral no gol da vitoria e no empate na clasificación.
Carnota - Vimianzo (Susp.)
O Vimianzo non se presentaba en Carnota ao só xuntaren 6 futbolistas.
Máis información
- Resultados e clasificacións 2010/2011.
- Cadro da Copa da Costa Xuvenil 2011.
- Cadro da Copa da Costa de Veteranos 2011.
- www.facebook.com/quepasanacosta.
Novas relacionadas
- 1ª Autonómica: Dumbría e Xallas seguen mandando pero o Cee dá un paso atrás.
- Preferente: Prantando cara a un dos favoritos.
- Resultados da fin de semana.
- As Medidas de gracia da nova Federación deixan sen efecto moitas sancións.
- Un accidente volve azoutar o fútbol da Costa con 3 feridos e un falecido.
Entrevistas QPC Deportes
- Video entrevista de Ángel Garrido con Raúl Periscal.
- Video entrevista de Ángel Garrido co xuvenil cormelán Darío Márquez.
- Video entrevista de Ángel Garrido con Dani García, capitán da UD Cerqueda.
- Completísima entrevista de Pablo Mouro ao adestrador do Xallas Iván Cancela.
- Luigi na Costa entrevista ao Xefe de Deportes de QPC, Oscar Santos.
Artigos relacionados
- Artigo de Pablo Mouro: Escordadura de nocello.
- Crónica de Guillermo Parga da Liga da Costa : Liga escocesa?.
- Crónica de Guillermo Parga sobre a situación do fútbol da Costa: Titanic.
- Crónica de Manuel Varela: Exercicio de democracia.
- Crónica de Alberto Pose: Momento para a asociación de clubs da Costa.
Máis novas
- A bitácora da semana (CXXI): Cousas de Manolín.
- Manuel Caamaño é o novo enlace do Fútbol da Costa na Federación.
- Embargo á SD Esteirana mentres García Liñares toma o relevo na Federación co apoio costeiro.
- Video entrevista de Ángel Garrido con Dani García, capitán da UD Cerqueda.
- Completísima entrevista de Pablo Mouro ao adestrador do Xallas Iván Cancela.
- Da incidencia do Facebook no Fútbol da Costa.
- Os segredos máis íntimos dos xogadores do Camariñas.
- As outras pelotas dos xogadores do Camariñas.
- O San Lorenzo quita a roupa.
Fonte
- Redacción de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).