Axenda deportiva da fin de semana


Chega unha nova fin de semana de fútbol. A Copa da Costa xa chega a Cuartos, e os 4 partidos quedan para o domingo ás 18:00h.
Ademais esta fin de semana coñeceremos aos finalistas da Copa de Veteranos>, sendo o Bergantiños o único que o ten bastante claro. Pola súa banda, o Milagrosa intentará facer valer a vantaxe que trae de Buño onde venceu por 0-1 na ida.
Pero a atención estará posta en boa medida nas Fases de Ascenso ás Ligas Galegas. Na categoría xuvenil o Santa Comba o terá bastante máis sinxelo que o Corme, unha vez que xalleiros vencía por 0-2 na ida ao Ánimas e o Corme caía 5-1 ante o Dorneda. O sábado veremos se ambos conxuntos pasan á seguinte e definitiva rolda para acadar o ascenso.
En cadetes, Dumbría e Cabana comezan a súa andadura ante Peleteiro e Negreira. Se pasan enfrontaranse loitando polo ascenso, nunha nova finalísima.
Ademais, esta fin de semana o equipo infantil dumbriés tamén terá cita no Conco, o sábado ás 11:30h. De superar o 1-1 da ida, os dumbrieses enfrontaranse polo ascenso ante o vencedor do Ferrol-Conxo.
Copa da Costa, ida cos Cuartos

Copa da Costa de Veteranos, Volta das Semifinais

Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil (Volta)

Fase de Ascenso á Liga Galega Cadete (ida)

Fase de Ascenso á Liga Galega Infantil (volta)

Torneo AFAC na Picota
As citas tamén trasládanse ata Mazaricos coa fase previa do Torneo Internacional AFAC. Os equipos alevíns e infantís da bisbarra (que adiantan a xoranda de F7 para o venres) buscarán clasfiicarse para a final do torneo que se disputará os 18 e 19 de xuño na Coruña. Os encontros disputaranse o sábado todo o día e o domingo pola mañá.
Novas relacionadas
- A nova S.D. Fisterra vai tomando forma.
- Movementos no fútbol muradán.
- Rematou o soño do ascenso do Camariñas.
- Resultados da fin de semana.
Máis novas
- Triple cita cos maratóns na Costa en Mazaricos, Baño e Esteiro.
- Carballo terá doble cita co F7 e co atletismo.
- Campionato de F7 en Carnota.
Máis información

- Resultados e clasificacións 2010/2011.
- Copa da Costa: www.copadacosta.com.
- QPC MOTOR: quepasanacosta.gal/motor.
- www.facebook.com/quepasanacosta.
- Tuenti de Quepasanacosta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).