Axenda e resultados do sábado da ponte das Letras Galegas


Chega unha nova fin de semana deportiva ben intensa. E a traemos hoxe, unha vez que xa hai partidos que terán lugar o venres.
Malia que xa remataron as Ligas (agás a Preferente que toca ao seu fin sen nada en xogo esta semana) o #futboldacosta terá moitas cousas, para algúns, por partida doble. É o caso dos mesmos equipos da Preferente, emais do Baio, Cerqueda ou Laxe, que comezan a súas fases de ascenso.
O Baio comeza, co alento do Mazaricos a súa Fase por acadar o soñado ascenso á 1ª Autonómica. Terá que gañar a liguilla co Agolada e o Sálvora, comezando a mesma este domingo en Agolada.
Mentres, os 4 equipos da 3ª xa soñan co ascenso á 2ª. A promoción non pode estar máis igualada. Camelle, Laxe, Soneira B e Cerqueda afrontan unha semifinal e unha final para loitar por unha soa praza que terán que suar.
Todo amenizado por unha fin de semana con claro sabor a #CopadaCosta. Comezan os Oitavos coas espadas en todo o alto, pero con varios partidos que perden interese pois algúns están pensando nas fases de ascenso. É o caso do Baio, que aínda así seguro que pranta cara ao Lira o venres, ou o Laxe, que seguro que non sae con todo o venres ante o Camariñas. Ademais, o Cerqueda, terá unha fin de semana completa, con 2 partidos en menos de 18 horas, e unha Copa ante o Ponteceso na que non se poden esforzar.
Polo demais, haberá que poñelo ollo no Dumbría-Corme, no XSC-Fisterra e no Zas-Malpica, onde se prevén as eliminatorias máis igualadas.
Mención aparte merece a cita do Dumbría da Liga Galega Cadete. Os de Diego Lobelos e Óscar Leis terán o partido da temporada o sábado ás 17:00h no Conco. De feito, Anxo Garrido falaba onte con dous dos seus xogadores, Canario e Marcote. En fronte terán a todo un Deportivo B, líder con só 2 partidos perdidos en toda a tempada, pero é que unha vitoria válelle aos dumbrieses o ascenso á División de Honra. Non será a final, pois aínda terán a última xornada para confirmalo ascenso, e mesmo o sábado xa poderían ser equipo da máxima categoría do fútbol galego cadete se o Ural non vence o venres en Vilalba.
Sancións
Chegou cargado o parte de sancións da Federación, sobre todo con resolucións de alegacións. A Federación sanciona por aliñación indebida con 90€ ao Dumbría B e con 2 meses a Quique Benlloch, responsable da mesma ante o Outes. Quedando así os 3 puntos para o Outes que ascende ata a 12ª praza da Liga da Costa.
Ademais, O Comité sanciona con 60€ ao Laxe e con dous meses a Francisco Javier Lemas, delegado do clube tamén pola aliñación indebida de Gora ante o Independiente, unha sanción distinta porque neste caso foi máis por descoñecemento se o partido non xogado contra o Fisterra B contaba para a sanción ou non. Así, o Comité dá os 3 puntos ao Independiente de Carballo, que presentaba alegacións por se lle facían falta os puntos para o campionato, pero nada cambia na táboa.
Ademais, o Laxe non poderá contar con Naya (sancionado cun partido), e o Lira con Cristian.
Na final de Copa Xuvenil, que se xogará o vindeiro 25 de maio, non poderá estar o xogador do Outes Adrián Lista.
Preferente, xornada 38
Laracha | 2-0 | Dumbría |
Viveiro | 19/05 - 17:30 | Soneira |
Xallas StComba | 19/05 - 18:00 | Gal. Mugardos |
Copa da Costa, Ida dos Oitavos

- * O partido do Carnota - Sofán adiántase ás 15:45h para que os xogadores da SD poidan chegar ao funeral dun membro da directiva falecido nestes días.
Fase de Ascenso á 1ª Autonómica, xornada 1
Agolada | 19/05 - 18:00 | Baio |
Fase de Ascenso á 2ª Autonómica, Ida
Ida | Enfrontamento | Volta |
19-05 – 17:00 | Laxe – Camelle | – |
2-0 | Cerqueda -Soneira B | 25-05 – 18:00 |
Liga Galega Cadete, xornada 33
Bergantiños | 18/05 - 17:00 | Montañeros B |
Dumbría | 2-0 | Deportivo B |
Copa da Costa de Veteranos, Volta dos Oitavos

1ª Quedada BTT Muxía
O vindeiro 18 de maio, Muxía acolle a 1ª Quedada BTT. Unha proba de 40 km que vén a refrendar o éxito destas carreiras a dúas rodas polo monte na Costa da Morte.Exhibición de Patinaxe
O Club Deportivo Costa da Morte en colaboración co Concello de Vimianzo organizarán a 2ª Exhibición de Patinaxe “Costa da Morte”.
Máis información
Artigos relacionados
- Videoentrevista de Anxo Garrido con dous cadetes dumbrieses a piques de facer historia.
- Alberto Pose: Por motivos xeográficos.
Crónicas da semana
- Xuvenís: Emoción ata o último suspiro.
- O Baio contará co alento do Mazaricos para subir a 1ª tras un mes de liguilla.
- 3ª Autonómica: Pendentes da promoción.
- 2ª Autonómica: Ao Mazaricos só lle queda o Baio.
- 1ª Autonómica: Pechando unha longa e complicada tempada.
- Preferente: O Soneira leva o derbi e sobe posicións mentres todos pensan na Copa.
- Resultados e crónica da última xornada das Ligas da Costa que deixa ao Mazaricos en 3ª.
Novas relacionadas
- Vídeoentrevista de Anxo Garrido con Rochiccioli.
- Os Clubes da Costa piden a unificación das Ligas Xuvenís nunha reunión con pouco aforo.
- 50 anos da Copa da Costa cos Oliver e Benji do Ghañan Style.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).