Xoves. 09.05.2024
El tiempo

Xuvenís: Emoción ata o último suspiro

Xuvenís: Emoción ata o último suspiro
Os xogadores do Outes celebran o pase a Final da Copa da Costa Xuvenil 2013-Foto- David Castro Senra Sport patrocina a Copa da Costa 2013

Ata o último suspiro mantiveron a emoción as dúas semifinais da Copa da Costa Xuvenil. Con todo aberto tralos empates da ida, Dumbría e Malpica emais Cabana e Outes afrontaban sendos choques, onde a igualdade e a tensión foron as protagonistas.

Finalmente Dumbría puido aguantar as embestidas do Malpica aproveitando o valor doble dos goles fóra da casa e sentenciando o seu pase para a final con 3 minutos sobre os 90, co Malpica totalmente volcado. Tamén o valor doble dos goles fóra de casa valeulle ao Outes dar a sorpresa nas Redondas. Cun nome como protagonista ademais, Mosto, que no seu ano como porteiro, parou un penalti no desconto, ao igual que fixera na ida. Dúas paradas que valen unha final.

Unha Final da Copa da Costa Xuvenil 2013, que aínda que non está confirmado oficialmente, xogarase con probabilidade o sábado 25 de maio as 18.00 h no Municipal de Lombáns (Carnota).

Dumbría - Malpica (1-0)

Dumbria-Malpica da CopadaCosta Xuvenil-Foto-Jorge Parri
  • DUMBRÍA: David, Fabián, Samuel, Cabana, Denís, Adrián Alcaina (Lucas, 25), Álex Siaba (Jóse, min.94), Israel (Dito, min.80), Kevin (Javi, min.55), Miki, Martín.
  • MALPICA: Jesús, Víctor Novo, Lexi (M. Ángel, min.91), Eme, Canario, Diego, Guille (Aitor, min.57) (M. Ángel, min.90), Martín Maradona, Almeida, (Alberto, min.64), Juny (Fenosa, min.87), Pitís.
  • Goles: 1-0, min.93: Alex Siaba de cabeza tras un centro de Miki nun córner rápido tras unha contra cos malpicáns volcados sobre á área local.

Gran ambiente no Conco para ver un verdadeiro partido da Copa da Costa cheo de intensidade. O Malpica puxo todo no asador, pero o Dumbría foi consciente da súa vantaxe tralo empate a 2 na ida. Non lle vaía o empate a 0 ao Malpica e sí aos dumbrieses e con esa marxe disputouse o encontro.

Ambos equipos demostraron por que foron dos mellores ao longo da tempada, cun nivelazo físico, técnico e táctico por parte dos de Pablo Conde e dos de Tato. Houbo chegadas continuadas a pesar de que o marcador non se movería ata pasados os 90 regulamentarios.

A primeira parte foi o Dumbría o que dominaba territorialmente, ante un Malpica que esperaba para sacar as súas temidas contras. Pero o Dumbría controlaba o medio campo e chegaba con máis perigo. Alex Siaba avisaba cun tiro escorado aos 20 minutos despois de Pitís rematase lambendo o pao un centro raso de Juny. O propio Juny facía lucirse a David. Kevin mandou un balón ás rentes do pao da meta de Suso, e Martín Maradona facía o propio na outra área obrigando a David a facer unha nova parada.

Comezaba a segunda metade co mesmo guión, pero pouco a pouco o Mapica íase estirando. A base de garra, os malpicáns foron pechando aos dumbrieses no seu campo. Pero non chegaban ocasións claras, unhas veces pola precipitación da dianteira visitante e outras polo acerto da defensa e do porteiro local.

Juny tiña a máis clara xa na recta final, cando o Malpica tiña embotellado ao Dumbría na súa área, peroo seu tiro pegou no pao. Era o minuto 90 e a última dos malpicáns a tivo Eme cunha falta que superou a barreira pero marchou lamendo a escuadra. /p>

Chegaría aí a sentencia, xa con 3 sobre os 90 regulamentarios, cando unha contra levada por Miki Pose acababa en córner. Os dumbrieses sacan rápido e o centro do xogador cabanés do Dumbría era rematado polo muradán Alex Siaba, para certificar o pase á final dos de Pablo Conde.

Dumbria-Malpica da CopadaCosa Xuvenil-Foto-Jorge Parri

Cabana - Outes (1-1)

Cabana-Outes-Foto-David Castro
  • CABANA: Adrián, Jonathan (Martinciño, min.63), Duda, Laik, Dani Mato, Pablo, Aless, Redondo (Sergio Ferreiro, min.5) (Rubén Darío, min.57), Cristian, Moreno e Iván Mato.
  • OUTES: Mosto, Rafa, Nieto, Ru, David, Chia, Álvaro, Babu, Vele, Ibra (Adri, min.77), Edu (Zeta, min.90) (Xurxo, min.95)
  • Goles: 0-1, min.49: Vele transforma un penalti cometido por mans de Jonathan. 1-1, min.82: Rubén Darío aproveita un rexeite dun defensa do Outes.
  • Expulsións: os visitantes Vele no minuto 50 e Álvaro no minuto 90, ademais do delegado do Outes no minuto 92. O árbitro Diego Sánchez Rojo estivo moi mal para ambos lados, dedicouse a ser protagonista en lugar de adicarse a arbitrar.
  • Lesionado: o cabanés Redondo, no minuto 5, cunha dislocación do ombreiro esquerdo.
Cabana-Outes-Foto- Santi Diaz

Partido que comezou cun contratempo para os locais, no minuto 5 o cabanés Redondo tería que ser retirado do campo, tras dislocar o ombreiro esquerdo.
A primeira parte resultou moi pouco atractiva, en canto a fútbol se refire. Os locais entraron no encontro con moito nerviosismo e bastante revolucionados, o que facía que o seu xogo fose a base de pelotazos sin sentido, mentres que os pupilos de Manu Roque saltaron ao terreo de xogo coas ideas moito máis claras, intentando xogar ao fútbol cando tiñan o balón e cun equipo moi ben plantado no campo en labores defensivas.

Houbo que esperar ata o minuto 16 para ver a primeira ocasión da tarde, lanzamento de Iván Mato dende fóra da área que fai que Mosto teña que lucirse. Tan só tardaría 5 minutos en responder o Outes, unha gran xogada combinativa dos visitantes sería rematada por Edu a rentes do pau. De novo, Edu, probaría sorte de cara a gol pero o seu lanzamento vaise rozando o longueiro da portería de Adrián.
Á media hora de partido, primeira xogada polémica, Rafa mete na área un saque de banda que prolonga un compañeiro e Chia define en boca de gol, pero o tanto é anulado por Sánchez Rojo, xogada que sería moi protestada polos visitantes.
Sen fútbol, sen goles, sen emoción e co empate a 0 chegaríamos ao descanso.

Á volta dos vestiarios, os visitantes sairían moi enchufados e controlando o encontro. Aos 4 minutos, chegaría a recompensa do gol. Vele, en cuestión de segundos viviría nas súas propias carnes a cara e a cruz do fútbol. O dianteiro do Outes, transformaría un penalti cometido por mans de Jonathan e na celebración sería expulsado inexplicablemente.

A partir da expulsión, os homes de Carracedo comezarían a dominar o encontro con Moreno como dono e señor do mediocampo. Os cabaneses terían o dominio do balón pero o control do esférico non se convertiría en ocasións ata o minuto 71, boa xogada combinativa dos locais, gran pase da morte de Iván Mato e Aless, con todo ao seu favor, envía fóra o esférico. Dez minutos despois, Pablo tería o empate pero non sería quen de aproveitar o rexeite do porteiro visitante logo dunha falta lanzada por Moreno. No minuto 82, Rubén Darío empataría o encontro tras aprobeitar un rexeite dun defensa do Outes. Os cabaneses iríanse arriba en busca do gol que lles dese a clasificación para a final. Ademáis, no minuto 90 os visitantes sufrirían outro contratempo coa expulsión por dobre amonestación de Álvaro, terían que aguantar o resultado con dous homes menos ata o final do encontro. No minuto 94, Mosto sería quen de repeler dúas voleas, en sendas ocasións, de Iván Mato en boca de gol.

O encontro prolongaríase ata o minuto 97, momento clave da eliminatoria. Aless adentrase na área rival e é obxecto dun claro penalti. O propio xogador do Cabana sería o encargado de lanzalo, pero Mosto convertiríase no héroe da clasificación do Outes logo de ser quen de parar o penalti como xa fixera na ida.

Cabana-Outes-Foto-David Castro 3

Fases de Ascensos ás Ligas Galegas Base

O sorteo para dilucidar as Fases de Ascenso ás Ligas Galegas Xuvenís (estarán Cabana e XSC), Cadetes (Esteirana e Cee) e Infantís (XSC) celebrarase o vindeiro luns 20 de maio. Os encontros comezarán a primeira fin de semana de xuño, e constará de dúas eliminatorias.

Máis información

Crónicas da Copa da Costa Xuvenil

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Crónicas da semana

Fonte

Comentarios