venres. 15.11.2024
El tiempo

Axenda deportiva da primeira fin de semana de decembro

Axenda deportiva da primeira fin de semana de decembro
Imaxe do Fisterra-Amio - Foto- Jorge Parri

Primeira fin de semana de decembro e a actividade deportiva é infinita. Ademais dos máis de 70 partidos desta fin de semana (contando coas LCFs), temos xadrez, surf, baloncesto, balonmán, volei, fútbol sala...

O partido da xornada é o derbi de Preferente que chega ademais en todo o alto. O Dumbría recibe no Conco a un Xallas de Santa Comba en forma, con só un punto entre ambos, colocados a tiro de pedra do segundo posto. Ademais, o Soneira recibe ao Galicia Mugardos co que está empatado con 19 puntos, nunha xornada que pode ser clave para esquecer a zona baixa e dar un gran salto.

En , será o Malpica o que teña o choque máis complicado. Os de Baña, que queren volver á senda da vitoria tralo tropezo en Camariñas, recibirá a un At. Riveira que ten a tan só un punto, polo que o choque será fundamental para ver quen queda tralos 2 primeiros clasificados. Ademais, o Fisterra pode afundir ao pechacancelas e dar un salto importante; o Ponteceso necesita unha vitoria como auga de maio e terá que sumar en Laro ante un rival directo, mentres que o Camariñas terá unha saída complicada na Pobra.

A xornada na 2ª Autonómica chega sen enfrontamentos directos. O líder, a Esteirana, esperará ver que Castriz atopa enfronte, mentres que o Sofán recibe a un Mazaricos cada vez máis necesitado. Baio e Cee non poderán fallar ante Outes e Buño, mentres que o Corme-Zas perfílase como un dos choques máis bonitos de ver. Ademais, Lombáns acolle un sempre intenso Carnota-Muros. Por abaixo, e no único partido adiantado ao sábado, o Cabana ten unha oportunidade de saír do pozo e meter en problemas ao San Lorenzo.

Partidos interesantes esta fin de semana na . O líder, o Porteño, terá en fronte un Lira nos postos de arriba. Mentres o Independiente Carballo visitará o municipal de Vimianzo para enfrontarse a un dos equipos que mellor fútbol desenvolve, o Soneira B. O Camelle visita a un Nantón que pode meterse arriba, mentres que o Cerqueda non poderá fallar en Xaviña.

En Xuvenís e cando só faltan 5 xornadas para o remate, hai dous choques directos entre os 4 de arriba de cada liga. No Norte, o Ponteceso-Baio será fundamental para ver se os de Mato se manteñen líderes e se o Baio mantén a súa 3ª praza ante o acoso do Malpica. Polo Sur, o XSC recibe en Fontenla ao Cee na mañá sabatina, na que pode ser unha das últimas oportunidades do Cee para non perdelo tren.

Preferente, xornada 15

Soneira 02/12 - 16:30 Gal. Mugardos
Dumbría 02/12 - 16:30 Xallas StComba

1ª Autonómica, xornada 14

Piloño 02/12 - 16:00 Fisterra
Malpica 02/12 - 16:00 Atl. Riveira
Laro 02/12 - 16:00 Ponteceso
Puebla 02/12 - 16:30 Camariñas

2ª Autonómica, xornada 14

Cabana 01/12 - 18:00 San Lorenzo
Corcubión 02/12 - 16:00 Montelouro
Volantes 02/12 - 16:00 Dumbría B
Castriz 02/12 - 16:00 Esteirana
Carnota 02/12 - 16:00 Muros
Corme 02/12 - 16:00 Zas
Buño 02/12 - 17:00 Cee
Outes 02/12 - 17:00 Baio
Sofán 02/12 - 19:00 Mazaricos

3ª Autonómica, xornada 14

Ameixenda 01/12 - 16:00 Castrelo
Soneira B 01/12 - 16:00 Indep. Carballo
Laxe 01/12 - 16:00 Muxía
Nantón 02/12 - 16:00 Camelle
Porteño 02/12 - 16:00 Lira
Coristanco 02/12 - 16:00 Fisterra B
Alcaián 02/12 - 16:00 Corcoesto
Xaviña 02/12 - 16:00 Cerqueda
  • Descansa Baíñas.

Ligas Xuvenís, Gr.3, xornada 14

Xallas Sta Comba 01/12 - 12:00 Cee
Soneira 01/12 - 12:00 Corcubión
Muros 01/12 - 16:00 Fisterra
Outes 01/12 - 16:00 Mazaricos
Dumbría 06/12 - 11:30 Esteirana

Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 14

Corme 01/12 - 16:00 Laxe
Ponteceso 01/12 - 18:00 Baio
Cabana 01/12 - 16:00 Zas
Camariñas 01/12 - 16:00 Coristanco
Malpica 01/12 - 16:00 Muxía

Liga Galega Cadete, xornada 12

Ural 01/12 - 12:00 Dumbría
Bergantiños 01/12 - 16:30 Villalbés

Liga Galega Cadete, xornada 13

Boiro 01/12 - 11:00 Bergantiños
Dumbría 01/12 - 11:00 Víctoria

1ª Cadete, xornada 6

Coristanco 01/12 - 10:30 Outes
Muxía 01/12 - 10:30 Muros
Fisterra 01/12 - 10:30 Con. de Carnota
Baio 01/12 - 11:30 Porteño
Xallas StComba 01/12 - 12:00 Cee
Ponteceso 01/12 - 16:00 Esteirana
Cabana 02/12 - 10:00 Zas

1ª Infantil, xornada 11

Coristanco 01/12 - 16:30 Sofán
Vimianzo 01/12 - 18:15 Ponteceso
Outes 02/12 - 10:30 Cabana
Esteirana 02/12 - 10:30 Fisterra
Xallas StComba 02/12 - 10:30 Muxía
Baio 02/12 - 10:30 Corme
Cee 02/12 - 11:30 As Baleas
  • Descansa Os Miúdos.

Ligas de Veteranos, xornada 12

1ª División

Soneira 02/12 - 10:00 Coristanco
Xv. Bergantiños 02/12 - 10:30 Vimianzo
Bergantiños 02/12 - 11:00 Nantón
Ponteceso 02/12 - 11:00 Baio
Zas 02/12 - 11:00 Bértoa
Camariñas 02/12 - 11:00 Corcubión Vet.
Cabana 02/12 - 11:45 Castriz
San Román 02/12 - 12:00 San Lorenzo

2ª División

Malpica 02/12 - 11:00 Agualada
Laxe 02/12 - 11:00 Porteño
Muros 02/12 - 11:00 Camelle
Corme 02/12 - 11:00 Dep. Carballo
Sofán 02/12 - 12:00 Leiloio
Poniente 02/12 - 12:00 Corcoesto
At. Milagrosa 02/12 - 12:30 Buño
  • Descansa Cerqueda.

Circuito de Xadrez en Corcubión

O domingo 2 de decembro terá lugar, na Casa da Cultura do Concello de Corcubión, o 2º Torneo de Circuito de Xadrez Costa da Morte, que dará comezo as 16:00 horas.


Surf en Malpica

A 6ª Proba open de Bodyboard e a 6ª Proba open de surf, as cales terán lugar este fin de semana no areal de Area Maior, concello de Malpica de Bergantiños, durante os 1 e 2 de decembro.


Fútbol Sala

1ª Provincial:
- Fame Negra – Esteirana: 01/12/2012 ás 16:00 no Polideportivo de O Espiño;
- Concello de Ponteceso F.S.F. – Viaxes Amarelle F.S.: 01/12/2012 ás 19:00 no Municipal de Ponteceso;
- BeArt 5 Coruña F.S.- Fisober F.S.F. “B”.: 01/12/2012 ás 19:15 no Municipal Barrio de las Flores.


Baloncesto

  • Senior feminino: ADFRO - E.S. BAZARRA COSTA DA MORTE: 2-12 ás 12:00.
  • Senior masculino: OSO POLAR ACB COSTA DA MORTE - CONXO DE COCIDO: 2-12 ás 19:00.
  • Cadete feminino: ÁBACO ACB COSTA DA MORTE - CB AS PONTES: 2-12 ás 17:00.
  • Infantil masculino: ACB COSTA DA MORTE - ARTAI: 1-12 ás 18:00.
  • Alevín feminino: FERROATLANTICA COSTA DA MORTE - STA. MARIA DEL MAR: 1-12 ás 11:00.
  • Alevín masculino: FERROATLANTICA COSTA DA MORTE - EMILIA PARDO BAZAN: 1-12 ás 11:00.

Balonmán

- 1ª Autonómica Masculina: O sábado desprázase o Bm. Camariñas a Vigo para xogar contra o cuarto clasificado nun encontro que como sempre que se xoga contra o 6 do Nadal, será disputado e entretido.
- 1ª Estatal: o Calvo xoga ante o que polo de agora estase a comportar coma o equipo máis forte da categoría, o MMT Seguros Zamora. Será o sábado ás 18:00 horas no Municipal Vila de Noia.


Tenis de mesa

2ª galega grupo centro. No polideportivo do colexio de Vite (Santiago) sábado 1 de decembro a partir das 16:30 h.
- Conxo Ponte de Ferro – Concello de Zas Aquacenit;
- Conxo Promesas – Concello de Zas Aquacenit.

* 3ª galega grupo noroeste.
- En A Coruña sábado 1 de decembro dende as 17:00h: S.D. Hípica “B” – Concello de Zas O Gaiteiro;
- En Cambre domingo 2 de decembro as 11:00: Cambre Promesas – Concello de Zas O Pinar.


Volei

Esta xornada xogarase en Dumbría o domingo 2 no seguinte horario:
- 10.30 h Cadete femenino Voleibol Dumbría -Noia.
- 12:00 h Xuvenil masculino Voleibol Dumbría -Noia.


Baile Deportivo

Este domingo o Club baile Deportivo Arte e Movemento, presenta a 10 parellas ó Trofeo Cidade de Pontevedra. Para a maioría de elas esta é a primeira competición de esta temporada e para outras a súa primeira competición a secas.

- Alvaro Lado /Antia Mendez (Mazaricos/Muxia) en Juvenil 2ª territorial.
-Borja Duarte /Mara Giommarini (Vimianzo/Cee) en Juvenil 2ª territorial.
- Vicente Lopez /Laura Marcote (Cee) en Junior I 2ª territorial.
- Tomas Fuentes / Fatima Lopez (Zas/Cee) en Junior II 2ª territorial.
- Ivan Antelo /Aida Carril (Vimianzo /Santa Comba) en Youth 1ª territorial.
- Juan Alvarellos /Melani Lois (Cee/Santa Comba ) en Youth 1ª territorial.
- Juan Luis Lista /Noelia Regueira (Muxia /Mazaricos) en youth 1ª territorial.
- Cristian Dominguez /Laura Rivadulla (Cee) en youth 1ª territorial..
- Roberto Ezara /Patricia Tuñez (Cee) en adulto B std e C latinos.
- Diego Rivadulla/ Ariadna Leis (Cee/Carnota) en adulto A standard.


Máis información

Artigos deportivos

Máis novas

Crónicas da semana

Fonte

Comentarios