mércores. 07.05.2025
El tiempo

Axenda deportiva desta importante fin de semana

Axenda deportiva desta importante fin de semana

Achegámonos ao final da temporada futboleira e chegan as grandes citas. Se ben esta fin de semana coñeceremos aos finalistas da Copa da Costa, a gran festa do fútbol da Costa, a atención céntrase tamén nas Redondas. O Cabana cadete terá a posibilidade de ascender á Liga Galega.

Volta das Semifinais da Copa da Costa

Tralos encontros da ida das Seminfinais, parece que o Soneira ten un pé na final. Terá que sentenciar no Municipal de Vimianzo o domingo ás 18:00h ante un Nantón que dará guerra de seguro.

Polo outro lado, agárdase un derbi con todo: tensión, rivalidade, fútbol, e tamén deportividade. Os clubes xalleiros do Castriz e do Xallas, veñen de dar unha lección ao fútbol da Costa coa churrascada conxunta que artellaron tralo encontro de ida en Fontela.
Este domingo, o campo de San Pedro de Castriz acollerá un partidazo tralo 2-2 da ida, que deixa todo aberto para disfrutar dunha intensa tarde de fútbol.

Final da Fase de Ascenso á Liga Galega Cadete

O Cabana segue a demostrar o seu gran traballo co fútbol base. A pasada semana conseguía un empate en Santiago cun gol de Stephan no treito final do choque, que deixa moitas posibilidades para os nosos na volta nas Redondas.
Pero ollo con este Peleteiro, que xa puido coa selección do Dumbría na anterior rolda. E cómpre lembrar que o Dumbría foi o campión da Liga Gadete da Costa, iso si, empatado a puntos co Cabana, con tan só un encontro perdido cada equipo, e o fixo por mellor golaverage.

Este domingo, todos co Cabana.

Torneo de F7 en Santa Comba

O Santa Comba organiza para esta fin de semana un Torneo de Fútbol 7. Os sábado 18 e domingo 19 de xuño, o campo de Fútbol de Castriz acollerá o torneo. Hai máis de 2.500€ en premios.

Regata da Liga Costa da Morte de Vela

Esta fin de semana de 18 e 19 de xuño, o Club Náutico de Camariñas organiza, en augas camariñás, a 3ª Regata Club Náutico de Camariñas puntuable “Liga Costa da Morte 2011″.

Novas relacionadas

Máis información

Citas deportivas do verán

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).

Comentarios