Axenda dunha fin de semana de infarto e carrusel tecnolóxico no Fútbol da Costa
Menuda fin de semana que nos chega esta do 9 e 10 de maio. Teremos un final de infarto na Liga da Costa, varias ligas con títulos, ascensos e descensos en xogo, 3 finalísimas da Copa da Costa base, e como colofón, dúas presentacións do libro dos “50 anos da historia do Fútbol da Costa” nas comarcas de Bergantiños e Fisterra.
Gran final da Liga da Costa
A atención céntrase na 2ª Autonómica - ES Bazarra. I é que será un final de infarno, nunha tarde que se antes lle chamaríamos de transistores, agora toca chamarlle “carrusel tecnolóxico”, pois seguro que todos os campos están conectados a través dos seus teléfonos á APP do Fútbol da Costa ou a www.futboldacosta.com (que, á verdade, funciona mellor), onde seguiremos os partidos minuto a minuto e gol a gol.
Con horario unificado (domingo ás 17:00h de toda a vida), en xogo está o título e con el o asceso directo á 1ª, pero tamén a única praza que dá acceso á Promoción. O Zas parte como favorito, pois depende de si mesmo ao ter un punto máis que Outes e dous máis que San Lorenzo, pero terá que visitar un campo hostil, a Pedra do Ouro, onde o Mazaricos non parece que vaia a deixarse ir a pesar de ter unha fantástica 5ª praza asegurada, tras unha espectacular temporada dos de Néstor. Co líder, varios centos de afeccionados que irán coa franxiazul a tifar co seu equipo.
Atentos estarán ao carrusel no Conchido, onde o Outes non pode fallar ante un Porteño que xa ten todo feito, e que xa pensa na temporada que vén, e na asemblea da semana que vén ante a dimisión da súa satisfeita directiva. E tamén en Ara Solis, onde o San Lorenzo terá que superar a un Fisterra que quere afianzar unha 6ª praza que demostra que, a pesar da irregularidade, este equipo ten moita calidade e pode sorprender a calquera.
O XSC mira cara abaixo con novo míster
Quedan aínda 3 xornadas para o final da Preferente - Senra Sport, tres finais para o XSC que se atopa en postos de descenso. A directiva decidía prescindir de Rubén Coméndez e un home da casa como Juan Lois tomaba as rendas do equipo. Veremos como reacciona o cadro xalleiro pois esta xornada é clave, pois visita á Sarriana, rival directo, cun punto máis. Unha vitoria sería un paso importante, pero unha derrota podería ser un desastre e o empate tampouco vale.
Ademais, o Dumbría ten un tranquilo partido ante o Escairón.
E tranquila será tamén a xornada na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra, cun fermoso derbi en Pedra Queimada, entre Malpica e Soneira que pode dar a volta aos postos da media táboa. Ademais o Baio remata co Piloño nun partido de festa para os seus, o Corme fará o propio no Cairo despois dunha segunda volta tremenda, e o Sofán tres cuartos do mesmo neste caso cunha primeira volta para enmarcar. A nota negativa poraa a Esteirana, que se despide da categoría lonxe do seu terreo de xogo.
Moito en xogo na 3ª
Xa temos o título decidido, un un premio á eterna humildade, pero queda moito en xogo na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. No San Paio de Refoxos Ameixenda e Muxía chegan a cara de can, co cadro ceense ca necesidade de sumar polo ascenso directo e o Muxía para asegurar a Promoción. En Xaviña, o Cerqueda terá un choque de festa para os seus, pero en fronte o Coristanco, co ascenso directo en xogo, non estará para moitra troula. Ademais, en Fontiñas, o Nantón apura os seus últimos cartuchos para entrar na Promoción, pois se perde ante o Lira e o Corcubión vencer ao Castrelo, a Promoción lle quedaría lonxe, pero se vence se metería de cheo.
Triple final da Copa da Costa base
Será unha fermosa tarde de sábado e unha espectacular mañá dominical con sabor copeiro. O novo campo de Agra da Filgueira acolle a final da Copa da Costa Xuvenil entre Esteirana e Dumbría na tarde sabatina. O cadro dumbriés chega como gran favorito, despois dunha temporada cun só lunar en forma de derrota, e pensando na Fase de Ascenso, o verdadeiro obxectivo deste equipo. En fronte unha moi nova Esteirana, que leva todo o ano medrando despois de ser campións en cadetes o ano pasado, e que buscará dar a sorpresa preto da casa.
A actualidade copeira trasladarase a San Andrés (Zas) na mañá dominical. Ás 10:00h arrinca a final de Infantís, entre XSC e Outes. O cadro xalleiro, despois de acadar o campionato de Liga, quere sumar o doblete. En fronte, un Outes que non se atopou na Liga pero que demostrou que na Copa sabe competir, safando varias eliminatorias a base de garra.
De seguido, ás 12:00h, toman o protagonismo os Cadetes. O Corme, actual campión de Liga, enfróntase a un Cee que non tivo rival na Copa e que xa na Liga quedou 3º. Outro partidazo.
Sabedes que en copadacosta.com teredes o resultado segundo rematen os tres partidos.
O XSC, necesitado na Liga Galega Cadete
Só lle vale a vitoria ao XSC de Corredoira para manter a categoría na Liga Galega Cadete - Aluminios Dumbría. Chega empatado co Vilalbés, e ambos con 2 puntos sobre o Orillamar, e os 3 teñen que evitar 2 prazas de arrastre. Pode pasar de todo. Se vence o XSC quedaría en Liga Autonómica, pois ten co Vilalbés o golaverage individual igualado pero o xeral a favor. Se empatan os dous e vence o Orillamar quedaría un triple empate, que tamén lle valería ao cadro xalleiro pois a pesar de sumar os 3 equipos os mesmos puntos e a mesma diferencia de goles entre os tres partidos, o equipo de Corredoira ten máis goles a favor. É dicir, só baixaría se perde ou empata, e vence o Vilalbés e vence o Orillamar.
Ademais, o Dumbría despedirá no Conco cunha festa para toda a familia a División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, mentres o Infantil segue sufrindo, e disfrutando, os seus últimos partidos en Liga Autonómica.
Un novo título en F8
Esta semana tivemos un, ou dous novos campións en Prebenxamíns, e as Ligas de F8 seguen moi activas.
Polo Norte seguen as Ligas cando aínda faltan 5 xornadas por diante. En F8 Alevín Costa Norte, Corme e Cabana pelexan no máis alto, mentres en festa da Copa da Costa do Conchido.
E polo Sur, toca a última xornada. Co título Benxamín xa decidido, tocou centrarse nos Alevíns, cunha cousa curiosa pois >o Cee xa se proclamaba campión a golpe de xoves tras adiantar o seu partido en Sofán. Vencía por 0-2 e ao Outes non lle valía a súa vitoria en Camariñas, colleitando un novo título para a familia ceense.
Ademais, en Cee e Corcubión terán lugar o sábado as fases finais comarcais das Ligas de Fútbol Sala (LCFS) dos máis peques.
Copa de Veteranos
Afrontan os Veteranos a primeira criba, na volta da Previa, con varios equipos punteiros a piques de quedar fóra, como o Dumbría ante todo un Coristanco.
Preferente - Senra Sport, xornada 36
Sarriana | 10/05 - 17:30 | Xallas StComba |
Dumbría | 10/05 - 18:00 | Escairón |
1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 34
Malpica | 09/05 - 17:00 | Soneira |
Baio | 10/05 - 17:00 | Piloño |
Corme | 10/05 - 17:00 | Unión |
Sigüeiro | 10/05 - 17:00 | Esteirana |
Sofán | 10/05 - 17:00 | Lesende |
2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 34
Fisterra | 10/05 - 17:00 | San Lorenzo |
Volantes | 10/05 - 17:00 | Camelle |
Outes | 10/05 - 17:00 | Porteño |
Baíñas | 10/05 - 17:00 | Seaia |
Ponteceso | 10/05 - 17:00 | Cabana |
Mazaricos | 10/05 - 17:00 | Zas |
Camariñas | 10/05 - 17:00 | Cee |
Carnota | 10/05 - 17:00 | Montelouro |
Buño | 10/05 - 17:00 | Castriz |
3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 34
Ameixenda | 09/05 - 17:00 | Muxía |
Castrelo | 09/05 - 17:00 | Corcubión |
Cerqueda | 09/05 - 18:00 | Coristanco |
Nantón | 10/05 - 17:00 | Lira |
- Descansa Laxe.
Copa da Costa Xuvenil, Final
Copa da Costa Cadete, Final
Copa da Costa Infantil, Final
División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 34
Dumbría | 09/05 - 11:30 | Galicia Caranza |
Liga Galega Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 34
Calasanz | 09/05 - 18:00 | Xallas StComba |
Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 24
Orillamar | 09/05 - 12:00 | Dumbría |
F8 Alevín Costa Norte, xornada 10
Muxía | 08/05 - 19:00 | Vimianzo |
Cabana | 09/05 - 17:00 | Baio |
Zas | 09/05 - 18:00 | Coristanco |
- Descansa Corme.
F8 Alevín Costa Sur, xornada 26
Sofán | 0-2 | Cee A |
As Baleas | 0-3 | Outes A |
Esteirana A | 09/05 - 11:00 | Lira |
Os Miúdos A | 09/05 - 12:00 | Dumbría |
Os Miúdos B | 09/05 - 12:00 | Fisterra |
XSC A | 09/05 - 12:30 | Cee B |
Esteirana B | 09/05 - 13:00 | Dumbría B |
F8 Benxamín Costa Norte, xornada 10
Muxía | 08/05 - 18:00 | Vimianzo |
Cabana | 09/05 - 16:00 | Baio |
Zas | 09/05 - 17:00 | Coristanco |
- Descansa Corme.
F8 Benxamín Costa Sur, xornada 26
Os Miúdos A | 09/05 - 11:00 | Dumbría |
Os Miúdos B | 09/05 - 11:00 | Fisterra |
XSC A | 09/05 - 11:30 | Cee B |
Esteirana | 09/05 - 12:00 | Lira |
Sofán | 09/05 - 16:30 Cee | |
As Baleas | 09/05 - 18:30 | Outes |
- Descansa XSC B.
Copa da Costa de Veteranos, volta da Previa
Fase Comarcal das LCFs
Esta fin de semana terán a fase Provincial das Ligas Comarcais de Fútbol Sala. A Agrupación Deportiva Escolar “As Rias”, organiza en colaboración cos Concellos de Cee e Corcubion o Campionato Intercomarcal de Fútbol Sala, do Programa XOGADE (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar), nas categorías Benxamín mixto, Alevín masculino/mixto e a categoría Infantil masculino, correspondente a tempada 2014/2015.
Os pavillóns de Corcubión e Cee acollen todos os cruces durante o sábado, sendo a entrega de trofeos en Corcubión:
Hora | Lugar | Categoría | Encontro |
11:00h | Corcubión | Inf. Masc. | IES Poeta Añón (Outes) - As Baleas FS |
11:00h | Cee | Inf. Masc. | Concello Fisterra - Concello Negreira |
12:00h | Corcubión | Benx. Mixto | Concello Outes - Pontecesures |
12:00 | Cee | Benx. Mixto | Concello Muxía - Concello Negreira |
13:00h | Corcubión | Alev. Mixto | Concello Outes - Furia (Dodro) |
13:00h | Cee | Alev. MIxto | Manuela Rial Cee - Concello Negreira |
Pola tarde:
Hora | Lugar | Categoría | Encontro |
15:00h | Corcubión | Inf. Masc. | 3º e 4º posto |
16:00h | Corcubión | Inf. Mas. | FINAL |
17:00h | Corcubión | Benx. Misxto | 3º e 4º posto |
17:50h | Corcubión | Benx. Mixto | FINAL |
16:30h | Cee | Alev. Mixto | 3º e 4º posto |
17:30h | Cee | Alev. Mixto | FINAL |
Crónicas da semana
- Xa temos finalísimas das Copas de Xuvenís, Cadetes e Infantís.
- Ligas Galegas: O XSC necesita a vitoria na última xornada para salvarse.
- 3ª Autonómica: O Coristanco alcanza ao Ameixenda prevendo unha fermosa loita polo ascendo directo.
- 1ª Autonómica: Con pouco en xogo.
- Preferente: O XSC métese en líos.
- Copa da Costa: Os equipos da Preferente non teñen a Copa gañada.
- Resultados e análise dunha xornada de títulos, descensos e moita emoción no Fútbol da Costa.
Primeiros títulos colleitados
- Un título de Prebenxamíns con dous gañadores.
- Veteranos: O San Román róuballe o título ao Coristanco no último suspiro.
- Os Benxamíns agrandan o mito da eterna canteira fisterrá.
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Novas relacionadas
- Alberto Pose: O premio á eterna humildade.
- O libro dos 50 anos do Fútbol da Costa ten novas citas nas comarcas de Bergantiños e Fisterra.
- Unha viaxe polos 50 anos do Fútbol da Costa.
- Está enfermo o Fútbol da Costa?.
- O Conchido acollerá unha nova edición da Copa da Costa Alevín, Benxamín e Prebenxamín.
- César do Cabo e Doro, dous perfectos espellos para as promesas do Dumbría.
- Chema Rei e Xosé María Lema presentan o libro “50 anos da historia do fútbol da Costa”.
- Míchel e Manu Dosil, hai vida no deporde despois do Fútbol da Costa.
- A Cantina, campión da Liga de FS de Cee.
- O Fútbol da Costa rende homenaxe a Álex Pombo.
- O álbum de cromos do Sofán: “Raúl, fírmasme un autógrafo?”.
- A vida de Donato nun libro con acento costeiro.
- Novo repaso aos Pichichis do Fútbol da Costa.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).