mércores. 30.04.2025
El tiempo

Axenda dunha fin de semana de infarto e carrusel tecnolóxico no Fútbol da Costa

Axenda dunha fin de semana de infarto e carrusel tecnolóxico no Fútbol da Costa
Zas-Outes-Foto-Paula Presentacion do LIbro dos 50 anos do Futbol da Costa

Menuda fin de semana que nos chega esta do 9 e 10 de maio. Teremos un final de infarto na Liga da Costa, varias ligas con títulos, ascensos e descensos en xogo, 3 finalísimas da Copa da Costa base, e como colofón, dúas presentacións do libro dos “50 anos da historia do Fútbol da Costa” nas comarcas de Bergantiños e Fisterra.

Gran final da Liga da Costa

A atención céntrase na 2ª Autonómica - ES Bazarra. I é que será un final de infarno, nunha tarde que se antes lle chamaríamos de transistores, agora toca chamarlle “carrusel tecnolóxico”, pois seguro que todos os campos están conectados a través dos seus teléfonos á APP do Fútbol da Costa ou a www.futboldacosta.com (que, á verdade, funciona mellor), onde seguiremos os partidos minuto a minuto e gol a gol.

Con horario unificado (domingo ás 17:00h de toda a vida), en xogo está o título e con el o asceso directo á 1ª, pero tamén a única praza que dá acceso á Promoción. O Zas parte como favorito, pois depende de si mesmo ao ter un punto máis que Outes e dous máis que San Lorenzo, pero terá que visitar un campo hostil, a Pedra do Ouro, onde o Mazaricos non parece que vaia a deixarse ir a pesar de ter unha fantástica 5ª praza asegurada, tras unha espectacular temporada dos de Néstor. Co líder, varios centos de afeccionados que irán coa franxiazul a tifar co seu equipo.

Atentos estarán ao carrusel no Conchido, onde o Outes non pode fallar ante un Porteño que xa ten todo feito, e que xa pensa na temporada que vén, e na asemblea da semana que vén ante a dimisión da súa satisfeita directiva. E tamén en Ara Solis, onde o San Lorenzo terá que superar a un Fisterra que quere afianzar unha 6ª praza que demostra que, a pesar da irregularidade, este equipo ten moita calidade e pode sorprender a calquera.

O XSC mira cara abaixo con novo míster

Quedan aínda 3 xornadas para o final da Preferente - Senra Sport, tres finais para o XSC que se atopa en postos de descenso. A directiva decidía prescindir de Rubén Coméndez e un home da casa como Juan Lois tomaba as rendas do equipo. Veremos como reacciona o cadro xalleiro pois esta xornada é clave, pois visita á Sarriana, rival directo, cun punto máis. Unha vitoria sería un paso importante, pero unha derrota podería ser un desastre e o empate tampouco vale.

Ademais, o Dumbría ten un tranquilo partido ante o Escairón.

E tranquila será tamén a xornada na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra, cun fermoso derbi en Pedra Queimada, entre Malpica e Soneira que pode dar a volta aos postos da media táboa. Ademais o Baio remata co Piloño nun partido de festa para os seus, o Corme fará o propio no Cairo despois dunha segunda volta tremenda, e o Sofán tres cuartos do mesmo neste caso cunha primeira volta para enmarcar. A nota negativa poraa a Esteirana, que se despide da categoría lonxe do seu terreo de xogo.

Moito en xogo na 3ª

Xa temos o título decidido, un un premio á eterna humildade, pero queda moito en xogo na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. No San Paio de Refoxos Ameixenda e Muxía chegan a cara de can, co cadro ceense ca necesidade de sumar polo ascenso directo e o Muxía para asegurar a Promoción. En Xaviña, o Cerqueda terá un choque de festa para os seus, pero en fronte o Coristanco, co ascenso directo en xogo, non estará para moitra troula. Ademais, en Fontiñas, o Nantón apura os seus últimos cartuchos para entrar na Promoción, pois se perde ante o Lira e o Corcubión vencer ao Castrelo, a Promoción lle quedaría lonxe, pero se vence se metería de cheo.

Triple final da Copa da Costa base

Será unha fermosa tarde de sábado e unha espectacular mañá dominical con sabor copeiro. O novo campo de Agra da Filgueira acolle a final da Copa da Costa Xuvenil entre Esteirana e Dumbría na tarde sabatina. O cadro dumbriés chega como gran favorito, despois dunha temporada cun só lunar en forma de derrota, e pensando na Fase de Ascenso, o verdadeiro obxectivo deste equipo. En fronte unha moi nova Esteirana, que leva todo o ano medrando despois de ser campións en cadetes o ano pasado, e que buscará dar a sorpresa preto da casa.

A actualidade copeira trasladarase a San Andrés (Zas) na mañá dominical. Ás 10:00h arrinca a final de Infantís, entre XSC e Outes. O cadro xalleiro, despois de acadar o campionato de Liga, quere sumar o doblete. En fronte, un Outes que non se atopou na Liga pero que demostrou que na Copa sabe competir, safando varias eliminatorias a base de garra.

De seguido, ás 12:00h, toman o protagonismo os Cadetes. O Corme, actual campión de Liga, enfróntase a un Cee que non tivo rival na Copa e que xa na Liga quedou 3º. Outro partidazo.

Sabedes que en copadacosta.com teredes o resultado segundo rematen os tres partidos.

O XSC, necesitado na Liga Galega Cadete

Só lle vale a vitoria ao XSC de Corredoira para manter a categoría na Liga Galega Cadete - Aluminios Dumbría. Chega empatado co Vilalbés, e ambos con 2 puntos sobre o Orillamar, e os 3 teñen que evitar 2 prazas de arrastre. Pode pasar de todo. Se vence o XSC quedaría en Liga Autonómica, pois ten co Vilalbés o golaverage individual igualado pero o xeral a favor. Se empatan os dous e vence o Orillamar quedaría un triple empate, que tamén lle valería ao cadro xalleiro pois a pesar de sumar os 3 equipos os mesmos puntos e a mesma diferencia de goles entre os tres partidos, o equipo de Corredoira ten máis goles a favor. É dicir, só baixaría se perde ou empata, e vence o Vilalbés e vence o Orillamar.

Ademais, o Dumbría despedirá no Conco cunha festa para toda a familia a División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, mentres o Infantil segue sufrindo, e disfrutando, os seus últimos partidos en Liga Autonómica.

Un novo título en F8

Esta semana tivemos un, ou dous novos campións en Prebenxamíns, e as Ligas de F8 seguen moi activas.
Polo Norte seguen as Ligas cando aínda faltan 5 xornadas por diante. En F8 Alevín Costa Norte, Corme e Cabana pelexan no máis alto, mentres en festa da Copa da Costa do Conchido.

E polo Sur, toca a última xornada. Co título Benxamín xa decidido, tocou centrarse nos Alevíns, cunha cousa curiosa pois >o Cee xa se proclamaba campión a golpe de xoves tras adiantar o seu partido en Sofán. Vencía por 0-2 e ao Outes non lle valía a súa vitoria en Camariñas, colleitando un novo título para a familia ceense.

Alevins do Cee e Sofan

Ademais, en Cee e Corcubión terán lugar o sábado as fases finais comarcais das Ligas de Fútbol Sala (LCFS) dos máis peques.

Copa de Veteranos

Afrontan os Veteranos a primeira criba, na volta da Previa, con varios equipos punteiros a piques de quedar fóra, como o Dumbría ante todo un Coristanco.


Preferente - Senra Sport, xornada 36

Sarriana10/05 - 17:30Xallas StComba
Dumbría10/05 - 18:00Escairón

1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 34

Malpica09/05 - 17:00Soneira
Baio10/05 - 17:00Piloño
Corme10/05 - 17:00Unión
Sigüeiro10/05 - 17:00Esteirana
Sofán10/05 - 17:00Lesende

2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 34

Fisterra10/05 - 17:00San Lorenzo
Volantes10/05 - 17:00Camelle
Outes10/05 - 17:00Porteño
Baíñas10/05 - 17:00Seaia
Ponteceso10/05 - 17:00Cabana
Mazaricos10/05 - 17:00Zas
Camariñas10/05 - 17:00Cee
Carnota10/05 - 17:00Montelouro
Buño10/05 - 17:00Castriz

3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 34

Ameixenda09/05 - 17:00Muxía
Castrelo09/05 - 17:00Corcubión
Cerqueda09/05 - 18:00Coristanco
Nantón10/05 - 17:00Lira
  • Descansa Laxe.

Copa da Costa Xuvenil, Final

Final da Copa da Costa Xuvenil en Louro

Copa da Costa Cadete, Final

Copa da Costa Infantil, Final

Copa da Costa Infantil 2015 Final

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 34

Dumbría09/05 - 11:30Galicia Caranza

Liga Galega Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 34

Calasanz09/05 - 18:00Xallas StComba

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 24

Orillamar09/05 - 12:00Dumbría

F8 Alevín Costa Norte, xornada 10

Muxía08/05 - 19:00Vimianzo
Cabana09/05 - 17:00Baio
Zas09/05 - 18:00Coristanco
  • Descansa Corme.

F8 Alevín Costa Sur, xornada 26

Sofán0-2Cee A
As Baleas0-3Outes A
Esteirana A09/05 - 11:00Lira
Os Miúdos A09/05 - 12:00Dumbría
Os Miúdos B09/05 - 12:00Fisterra
XSC A09/05 - 12:30Cee B
Esteirana B09/05 - 13:00Dumbría B

F8 Benxamín Costa Norte, xornada 10

Muxía08/05 - 18:00Vimianzo
Cabana09/05 - 16:00Baio
Zas09/05 - 17:00Coristanco
  • Descansa Corme.

F8 Benxamín Costa Sur, xornada 26

Os Miúdos A09/05 - 11:00Dumbría
Os Miúdos B09/05 - 11:00Fisterra
XSC A09/05 - 11:30Cee B
Esteirana09/05 - 12:00Lira
Sofán09/05 - 16:30 Cee
As Baleas09/05 - 18:30Outes
  • Descansa XSC B.

Copa da Costa de Veteranos, volta da Previa

Copa da Costa de Veteranos 2015

Fase Comarcal das LCFs

Esta fin de semana terán a fase Provincial das Ligas Comarcais de Fútbol Sala. A Agrupación Deportiva Escolar “As Rias”, organiza en colaboración cos Concellos de Cee e Corcubion o Campionato Intercomarcal de Fútbol Sala, do Programa XOGADE (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar), nas categorías Benxamín mixto, Alevín masculino/mixto e a categoría Infantil masculino, correspondente a tempada 2014/2015.

Os pavillóns de Corcubión e Cee acollen todos os cruces durante o sábado, sendo a entrega de trofeos en Corcubión:

HoraLugarCategoríaEncontro
11:00hCorcubiónInf. Masc.IES Poeta Añón (Outes) - As Baleas FS
11:00hCeeInf. Masc.Concello Fisterra - Concello Negreira
12:00hCorcubiónBenx. MixtoConcello Outes - Pontecesures
12:00CeeBenx. MixtoConcello Muxía - Concello Negreira
13:00hCorcubiónAlev. MixtoConcello Outes - Furia (Dodro)
13:00hCeeAlev. MIxtoManuela Rial Cee - Concello Negreira

Pola tarde:

HoraLugarCategoríaEncontro
15:00hCorcubiónInf. Masc.3º e 4º posto
16:00hCorcubiónInf. Mas.FINAL
17:00hCorcubiónBenx. Misxto3º e 4º posto
17:50hCorcubiónBenx. MixtoFINAL
16:30hCeeAlev. Mixto3º e 4º posto
17:30hCeeAlev. MixtoFINAL

Crónicas da semana

Primeiros títulos colleitados

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios