Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Resultados e análise dunha xornada de títulos, descensos e moita emoción no Fútbol da Costa

Resultados e análise dunha xornada de títulos, descensos e moita emoción no Fútbol da Costa
Ao Montelouro non lle valeu a vitoria-Foto-Edu Olveira

Menuda ponte completa de Fútbol costeiro. Tivemos un venres de Auténtica da Copa da Costa (xa tendes as crónicas listas) pero a finde deu para moito máis.

O XSC parece que quere complicarse

Parece que quere complicarse a vida o XSC e coa derrota de hoxe cae aos postos de máis que posible arrastre da 3ª. O cadro xalleiro queda na 16ª praza con 41 puntos, polos 40 do Val, os 42 da Sarriana e 43 do Residencia. E tendo en conta que hai dous arrastres, o equipo ten que quedar alomenos de 15º. A semana que vén será clave ante a Sarriana, rival directo cun punto máis que os xalleiros.

Poucas novidades na 1ª

Tiña a xornada da 1ª a atención posta no derbi da mañá dominical en Vimianzo, onde Soneira e Corme asinaron táboas que os mantén na zona morna, quedando igualados co Malpica que vencía ao Cordeiro. Un pouco máis arriba o Baio perdía xa as opcións de promoción ao caer co Unión, e o Sofán vencía quedando a 4 do cadro baiés na 5ª praza. Mentres, a Esteirana xa se deixou ir e caeu en casa sufrindo a súa volta á Liga da Costa.

Segue a loita arriba Liga da Costa pero xa hai descensos

Queda só unha xornada para o remate da 2ª, e parece que será de de infarto. Non fallaron ningún dos 3, e o Zas afrontará a última loita cun punto de vantaxe sobre o Outes e 2 sobre o San Lorenzo, tendo tamén en xogo a praza de Promoción. O Zas visitará a un Mazaricos sen nada en xogo, o Outes recibirá a un Porteño xa salvado, e o San Lorenzo visita ao Fisterra. Estaremos cos ollos alí!

Mentres, por abaixo, xa temos descensos confirmados. O Seaia, na súa primeira andaina na Liga da Costa e tras unha gran primeira volta, volve a 3ª Autonómica. Con el, ademais do Camelle, parece que irá o Montelouro, por mor do arrastre da Esteirana, e só ca posibilidade de salvarse cun hipotético ascenso do equipo da Liga da Costa que vaia á Promoción. Ao cadro de Marcelo non lle valeu nin a primeira vitoria no céspede artificial de Agra da Filgueira, que, iso si, completa unha gran segunda volta.

O Cerqueda, campión

Recibimento municipal ao Cerqueda campion da 3 Autonomica 2015

Completou a xesta o Cerqueda, mesmo sen necesidade de gañar o seu partido. A derrota do Ameixenda ante o Corcubión, convertíu ao Cerqueda, xa ascendido, en campións da 3ª Autonómica. Así, xogadores, técnicos e directivos quixeron celebralo o sábado no Concello de Malpica, onde foron recibidos polo alcalde, Eduardo Parga, e polos concelleiros Miguel Fernández e Alfredo Cañizo. Os representantes do goberno municipal quixeron recoñcer os éxitos deportivos do equipo cunha placa conmemorativa e desexaron a toda a familia do Cerqueda moita sorte na nova etapa que van iniciar.
Con tanto lío, normal resaca que deparou a derrota en Muxía, ante un cadro roxiño que busca asegurar a praza de Promoción a falta de 3 xornadas.

O Corcubión deu un paso tamén na pelexa mentres o Coristanco alcanzou ao Ameixenda na pelexa pola segunda praza de ascenso directo, polo que as 3 xornadas que quedan prevense finais. Unha vitoria ante o Nantón que o deixa agora a 2 puntos da Promoción. Haí tamén hai unha fermosa loita.

Xa temos finais das Copas Base

Esteirana-Dumbría será a finalísima da Copa da Costa Xuvenil. Se co Dumbría xa se contaba, o Corcubión non puido seguir dando a sorpresa e sucumbíu ante unha gran Esteirana, que pelexará para dar o sorpresón ante o poderoso Dumbría, que só leva un partido perdido no que vai de ano.

En Cadetes, o Corme, campión de Liga, superou con moitísimas dificultades a un fantástico Fisterra, e terá en fronte ao Cee, que vencía ao Ponteceso.

E ademais temos final en Infantís, onde o campión tamén da Liga, o XSC, superaba ao Fisterra con máis facilidades das esperadas, e enfrontarase ao Outes, que vencía ao Coristanco.

Outes Infantil Finalista de Copa da Costa 2015

Paso adiante do XSC pola Permanencia na Liga Galega Cadete

Fundamental a vitoria do XSC na penúltima xornada da Liga Galega Cadete - Aluminios Dumbría, que o achega á permenancia. O cadro de Corredoira vencía ao Arteixo, aproveitaba a derrota do Vilalbés para alcanzalo, e está pendente do último partido da xornada do Orillamar, sobre o que tamén ten unha boa vantaxe para afrontar a última xornada.

Máis campións en F8

Están fantásticas estas Ligas de F8 dos máis peques. Co título de Benxamín Sur xa decidido, aínda quedan outraas 4 ligas en marcha, pelexando ademais por entrar nas 4 prazas que dan acceso á II Copa da Costa Alevín no Conchido.

Os peques do Unión Club Cee celebrando o título de Prebenxamíns!!Para comelos!!Parabéns á familia ceense e á do...

Posted by Fútbol da Costa on Domingo, 3 de Maio de 2015

E esta finde temos un novo campión, o Cee de Prebenxamíns, que se proclamou, aos puntos, campións, empatando co Outes, pero con 3 goles máis no golaverage xeral. I é que ambos suman 8 vitorias e un empate colleitado entre ambos, polo que rematan a Liga sen coñecer a derrota.
De feito, o adestrador ceense Nando quere felicitar ao Outes considerando que merece tanto coma o Cee o título de Liga, pois nunha liga a este nivel non debe ser necesario decantarse os títulos coa necesidade de marcarlle máis goles ao resto.

Ademais, en Alevíns, ao Cee chégalle con empatar a semana que vén en Sofán para cantar o alirón da liga Sur, se ben o Outes aínda ten posibilidades pois está só a 2 puntos. O que si está claro é que equipos estarán na II Copa da Costa Alevín no Conchido, pois ademais de Cee e Outes, Esteirana A e Dumbría teñen a 3ª e 4ª praza asegurada.

Arrincou a Copa dos Veteranos

Despois do final de infarto da Liga dos Veteranos, xa arrincou a Copa cunha intensa ida da Previa.


Preferente - Senra Sport, xornada 35

Noia2-0Dumbría
Xallas StComba1-2Estudiantil

1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 33

Soneira1-1Corme
Silleda0-1Sofán
Unión1-0Baio
Esteirana1-3Agolada
Cordeiro1-2Malpica

2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 33

Camelle1-5Fisterra
Cabana4-1Baíñas
San Lorenzo4-1Buño
Porteño5-3Volantes
Seaia1-2Outes
Cee2-3Mazaricos
Montelouro3-1Camariñas
Castriz3-1Carnota
Zas5-1Ponteceso

3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 33

Corcubión5-3Ameixenda
Laxe2-0Castrelo
Muxía3-0Cerqueda
Coristanco3-0Nantón
  • Descansa Lira.

Copa da Costa Xuvenil, Volta das Semis

Copa da Costa Xuvenil Final 2015

Copa da Costa Cadete, Volta das Semis

Copa da Costa Infantil, Volta das Semis


Liga Galega Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 33

Xallas StComba3-1Atl. Arteixo

F8 Alevín Costa Norte, xornada 9

Muxía6-2Zas
Coristanco1-5Cabana
Vimianzo2-4Corme
  • Descansa Baio.

F8 Alevín Costa Sur, xornada 25

Outes6-3Esteirana B
Dumbría A0-2As Baleas
Dumbría B2-4Esteirana A
Cee B6-5Os Miúdos B
Lira1-8Sofán
Fisterra2-9Os Miúdos A
Cee A3-0XSC A

F8 Benxamín Costa Sur, xornada 25

Dumbría4-0As Baleas
Cee B15-0Os Miúdos B
Lira0-11Sofán
Fisterra10-5Os Miúdos A
Cee1-7XSC A
Outes04/05 - 19:00XSC B

F8 Prebenxamín Costa, xornada 9

Dumbría2-4Xallas StComba
As Baleas2-4Esteirana
Fisterra3-9Outes
Lira2-18Corcubión
Baio1-14Cee

Copa da Costa de Veteranos, ida da Previa

Copa da Costa Veteranos 1 2015

Crónicas da semana

Primeiros títulos colleitados

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios