Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Copa da Costa: Os equipos da Preferente non teñen a Copa gañada

Copa da Costa: Os equipos da Preferente non teñen a Copa gañada
O Soneira mereceu mais na Copa ante o XSC-Foto-Oscar

Arrincou xa esta completa ponte de Fútbol da Costa. E o fixo con gran sabor copeiro, deixando xa uns Oitavos moi sabrosos, que xa podedes no cadro, actualizado ao momento, en www.copadacosta.com. Unha eliminatoria que deixa claro que os equipos da Preferente non teñen a Copa gañada de antemán.

E houbo choques destacados e tremendamente igualados, como o Dumbría-Zas que deparou a eliminación dun dos chamados cocos da Preferente a mans do líder da Liga da Costa. Case pasa o mesmo co outro equipo na Pref., o XSC, que sufríu para eliminar ao Soneira. Relativa sorpresa foi tamén a eliminación do Outes a mans do Seaia, que a pesar da mala situación en Liga pode celebrar unha alegría.

Houbo un momento tremendamente emotivo, como foi a ofrenda que o Camariñas quixo render ao eterno Pombo, pois foi tamén porteiro camariñán. Así, en presencia do alcalde, o Camariñas fixo entrega dunha placa ao fillo do meta cabanés.

Homenaxe do Camarinas a Pombo-Foto-Luis POrto

Ademais, houbo varios equipos que decidiron retirarse, como o Lira ou a Esteirana, deixando paso a Castriz e Corme aos Oitavos. Ademais, a xornada tivo outro partido menos, pois o San Lorenzo xa tiña o pase confirmado pois adiantara o choque co Muxía.

Destacable é a presenza de 2 equipos da 3ª, como son o Castrelo (único equipo vimiancés en Oitavos), despois de eliminar ao Coristanco, e o Ameixenda, que pudio co Cabana.

E outro feito reseñable foi a inauguración do céspede artificial de Agra da Filgueira, pero o Montelouro non o puido estrear con vitoria ante un Carnota que aguantou ca vantaxe da ida.

Estrea do Cespede artificial de Agra da Filgueira-Foto-Xose Sendon

Quedan agora un cadro de Oitavos moi bonito. Eliminatorias como San Lorenzo-Corme ou Baio-XSC serán apaixoantes.

http://antigo.quepasanacosta.gal/copadacosta/cadro/

Ameixenda* - Cabana (1-0)

  • AMEIXENDA: Campos, Jorge, Álex, Mateo, Antón (Jesús, min.70), Javichu (Borja, min.46), Purty, Demetrio, Mario, Momaño e Cristian (Óscar, min.85).
  • CABANA: Vázquez, Grille (David), Charly, Iván de Treos, Raúl, Diego (Moreno), Álex (Laik), Manolo do Cruceiro (Miky), Reigía, Dani Mato (Iván Mato)e Manu Guillamet.
  • Gol: 1-0, min.3: Mario.

Viña o choque moi igualado da ida, con todo en xogo, e o gol do Ameixenda nada máis comezar deixaba a eliminatoria patas arriba, co pase para os locais polo valor doble dos goles fóra de casa (2-1 na ida para o Cabana).

O Cabana estirouse pero enfronte tiña un Ameixenda con moitas gañas e moi ben armado. Tivo ocasións o equipo de Periscal pero non entraron se ben os de Pato tamén puideron sentenciar á contra, así como un córner que parou Vazquez.


Fisterra* - Camelle (4-2)

  • FISTERRA: Ángel, Juan, Julito (Breixo), Santi, Rubia, Guardiola, Cristian (Noé), Roco, Pablo Lestón, Naranjo (Mané) e Adrián (Munitis).
  • CAMELLE: Muxián, Sikario del Amor, Lado (Josecho, min.50), Macho, Peseta, Martín, Mario, Tedín (Dimitri, min.60), Felisiano (Tonsón, min.75), Sergio e Felipe Laxe.
  • Goles: 0-1, min.11: Felipe; 1-1, min.20: Pablo Lestón; 2-1, min.25: Rubia; 2-2, min.65: Sergio; 3-2, min.78: Pablo Lestón; 4-2, min.82: Mané.

Partido fermoso e entretido, que viña aberto tralo 5-4 da ida no Rodeiro. O Fisterra, que non fixo o seu mellor partido, tiña que remontar un tanto e asumíu o mando do balón dende o comezo, entrando ben polas bandas. Así e todo, nunha contra, Felipe adiantaba aos de Varu, pero en dous arreóns o equipo de Nacho dáballe a volta ao marcador.

Repúxose do golpe o Camelle e aguantou ata que ao comezo da segunda Sergio empataba de novo, poñendo a eliminatoria do lado visitante de novo. Pero aí volcouse o Fisterra con todo, e non puido aguantar o Camelle as embestidas e no treito final o Fisterra acadou dous tantos e sentenciou a eliminatoria.
Un Camelle que cando xunta xente, compite e un Fisterra que terá derbi ante o Ameixenda.


Volantes - Sofán* (2-3)

  • VOLANTES: Rubén, Mingos, Juan, Fran (Marcos), Javi, Óscar, Ivi, Miguel, Jesús, Brais (Moja) e Piti.
  • SOFÁN: Brais Vázquez, Cantudo, Oliver (Marcos Pensado, min.45), Rubén (Raúl, min.57), Sito, Pablo Martínez, Martín, Luís, Leilán, Maneiro (Seo, min.45) e Dourado (Méndez, min.45).
  • Goles: 0-1, min.36: Luís de precioso zurdazo pola escadra; 1-1, min.40: Piti define na área tras gran xogada de Ivi; 1-2, min.54: Leilán cruza coa zurda ante a saída de Rubén; 1-3, min.81: Raúl aproveitando un balón morto na área pequena; 2-3, min.86: Miguel de penalti.

Fermoso partido, con dous bos equipos dispostos a xorgar ao fútbol despois dunha ida na que o cadro carballés, que ollo, vai forte por esta Copa, xa sentenciara a eliminatoria, polo que Josito puido darlle minutos aos menos habituais.

Os dous equipos, sen nada que perder, apostaron polo fútbol e os afeccionados o agradeceron. Varios fermosos goles, e un Volantes que aguantou moi ben pero que notou moito o baixón físico na segunda botando de menos algún cambio máis no treito final.


Buño* - Porteño (4-0)

  • BUÑO: Toni, Eloy (Fran, min.70), Rubén, Diego, Casais; Juan (Emilio, min.60), Uru, Jorge Calvete, Jorge Pombo (Miguel, min.75); Santi (Dani, min.60) e Charro (David Dourado, min.80).
  • PORTEÑO: Maikol (Cristian, min.46), Óscar, Oli (Mario, min.65), Pejo, Camaño, Doyle, Rodri, Curra, Marcos, Borja (Carlos, min.70) e Wii (Roi, min.60).
  • Goles: 1-0: Diego de penalti; 2-0: Jorge Pombo; 3-0: Rubén; 4-0: Diego tamén de penalti.

Chegaba o Buño xa cunha lixeira vantaxe da ida na Grixa, e o Porteño reservaba xente para a Liga e aparecía sen demasiada tensión e con 5 xuvenís. Así e todo a goleada foi demasiado abultada para o visto no campo. Aínda que o Porteño comezou máis enchufado na primeira parte, marcou o Buño de penalti antes do descanso. Na segunda abriuse máis o partido e o Buño aproveitou para golear.


Coristanco - Castrelo* (0-0)

  • CORISTANCO: Jack (Nacho, min.80), Marcos, Sergio (Pazos, min.70), Iván, Joni, Mato, Damián, Toni, Cristián (Joaquín, min.60), Gonzalo (Facal, min.60) e Juan Lagoa.
  • CASTRELO: David Buxantes, Berdoias, Marcos (Raúl), Quintáns, Pichón, Luís, Stiven, Roi (Félix), Capote, Rafa (Kevin) e Elvis (Suso).

Tensionado partido entre dous “terceiras”, ao que o Castrelo chegaba cunha mínima vantaxe da ida á que se aferrou como a un cravo ardendo. O Coristanco intentou durante os 90 minutos desarmar a tela de araña formada por Roland Caamaño, que conseguíu unha gran organización defensiva nos seus.

Tivo pronto o Coristanco a primeira ocasión, como un man de Lagoa ou un remate de Gonzalo fóra. O Castrelo iriase poñendo no partido con unha boa ocasion de Quintáns que puido poñer moi preto o pase dos deportivistas.

Na segunda parte o Coristanco estaba obrigado a marcar dispuxo de dúas ocasións claras, unha que desvia Carreira e daba no pau, e outra que se paseou por diante da porteria a escasos metros da liña de gol. Co Coristanco a por todas o Castrelo dispuxo dunha contra clara nas mans de Suso que chega a área e cando este ia tirar aparece un defensa.

O partido seguia igualado con loito xogo directo, cun Coristanco percutindo unha e outra vez, pero sen sorte, e á pouco de acabar o Castrelo disporía dun triple ocasion para sentencias pero Capote no primeiro disparo atopase co porteiro caelle outra vez o rechace regatea o porteiro este tira e aparece un defensa para sacar na liña o balón e cáelle o rechace a Félix que tira frouxo dentro da área e fai o porteiro co balón. Así acababa o partido con empate a 0-0, e o Castrelo pasa ronda sendo o único equipo de vimianzo na seguinte rolda.


Dumbría - Zas* (1-1)

  • DUMBRÍA: Iván, Adrián Alcaina, Brian, José, Pablo Conde (Adrián Makaay, min.46), Iago, Darío, Rivi, Diego Cespón (Aarón, min.46), Javi (Jesús, min.46) e Adrián Nieto (Martín, min.68).
  • ZAS: Rizos, Josito, Fabián, Manu, Vecino, Canedo, Peke, Dani, David Blanco, Rubio e Álex Flores.
  • Goles: 1-0, min.2: Adrián Nieto baixo as pernas de Rizos; 1-1, min.44: Rubio pola escuadra a pase de Manu.
  • Expulsión: Vecino no min.67.

Partidazo no Conco, ante máis de 200 afeccionados, moitos de Zas, para o choque estrella destes Dezaseisavos, entre un dos equipos da Preferente e o líder da Liga da Costa, que chegaba cunha lixeira vantaxe da ida e con todo aberto.

Foi un partido con moita intensidade, moi disputado e dos que fan afección. O partido comezou mal para o Zas co gol de Adrián Nieto nada máis comezar, pero repúxose moi ben e estivo mellor que o Dumbría na primeira parte, rematando o primeiro tempo co golazo de Rubio que empataba o choque e que puña de novo a eliminatoria para os de Iván Cancela. O Dumbría non se atopaba e no que Canosa fixo moitos cambios de cara ao segundo tempo.

Na segunda o Dumbría saíu a polo partido e levou o peso do partido sobre todo a partir da expulsión de Vecino, pero o Zas defendiu moi ben e fixo un esforzo heroico para defender o resultado e xogando á contra toda a segunda metade. Insistiu o cadro dumbriés, como un remate de Makaay de cabeza que saeu pegado ao pau, un penalti que pediron sobre Jesús, e un gol anulado a Iago no 88 por unha suposta falta a Rizos no salto. Pero tamén á contra puido sentenciar o Zas cun man a man de David Blanco que salva Iván.

Ao final, queda fóra un dos favoritos e dos que sempre xera controversia, sobre a presencia do Dumbría, lembremos equipo do Fútbol da Costa, na Copa.


Ponteceso* - Laxe (3-2)

  • PONTECESO: Sergio Fariña, Martín Puente, Diego Collazo, Cotelo, Eloy Álvarez (Ismail, min.45) (Pablo Pailos,m in.71), Alberto Recarey, Mendieta, Kevin (Dani Valle, min.46), Pablo, Youseff (Pablo Regueiro, min.53) e Christian Martínez.
  • LAXE: Anxo, Iván, Bras, Aaarón, Jaja, Jacinto; Borja, Gora; Djamel, Adrián; Santi e Elías. Tamén xogaron: Jacobo, Dani Pose, Dani Arguelles, Iván Caamaño e Carlos.
  • Goles: 0-1, min.11: Elías tras unha xogada trenzada; 1-1, min.68: Mendieta; 1-2, min.70: Adrián; 2-2, min.80: Alberto Recarey; 3-2, min.90: Martín Puente.

Moi descontento coa actuación arbitral marchou o Laxe do Pinguel. Un Laxe que chegaba con opcións e que se prantaba moi ben no campo e que se metía por diante despois de crear varias ocasións.

O Ponteceso, con máis gañas que ideas, creaba ocasións pero non era capaz de empatar o partido deixando aínda aberta a eliminatoria pois un tanto laxense daríalle o pase. O Laxe tería un par de ocasions pero o marcador manteríase co 0-1 ata a segunda.

Saíu o Ponteceso enchufado pero o Laxe non cedía e aguantaba ben ata que Mendieta facía o empate. A pesar do golpe non baixou os brazos o cadro laxense e Adrián aproveita para marcar o segundo para o Laxe, quedando nese momento a eliminatoria igualada.

Pouco despois ten lugar a xogada polémica do partido, cun mal pase atrás ao meta local que se lle cola, ante a presión de Dani Pose, o balón pode traspasar a liña de gol, pero o colexiado non dá o gol por válido. E mentres protestaban os laxenses, o Ponteceso arma unha contra e fai o 2-2 que remataba cas aspiracións dos visitantes.

Moi descontentos quedaron os laxenses que critican a mala fe do colexiado ante un equipo humilde coma eles.

Polo bando contrario, o Ponteceso disfruta dun bo momento e así o corroborou a directiva renovando ao míster Barca por un ano máis, como adestrador do primeiro equipo e como como coordinador deportivo de todas as categorias de base. Xunto con el renova todo o corpo tecnico do primeiro equipo.


Seaia* - Outes (1-0)

  • SEAIA: Jesús, Adrián, Dimaga (Parga, min.75), Vistas, Javi Rañal, Eme, Adra (Moisés, min.75), Nando, Ribeiro, Camilo (Magovi, min.70) e Felipe.
  • OUTES: Gato, Borja (Rafa), Jura, Iago, David, Babu, Martín (Saúl), Mario, Elías (Manu), Samu e Yago (Piki).
  • Gol: 1-0, min.25: Riveiro nunha contra.

Non lle dá ben o Seaia ao cadro da Serra. Unha primeira parte desastrosa do equipo visitante e unha segunda algo decente pero sin finalizar, serviu para que o Seaia disfrutase dunha pequena alegría copeira mentres sofre na Liga.

Foi un partido de ida volta no que o Seaia sabía que había que defender un resultado favorable da ida, e na primeira parte aguantou ben e nunha contra caeu o gol de Riveiro. Aguantaba ben as poucas embestidas dos visitantes que non confiaron na remontada, e sufrían algunha contra. Na segunda tiveron varias para darlle a volta ao marcador os da Serra pero non estiveron atinados.

Agora, enfróntanse de novo en liga, os dous coa necesidade de gañar.


Baíñas - Cee* (1-4)

  • BAÍÑAS: Sergio, Héctor, Samu, Mario, Rodri, Jaim, Vilas, Esteban, Tasky, Iván e Javi Suárez. Tamén xogaron: Pablo Muíño, Cristian, David e Llanero.
  • CEE: Paulo, Fiuza (Tebo, min.65), Jorge, Aitor, Borja, Paco, Gabriel (Josiño, min.57), Piquero (Carlos Leis, min.52), Isma (Chema, min.83), Leo (Chiru, min.70) e Juan.
  • Goles: 0-1, min.41: Gabriel de tiro de fóra da área que desvía un defensa e engaña ó porteiro; 0-2, min.10: Jorge de tiro lonxano; 0-3, min.13: Isma regatea ó porteiro despois dunha gran xogada e parede con Leo; 0-4, min.60: Leo a pase de Juan; 1-4, min.75: Jaime de tiro de fóra da área.

Mal partido do Baíñas que se deixou sorprender por un echufadísimo Cee que saiu moi forte e en 13 minutos xa sentenciara a eliminatoria cun 0-3, a pesar de que o cadro vimiancés chegaba con vantaxe da ida. Puido caer algún máis no primeiro tempo para o Cee facendo unha boa presión e obrigando ó Baiñas a dar pelotazos desde a defensa ós puntas. Isma e Leo tiveron no treito final dúas clarísimas para facer o 0-4.

Cambiou Pablo Mallón o equipo na segunda e a saída dos Pablo Muíño, Cristian, David e Llanero fixo que o cadro local tomou o mando do balón e o dominio do partido, ante un Cee que se replegou buscando á contra. E tivo ocasións o Baíñas para recurtar pero foi Leo o que fixo o 0-4 e xa non había tempo para máis.

O Cee enfrontarase a un Castriz que non tivo nin que salta ao campo.


Mazaricos - Baio* (1-1)

  • MAZARICOS: Pego, Tuco, Miguel (Chico, min.75), Matías, Ramón, Ricardo, David, Esteban (Coxo, min.80), Pereiro (Ferreiro, min.70), Chenel e Estéfano.
  • BAIO: Pollo, Yago (Mario, min.60), Ramón, Porto, Jose, Norber, Fachal, Rubio (Brais, min.25) (Bieito, min.76), Saleta, Christian e MC (Silvariño, min.46).
  • Goles: 0-1, min.14: Fachal; 1-1, min.48: David de penalti cometido sobre Chenel.

Chegaba a eliminatoria practicamente sentenciada a Mazaricos tralo 3-0 para os baieses da ida. Pero o Mazaricos quixo prantar cara ao actual mellor equipo costeiro na 1ª, e foi unha primeira parte moi igualada na que Chenel tivo un par de boas ocasións para adiantar aos seus pero foi Fachal o que metía por diante aos de Félix.

Na segunda arrincaba co gol do empate dende os 11 metros, e cun Mazaricos algo máis incisivo, con ocasións de Estéfano e David, pero ante un Baio moi ben armado que non se deixou superar.

O cadro baiés enfrontarase ao XSC no choque estrella dos Oitavos.


Soneira - XSC* (1-1)

Soneira e XSC-Foto-Oscar
  • SONEIRA: Anxo, Cristian Figueroa (Iván Chans, min.76), Fran de Urroa, Brais Mouzo, Mayor (Maikel, min.70), Sandelo, De la Sierra, Nazo (Brais, min.53), Richi, Javi e Basti.
  • XSC: Iván (Vicente, min.46), Cristian, Oscarín, Alberto (Aarón, min.52), Rubio, Jota, Ruben Forján, César (Jesús, min.52), Joshi (Marcos, min.46), Pablo Baña (Choco, min.64) e Vía Rápida.
  • Goles: 0-1, min.9: Rubén Forján; 1-1, min.41: De la Sierra.
Dous veteranos como Fran de Urroa e Ruben Forjan-Foto-Oscar

Partidazo en Vimianzo que demostra que non teñen a Copa gañada os equipos da Preferente. A primeira parte foi moi igualada na que o cadro xalleirio tuvo a sorte de adiantarse gracias a un tiro de Rubén que aproveitou o rexeite de Anxo a unha xogada de Vía. Pero o Soneira tomaba o mando pronto, e conseguía dominar o partido, entrando ademais moi ben por bandas.

Javi e Richi avisaban e De la Sierra marcaba o empate antes do descanso tras un saque de banda que peiteaba Richi.

Aínda tiña que marcar dous o cadro soneirán pero se iría con todo polo partido. Pedían pronto a expulsión de Baña por unha suposta agresión a Basti, e fixo unha gran segunda metade, dominando por completo e tendo grandes ocasións por medio de Figueroa, Basti ou Javi. Anxo tamén tivo que sacar algunha contra pero o marcador non se movería e o XSC pasaba, sufrindo, a Oitavos.


Montelouro - Carnota* (2-2)

Primeiro Montelouro no verde de Agra da Filgueira-Foto-Xose Sendon
  • MONTELOURO: Fernando, Abel (Pedro, min.50), César, Pablo, Teo (Benjamín, min.70), David (Pesi, min.65), Geiko, Raúl (Ancho, min.50), Gelo e Riky.
  • CARNOTA: Luís de la Sierra; Niko, Pedro Pichín, Ferreiro (Manolo Chouza), Tono da Caixa, Pablo Pichín (Berni); Raúl, Nakata, Pumuki (Joselu), Jrabello e Robi.
  • Goles: 10, min.15: David; 2-0, min.30: Riky; 2-1, min.60: Pumuky de cabeza; 2-2, min.75: Robi de falta.
Montelouro e Carnota no Agra da Filguera-Foto-Edu Olveira Montelouro-Carnota-Foto-Xose Sendon

Partido que servía para estrear o céspede artificial do Agra da Filgueira. Por fin, a lama e os “mikasa” pasarán á lembranza épica do fútbol costeiro e Louro poderá disfrutar de fútbol de alta escola. Onte tiña posibilidades de remontar o 2-0 da ida e de feito nunha gran primeira metade, os de Marcelo empataban a eliminatoria cos tantos de David e Riky, aproveitando a relaxación dos carnotáns.

Pero na segunda o Montelouro, cos cambios, perdeu intensidade e o gol de Pumuki puña moi costa arriba o pase e o Carnota sentenciou co tanto de Robi.

Montelouro e Carnota no Agra da Filguera-Foto-Edu Olveira

Camariñas* - Malpica (4-2)

Camarinas ante o Malpica na Copa co fillo de Pombo-Foto-Luis Porto
  • CAMARIÑAS: Pablo; Nico, Piti (Denís, min.84), Martín Kanga, David, Moriño (Saviola, min.33), Pereira, Sule (Joseba, min.92), Yuyo, Mario Toja (Martín Méndez, min.88) e Javi (Pablo Suárez, min.90).
Malpica no Hermanas Patino co fillo de Pombo-Foto-Luis POrto
  • MALPICA: Abraham (Ángel, min.90), Pablo Díaz, Marcos Amado, Alemán, Juanjo Rabuñal, Joel Pereiro, Adrián, Baba (Rodrigo, min.22), Cololo, Fernando Varela e Petís (Esteban, min.66).
  • Goles: 0-1, min.4: Cololo aproveita un balón que se lle escapa das mans a Pablo; 0-2, min.13: Cololo de penalti cometido por Pablo sobre el tras un pase de Fernando Varela; 1-2. min.35: Sule nun barullo cunha posible falta ao porteiro; 2-2, min.42: Yuyo de tiro cruzado; 3-2, min.65: David; 4-2, min.80: Saviola.

Partido que comenzaba con un sentido homenaje a Pombo, con unha placa conmemorativa que o Camariñas entregou a seu fillo acompañado de seu avo e más un balón para que siga practicando o fútbol, coma seu falecido pai, recordando o seu pasado no equipo conserveiro durante tres temporadas.

No futbolistico destacar o gran partido o visto en Camariñas, non defraudando a quen se acercou ao Hermanas Patiño, vendo como o Malpica se metía por diante aproveitando os erros do cadro local, pero como despois o Camariñas era quen de darlle a volta ao marcador facendo un gran partido ante un Malpica que parece que prefere rematar a temporada cando tantes.

Cómpre destacar os goles de bonita factura e como broche final un golazo de Saviola desde fóra da área pola escuadra. Ademais, Gerpe fixo debutar a Pablo e Joseba, procedentes dos cadetes das Baleas.


Copas da Costa 2014

Crónicas da semana

Primeiros títulos colleitados

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios