Mércores. 15.05.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Coristanco alcanza ao Ameixenda prevendo unha fermosa loita polo ascendo directo

3ª Autonómica: O Coristanco alcanza ao Ameixenda prevendo unha fermosa loita polo ascendo directo
Pasillo do Muxia ao campion Cerqueda en Arlina A Clínica Fisioterapia Xunqueira de Cee patrocina a 3ª. Coñécenos en Facebook

Celebrou o Cerqueda o título da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira sen necesidadede xogar. Con 3 xornadas para o remate, o cadro de Emilio Uzal completaron a xesta e mesmo eran recibidos polo alcalde, deixando varias longas noites de troula que remataba cun partido malo o domingo, caendo en Muxía.

En todo caso, parece impresionante a campaña do Cerqueda, cuns números fantásticos, e 20 minutos en 29 partidos. Só cómpre felicitar ao cadro campión.


Recibimento municipal ao Cerqueda campion da 3 Autonomica 2015

Loita polo ascendo directo

Foi a derrota do Ameixenda ante o Corcubión do sábado a que deparou o título para os malpicáns, e que complica o ascenso directo aos ceenses. 10 puntos de vantaxe tiña o Ameixenda na xornada 24, e onte o Coristanco o cazaba na 2ª praza. Quedan tres partidos por diante, e na penúltima xornada un Coristanco-Ameixenda con moito en xogo. Por agora ten o Ameixenda o golaverage individual a favor, logo dos tres partidos xogados entre ambos o Ameixenda, tras unha vitoria por 3-1 na casa, un empate na Rocheira, e o 1-2 da 3ª volta, polo que o empate, sempre que non fallen a vindeira semana (o Coristanco en Cerqueda e o Ameixenda ante o Muxía) lle valería ao Ameixenda.

E loita pola Promoción

Mentres, segue a pelexa pola Promoción moi viva. Coa vitoria, o Corcubión, métese de novo na 6ª praza, roubándolla ao Nantón, que tivo o partido ante o Coristanco na man pero o deixou escapar e acabou goleado. Muxía, que apriveutaba a resaca do líder, e Lira, que descansaba, teñen un partido menos polo que parten como favoritos para cubrir 2 desas 3 prazas en xogo.


Corcubión - Ameixenda (5-3)

  • CORCUBIÓN: Sito, Trillo, Balucho, Jesús, Marcos, Toja, Alan, Gabi, Lema, Lourido e Horka. Tamén xogaron: Beto e Javi Floreal.
  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, Jorge, Samuel, Álex, Jesús, Purty, Antón (Bichiño, min.46), Momaño, Mario, Andrés e Demetrio (Borja, min.77).
  • Goles: 1-0, min.20: Lourido; 2-0, min.30: Lema; 3-0, min.33: Lourido; 4-0, min.40: Gabi; 4-1, min.42: Álex; 4-2, min.53: Mario; 4-3, min.65: Momaño; 5-3, min.95: Toja.

Derbi tremendamente estrano o vivido no Cubaleiro. Non aparecía na primeira metade o equipo ceense e o Corcubión se colocaba cun claro 4-0. Pero antes do descanso Álex recurtaba e o Ameixenda, que necesitaba a vitoria para seguir ocupando o posto de ascendo directo, igual que o Corcubión coa Promoción. E creu na remontada o equipo de Pato. O ex corcubionés Mario marcaba á saída da segunda, e Momaño metía un 4-3 con aínda 25 minutos por diante. E tiveron varias para empatar o Ameixenda, nos pés do propio Mario e mesmo cun tiro ao longueiro de Samuel. Pero foi Toja, xa no desconto, o que sentenciaba o choque, deixando 3 punos vitais para o Corcubión que se volve meter na Promoción.


Laxe - Castrelo (2-0)

  • LAXE: Jacobo, Aarón, Djamel, Suárez, Jacinto; Santi (Bras, min.46), Borja; Adrián, Elías; Dani Pose e Arguelles (Lolo, min.80).
  • CASTRELO: Caamaño, Raúl, Quintáns (Pichón), Marcos, Víctor (Elvis), Stiven, Luís, Félix, Roi, Lucho (Carreira) e Suso (Rafa).
  • Goles: 1-1, min.11: Djamel aproveita un rexeite dun defesa a un turo de Santi; 2-0, min.55: Dani Pose.

Non fui un partido moi bonito por ningún dos dous bandos, pero si que estivo equlibrado. Os dous equipos que non se xogan nada nestre treito final e o afrontan con dificultades ademais, e con poucos efectivos.

Non combinaban ben, pero había ocasións para ambos lados, sen ben o Laxe íase facendo co partido e aos 10 minutos marcaba Djamel para os locais. O Castrelo non se desanimaba e crearía un par de ocasions pero sen fortuna de cara ao gol, Stiven dúas veces só co porteiro e Roi non atinan a marcar o empate. Chegaría así o remate da primeira parte.

Na segunda parte seguía o choque ca mesma sosa dinámica, e nunha internada pola sua banda deixaría a Dani Arguelles só diante da meta do Castrelo pero o balón sae fóra. O Castrelo pouco apretaba a pesar de ter o empate moi preto, e nunha contra no treito final levada por Lolo pola banda era rematada por Dani Pose para facer o definitivo 2-0.

Con esta vitoria o Laxe queda a 2 do Castrelo, e loitarán nestas últimas xornadas por evitar a Culler de Pau do Fútbol da Costa.


Muxía - Cerqueda (3-0)

  • MUXÍA: Papi, Claudio, Currás, Antonio, Martín, Julián, Conguito, Víctor Alcaina (Marco, min.75), Gerardo, Jony (Josiño, min.60) e Arxires (Gusa, min.80).
  • CERQUEDA: Gesto, Pablo (Dani, min.62), Javi Pazos, Atu, Pailos, Uru, Xabi (Sergio, min.54), Juanjo (Luchi, min.58), Pedro (Bastón, min.51), Darío e Martín.
  • Goles: 1-0, min.20: Arxires; 2-0, min.70: Víctor Alcaina; 3-0, min.80: Arxires.

Pouca historia do partido, moita festa po Cerqueda desde o xoves, e mesmo celebrando o título sen xogar pola derrota sabatina do Ameixenda. Ademais, Uzal quixo darlle minutos aos menos habituais, e o Muxía, que necesitaba os puntos, estivo moi centrado, con moita máis intensidade, e dominou todo o partido.

Arxires adiantaba aos 20 minutos aos muxiáns, que puideron ampliar a renda se Víctor Alcaina non falla dende os 11 metros, con boa parada de Gesto. Acabaría 1-0 a primeira metade, e na segunda non apretou demasiado o líder, ante un Muxía plagado de xuvenís e mesmo un cadete (Gusa) para conformar a convocatoria.


Coristanco - Nantón (5-1)

  • CORISTANCO: Nacho (Jonny, min.60), Jose, Rubén, Sergio, Mato, Andrés (Damián, min.40) Iván, Pazos (Cristian, min.85), Ivi (Tony, min.89), Lagoa e Gonzalo (Marquiños, min.75)
  • NANTÓN: Ernesto, Lareu (Eloy, min.79), Carlos (Dani Costa, min.8), Amado, Diego, Carlos Vidal (Dani B., min.80), Fabio (David, min.75), Alberto (Redondo, min.73), Luís, Martín e Iván.
  • Goles: 0-1, min.5: Vidal a centro de Luís; 1-1, min.25: Lagoa aproveita un rexeite do porteiro; 2-1, min.35: Ivi dende fóra da área; 3-1, min.60: Mato; 4-1, min.63: Ivi a pase de Pazos; 5-1, min.70: Ivi de falta pola escuadra.
  • Lesión: o cabanés Carlos tras un tirón muscular.

Bo partido na Rocheira con moita xente nas bancadas, e con dous equipos necesitados de vitoria. Saían os dous equipos ao ataque en busca da victoria e tivo o Coristanco as primeiras dúas ocasions nas botas de Gonzalo pero a primeira por una gran parada de Ernresto e a segunda polo poste non entrarían. Pronto se adiantaba o Nantón, pero o gol enchufaba ao Coristanco aínda máis, e antes do descanso xa dera a volta ao marcador cos goles de Lagoa e Ivi, e unha volea de Lagoa que a piques estivo de significar o terceiro pero o balón petou na madeira.

Na segunda metade, puido o Nantón facer a igualada pero Luis erraba un penalti cometido sobre el mesmo, aos 5 minutos, era a xogada clave do partido. Seguía o partido e chegou outra das xogadas clave, o porteiro local Nacho lesiónase e é Lagoa quen se ten que poñer debaixo dos paus, e xusto na seguinte xogada tras un saque de esquina marcaría Mato o 3-0 ao tocar un balon tras tiro de Jonny nun rexeite.

Tivo o Nantón o partido pero deixouno escapar e de contado sentenciaría o equipo de Da Silva, quedando empatado na segunda praza co Ameixenda e con tres partidos e unha finalísima por diante.


Crónicas da 3ª Autonómica


Crónicas da semana

Primeiros títulos colleitados

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios