Preferente: O XSC métese en líos e Juan Carlos Lois substitúe a Coméndez


En menudos lñios se mete o XSC cando quedan 3 xornadas para o remate da Preferente - Senra Sport. A día de hoxe o XSC sería equipo da 1ª, pois parece que serán dous os arrastres que veñen da 3ª División (Laracha e Bertamiráns) e o cadro xalleiro ocupa precisamente esa 16ª praza, a segunda que sufriría o arrastre. A cousa está tremendame apretada e o equipo xalleiro depende de si mesmo. Con 41 puntos, loita con Residencia (43), Sarriana (42) e O Val (40), por evitar dúas prazas, se ben a semana que vén hai un crucial Sarriana-XSC. Non é malo ademais o calendario que lle queda ao verde-laranxa, co descendido Dorneda en casa na penúltima e a visita a Riveira na última, ante un equipo que pode estar xa matematicamente salvado daquela.
Unha situación que vén de provocar a destitución de Rubén Coméndez como adestrador xalleiro. Juan Carlos Lois, un home da casa, faise cargo do primeiro equipo. Lois é técnico do fútbol base das escolas do Xallas de Santa Comba e membro da directiva.
Mentres, o Dumbría non podía facer nada a pesar de facer un bo partido ante todo un Noia, equipo inmerso na pelexa polo ascenso directo.
Noia - Dumbría (2-0)
- DUMBRÍA: Iván, Alcaina (Charly, min.76), Brian, Cote, Pablo Conde, Aarón, Rivi (Cabana, min.70), Cespón (Martín, min.62), Iago, Jesús (Javi, min.46) e Adrián Makaay.
- Goles: 0-1, min.20; 0-2, min.70.
Segue dando minutos Canosa aos máis novos para preparalos para o ano que vén. I é que potenciar a canteira é unha das premisas deste club e que mellor momento para que os novos Alcaina, Javi, Martín, Charly, Cabana… vaian collendo minutos na Preferente.
En fronte, un dos grandes da categoría, en plena pelexa polo ascenso directo, polo que non dou concesión algunha e obtivo unha xusta vitoria. O Dumbría puidose meter no partido con 1-o pero Diego Cespón mandou ao peito un un para un co meta local.
A partir de aí o Noi foi netamente superior e sentenciou.
Xallas StComba - Estudiantil (1-2)
- XSC: Vicente, Alberto Pena, Oscarín (César, min.76), Rubio, Aarón, Jota, Choco, Jesús, Pablo Baña (Marcos, min.75), Joshi (Kevin, min.65) e Vía Rápida.
- Goles: 0-1, min.64; 0-2, min,84: de penalti; 1-2, min.88: Kevin.
- Expulsión: Jesús no min.71.

Partido espeso do XSC, sobre todo nunha primeira metade na que deixaron o mando do partido ao cadro Estudiantil, un Estudiantil que buscou máis a vitoria e que levou o premio da Permanencia. Así e todo aguantaron ben atrás os de Coméndez e non sufriron demasiado. Na segunda saíron máis decididos os locais e foron facéndose co mando do xogo, pero tras unha fermosa xogada individual, cun erro de marcaxe atrás, se metía o cadro visitante por diante.
Entraron as présas, malas conselleiras, e o equipo non soubo ler ben o partido. Tivo algunha opción de empatar pero nunha contra a colexiada sinalaba un discutido penalti de Aarón que sentenciaba o choque, Kevin aínda recurtaban pero xa non había tempo para máis e agora tocan tempos de urxencias.

Crónicas de Preferente – Senra Sport
- X.34: Xa pensando na Copa.
- X.33: Un gol de Vía Rápida dalle o derbi ao XSC e case sela a permanencia.
- X.32: Pleno para respirar.
- X.31: Dúas liñas radicalmente distintas que deixan ao XSC en problemas.
- X.30: 4 puntos contra os colistas.
- X.29: O XSC non se pode despistar.
- X.28: Haberá que ollar o retrovisor?.
- X.27: Preferente: A irregularidade pasa factura.
- X.26: Por fin unha doble alegría.
- X.25: Novo cambio de papeis.
- X.24: Xornada de malas saídas.
- X.23: Doble inxusta derrota pola mínima.
- X.22: Novo intercambio de posicións.
- X.21: Da man vendo como escapa a zona alta.
- X.20: Metidos nun pano.
- X.19: O reforzado XSC pasa a un novo Dumbría.
- X.18: O 2015 comeza na Preferente.
- X.17: A mocidade toma o relevo de cara a 2015.
- X.16: Cambio de marcha.
- X.15: O XSC caza ao Dumbría.
- X.14: O XSC saca petróleo do Conco.
- X.13: O Dumbría métese definitivamente na loita polo ascenso.
- X.12: O Dumbría pega un salto.
- X.11: Doble premio cun importante debut.
- X.10: O XSC achégase ao Dumbría.
- X.9: Sen fortuna.
- X.8: O Dumbría despega e o XSC aterra.
- X.7: Dous empates con sabores distintos.
- X.6: Para esquecer.
- X.5: Sumando.
- X.4: Punto a punto con boas sensacións.
- X.3: Collendo posicións.
- X.2: Xornada dispar para Dumbria e XSC na Preferente.
- X.1: Arrincou a campaña oficial para Dumbría e XSC con boas sensacións.
Crónicas da semana
- Copa da Costa: Os equipos da Preferente non teñen a Copa gañada.
- Resultados e análise dunha xornada de títulos, descensos e moita emoción no Fútbol da Costa.
Primeiros títulos colleitados
- Veteranos: O San Román róuballe o título ao Coristanco no último suspiro.
- Os Benxamíns agrandan o mito da eterna canteira fisterrá.
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Novas relacionadas
- Está enfermo o Fútbol da Costa?.
- O Conchido acollerá unha nova edición da Copa da Costa Alevín, Benxamín e Prebenxamín.
- César do Cabo e Doro, dous perfectos espellos para as promesas do Dumbría.
- Chema Rei e Xosé María Lema presentan o libro “50 anos da historia do fútbol da Costa”.
- Míchel e Manu Dosil, hai vida no deporde despois do Fútbol da Costa.
- A Cantina, campión da Liga de FS de Cee.
- O Fútbol da Costa rende homenaxe a Álex Pombo.
- O álbum de cromos do Sofán: “Raúl, fírmasme un autógrafo?”.
- A vida de Donato nun libro con acento costeiro.
- Novo repaso aos Pichichis do Fútbol da Costa.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).