Axenda futboleira dunha fin de semana de Copa


Afrontamos a fin de semana das Letras Galegas con moito fútbol por diante. Unha fin de semana na que se pecharán varias ligas, como a de Preferente, a División de Honra Galega Cadete ou a 1ª Cadete, pero que ten un gran sabor a www.copadacosta.comCopa da Costa. I é que teremos os Oitavos dos modestos e dos Veteranos, e dúas finais, a da Copa Infantil e Xuvenil, que farán da tarde dominical unha festa do fútbol base en Vimianzo.
Convulso parte de sancións
Antes de ir coa previa, falamos do completo parte de sancións, que trae a decisión do Sofán de retirarse da Copa. E tamén a do comité de sancionar ao Fisterra por aliñación indebida de Bruno durante o partido co Cabana. O Cabana, que denunciara o feito a semana pasada antes da última e decisiva xornada, suma así 3 puntos e case queda en zona "uefa". Mentres, o Fisterra perde eses 3 puntos e o Outes o supera na táboa da 2ª Autonómica, acadando a 4ª praza, e deixando 5º ao cadro fisterrán.
Ademais, o Ameixenda presentou alegacións por non teren xogado a prórroga na final ante o Seaia, polo que estaremos atentos ás novidades.
Unha fin de semana de Copa
Así que comezamos o repaso pola senlleira competición costeira e o facemos ca nova de última hora que traíamos onte da retirada da SD Sofán, que se centrará na Fase de Ascenso, i é que malia que descansa esta semana a SD prefire focalizar esforzos para acadar o ascenso, o gran obxectivo marcado a comezos de curso.
Deste xeito, o Castriz, que xa non tivera que xogar a volta dos Dezaseisavos, métese, sen mancharse, en Cuartos.
No resto do cadro, temos varias citas copeiras o sábado, como un gran Fisterra-Malpica, un Buño-Dumbría, un apaixoante Soneira-Corme, ou un XSC-Ameixenda. Para o domingo quedarán os fantásticos Outes-Cee, Zas-Volantes e Baio-Ponteceso. Partidazos!
E como dicimos, o domingo será cita copeira en Vimianzo para Infantís e Xuvenís, con doble presencia cormelá, dando a sorpresa para moitos en ambas categorías e pensando en completar un ano inmellorable tralo merecidísimo título da Liga da Costa.
Ás 16:30h arrincará a final da I Copa da Costa Infantil, e o Cee parte como favorito, tras gañala liga, ante un Corme que, ollo, recupera a efectivos importantes.
De seguido, ás 18:15h, toca a hora da Final da Copa Xuvenil. Parte como favorito o poderoso Dumbría, despois desta temporada de escándalo, tras vencer os dous grupos de Liga, e pensando na Fase de Ascenso á Liga Galega. O Corme, tamén con case todo o plantel, loitará ata o final.
O domingo pola mañá será o día da ida dos Oitavos da Copa de Veteranos.
E xa sabedes que todos estes cadros das Copas e das Promocións están actualizados ao segundo en www.copadacosta.com.
Aínda quedan Ligas
Cun derbi sen importancia remata a Preferente. Pero se para Dumbría e Soneira non hai nada en xogo, haberá que estar atentos ao XSC que ultima as súas opcións de permanencia, malia que a cousa está moi complicada. Necesita gañar e esperar que ascendan os dous equipos da fase de ascenso, Silva e Viveiro, polo que durante este mes durmirá na 1ª Autonómica soñando con que os dous equipos lle regalen unha salvación.
Remata tamén o periplo do Dumbría pola División de Honra Cadete. Tras unha fatal segunda metade do campionato o cadro dumbriés non quere perder para manter a 11ª praza, logo de estar durante boa parte da Liga loitando entre os 4 mellores.
Aínda quedan 5 xornadas na Liga Galega Infantil, cun XSC case que descendido e un Dumbría que non pode fallar ante o Viveiro para manter a categoría.
Si que remata, con todo decidido, a 1ª Cadete, xo XSC campión destacado e co Cabana que o acompañará na búsqueda da Liga Galega.
Pero aínda quedan 5 xornadas para o peche das Ligas F8 Norte, mentres que polo Sur teñen o Torneo F8 UC Cee.
Preferente, xornada 38
Dumbría | 18/05 - 16:00 | Soneira |
Xallas StComba | 18/05 - 18:00 | Viveiro |
Copa da Costa, Ida dos Oitavos

- Podedes ver como queda o cadro actualizado en www.copadacosta.com.
Copa da Costa Xuvenil, Final

- Podedes ver como queda o cadro actualizado en www.copadacosta.com.
I Copa da Costa Infantil, Final

- Podedes ver como queda o cadro completo en www.copadacosta.com.
División de Honra Cadete, xornada 34
Lalín | 17/05 - 11:00 | Dumbría |
Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, Grupo 2 Norte, xornada 14
Calasanz | 17/05 - 10:15 | XSC |
Viveiro | 17/05 - 10:30 | Dumbría |
1ª Cadete, xornada 26
As Baleas | 15/05 - 19:30 | Cee |
Coristanco | 17/05 - 10:30 | Outes |
Muros | 17/05 - 16:00 | Muxía |
Corcubión | 17/05 - 17:00 | Esteirana |
Baio | 17/05 - 10:30 | Cabana |
Xallas StComba | 17/05 - 11:30 | Zas |
- Descansa Fisterra.
Torneo F8 UC Cee

Alevín, F-8 Costa Norte, xornada 14
EF Corcubión | 15/05 - 18:00 | Muxía |
Baio | 16/05 - 19:00 | E.M.F. Vimianzo |
As Baleas | 16/05 - 20:00 | Cabana |
Sofán | 17/05 - 11:30 | Coristanco |
- Descansa Corme.
Benxamín F-8 Costa Norte, xornada 14
Baio | 16/05 - 18:00 | E.M.F. Vimianzo |
As Baleas A | 16/05 - 19:00 | Cabana |
Ponteceso | 16/05 - 19:30 | Muxía |
Sofán | 17/05 - 10:30 | Coristanco |
Corme | 17/05 - 11:00 | As Baleas B |
Copa da Costa de Veteranos, Ida dos Oitavos

- Podedes ver como queda o cadro completo en www.copadacosta.com.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
Crónicas da semana
- O Ameixenda reclama a prórroga.
- O Sofán retírase da Copa.
- Copa Xuvenil: O Corme tivo que loitar a finalísima ante un gran Muros e enfrontarase ao potente Dumbría.
- Os Infantís, que triufan nas Comarcais de FS, xa teñen finalísima da Copa da Costa.
- O Sofán xa ten rivais para a Fase de Ascenso á 1ª.
- A gran festa do ascenso do Seaia viviuse en autobús.
- 2ª Autonómica: O Volantes mira cara 3ª.
- 1ª Autonómica: A Esteirana adica á permancia aos seus capitáns.
- Preferente: O XSC ten pé e medio na 1ª Autonómica.
- Promoción 3ª: Os penaltis dan o pase ao Seaia fronte a un gran Ameixenda.
- Resultados e crónica dunha xornada de ascensos, descensos e finais do Fútbol da Costa.
Artigos relacionados
- Juan de Dora: “Diego Lobelos e Óscar Leis son coma dous irmáns.
- Unha Liga da Costa por ti, Guille.
- Dous xogadores e unha xogadora costeiros á Selección Coruñesa sub-14.
- 4 campións con Biberón.
- Pablo Varela; O Corme bate nas portas do Paraíso.
- Os Biberones tamén teñen a súa I Copa da Costa.
- A febre deportivista espállase por Verdillo.
- Baio e Porteño celebraron os 50 anos da Liga da Costa.
- Xa chegaron os cromos da SD Fisterra.
- Lema Suárez: O 12 de abril, a data exacta dos 50 anos da Liga da Costa.
O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).