Chega unha nova xornada do Fútbol da Costa (fáganse siareiros desta páxina de Facebook para seguir toda a actualidade ao segundo). E nesta penúltima fin de semana de novembro, máis de 80 partidos teremos en competición.
Comezamos a Previa pola Preferente - Senra Sport, con partidos contra equipos da zona media-alta. O XSC quere meterse dunha vez por aí arriba, e terá que superar ao 5º, un Mugardos que visita Fontenla tras gañar só 1 dos 6 últimos partidos. O Dumbría terá unha complicada saída a Dubra, que tras dúas vitorias seguidas está un punto por diante dos de Canosa e Lobelos, polo que o partido é crucial para seguir ascendendo posicións, e achegarse á Promoción, que ten a só 2 puntos.
E despois de moitas xornadas con enfrontamentos costeiros, non teremos derbi na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. Pero si choques importantes. O Sofán, líder, visita a un Amio na metade da táboa. O Baio non quere perder comba e non poderá perder ante un rival semellante, o Lesende. Máis abaixo o Soneira pode sacar tallada do mal comezo de campaña do filial do Bertamiráns. Directos serán os choques do Corme ante a visita do Sigüeiro, e da Esteirana en Padrón ante o Flavia. Mentres, o Malpica quere seguir ascendendo pero terá que superar a un Agolada na zona alta.
A xornada chega moi intensa na 2ª Autonómica - ES Bazarra. Por arriba, o líder San Lorenzo recibe ao Cabana, mentres os seus perseguidores, Zas e Castriz, terán complicadas saídas contra Fisterra e Baíñas.
Na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, o Muxía-Coristanco xogarase en Arliña, despois de ter cambiado a orde na primeira volta. O Coristanco terá que gañar se non quere deixar escapar, máis, ao líder, un Ameixenda ao que lle toca descansar. Mentres, o Muxía aínda ten opcións de meterse na loita pola Promoción, pois esta liga de 4 voltas é moi longa. O partidazo da xornada será o Lira-Corcubión. Os lirachos rompían unha mala xeira a semana pasada e buscan a 2ª praza. Ademais, o Nantón pode sumar ante o Laxe e o Castrelo quere meterse definitivamente na pelexa sacando algo positivo de Xaviña, ante un Cerqueda que está nun dos seus mellores momentos.
Categorías Base
Despois de repasar a todos os pichichis do Fútbol Base da Costa, co duelo entre Javi e Juan de Dora como telón de fondo nos Xuvenís, a xornada na Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte ten varios partidazos. Como o Esteirana-XSC con dous equipos que chegan empatados na 3ª praza. Os Miúdos, hoxe 2º, recibe a un Cee que pode meterse de cheo na pelexa, mentres Outes e Fisterra decidirán quen é o equipo en subirse a un dos últimos trens.
Mentres, polo Norte, o líder Cabana recibirá a un Ponteceso que leva mellor fútbol que resultados, pero que aínda está a tempo de colarse arriba. O Camariñas defenderá a súa segunda praza ante outro dos que poden sumarse ao grupo cabeceiro, o Zas, noutro partido clave. Porteño, Coristanco e Corme non poderán fallar ante Laxe, Malpica e Baio.
Nas Ligas Galegas, o Dumbría da División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría non pode fallar ante un dos da zona baixa, porque unha derrota podería metelo de novo en perigo. Para o XSC toca xornada premio, coa visita do Deportivo B, mentres en Infantís pode seguir subindo posicións buscando a metade alta da táboa ante un Viveiro que chega cos mesmos puntos.
Nas Ligas Locais, teremos un interesante Cabana-Cee na 1ª Cadete e os XSC-Os Miúdos e Fisterra-Cabana na 1ª Infantil como partidos destacados.
E xa, pola 4ª xornada, as Ligas F8 Alevín Costa Sur e F8 Benxamín Costa Sur.
Veteranos
Quente chega a xornada na 1ª División, na que o colíder, o Coristanco, aínda imbativo, visita ao Bértoa, mentres o Hosgran, despois da xornada de descanso terá unha das pedras de toque da temporada, o Soneira..
Na 2ª División, tralo choque directo da semana pasada, o que quedou máis líder, o Agualada, visita ao Dep. Carballo, menrtres o Erbecedo recibe ao Buño. Ademais, o Porteño visita Corcoesto, e o San Isidro-Razo, que completa o cuarteto de arriba, visita ao Vimianzo.
Estes son todos os partidos:
| Xallas StComba | 23/11 - 16:30 | Gal. Mugardos |
| Dubra | 23/11 - 16:30 | Dumbría |
| Corme | 23/11 - 16:00 | Sigüeiro |
| Bertamiráns B | 23/11 - 16:15 | Soneira |
| Flavia | 23/11 - 16:15 | Esteirana |
| Baio | 23/11 - 16:15 | Lesende |
| Malpica | 23/11 - 16:15 | Agolada |
| Amio | 23/11 - 16:30 | Sofán |
| Camelle | 22/11 - 16:15 | Seaia |
| Volantes | 23/11 - 16:00 | Cee |
| Porteño | 23/11 - 16:15 | Buño |
| San Lorenzo | 23/11 - 16:15 | Cabana |
| Fisterra | 23/11 - 16:15 | Zas |
| Baíñas | 23/11 - 16:15 | Castriz |
| Ponteceso | 23/11 - 16:15 | Carnota |
| Mazaricos | 23/11 - 16:15 | Camariñas |
| Outes | 23/11 - 17:00 | Montelouro |
| Muxía | 23/11 - 16:15 | Coristanco |
| Lira | 23/11 - 16:15 | Corcubión |
| Nantón | 23/11 - 16:15 | Laxe |
| Cerqueda | 23/11 - 17:00 | Castrelo |
| Esteirana | 22/11 - 15:45 | Xallas StComba |
| Os Miudos | 22/11 - 16:15 | Cee |
| Outes | 22/11 - 16:15 | Fisterra |
| Corcubión | 22/11 - 16:15 | Muxía |
| Castriz | 22/11 - 16:15 | Dumbría |
| Camariñas | 22/11 - 16:15 | Zas |
| Laxe | 22/11 - 16:15 | Porteño |
| Coristanco | 22/11 - 16:15 | Malpica |
| Baio | 22/11 - 16:15 | Corme |
| Cabana | 22/11 - 18:00 | Ponteceso |
| Dumbría | 22/11 - 16:30 | Santa Mariña |
| Xallas de Santa Comba | 22/11 - 12:00 | Deportivo B |
| Dumbría | 22/11 - 12:00 | Viveiro |
| Os Miudos | 22/11 - 10:30 | Fisterra |
| Cabana | 22/11 - 16:00 | Cee |
| As Baleas | 22/11 - 16:00 | Baio |
| Sofán | 22/11 - 18:45 | Esteirana |
| Coristanco | 23/11 - 10:00 | Ponteceso |
| Corme | 23/11 - 11:00 | Muxía |
| Coristanco | 22/11 - 10:30 | Sofán |
| Corme | 22/11 - 10:30 | Outes |
| Zas | 22/11 - 16:30 | Vimianzo |
| Ponteceso | 22/11 - 18:00 | Cee |
| Fisterra | 23/11 - 10:30 | Cabana |
| Os Miudos | 23/11 - 11:00 | Xallas StComba |
| Dumbría B | 21/11 - 18:30 | XSC A |
| Dumbría | 22/11 - 11:00 | Cee B |
| Esteirana B | 22/11 - 11:00 | As Baleas |
| Fisterra | 22/11 - 12:00 | Sofán |
| Lira | 22/11 - 12:00 | Os Miúdos B |
| Esteirana A | 22/11 - 13:00 | Os Miúdos A |
| Outes A | 22/11 - 19:30 | Cee A |
| XSC B | 21/11 - 19:00 | As Baleas |
| Dumbría | 22/11 - 10:00 | Cee B |
| Fisterra | 22/11 - 11:00 | Sofán |
| Esteirana | 22/11 - 12:00 | Os Miúdos A |
| Lira | 22/11 - 13:00 | Miúdos B |
| Outes | 22/11 - 18:30 | Cee |
Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 11
| Dumbría | 23/11 - 11:00 | At. Milagrosa |
| Hosgran | 23/11 - 11:00 | Soneira |
| Cabana | 23/11 - 11:00 | San Lorenzo |
| San Román | 23/11 - 11:00 | Ponteceso |
| Baio | 23/11 - 11:00 | Xv. Bergantiños |
| Bértoa | 23/11 - 11:30 | Coristanco |
| Zas | 23/11 - 11:00 | Castriz |
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 11
| Poniente | 23/11 - 11:00 | Malpica |
| Cerqueda | 23/11 - 12:00 | Nantón |
| Camariñas S.D.V | 23/11 - 11:00 | Leiloio |
| Corcoesto | 23/11 - 11:00 | Porteño |
| Dep. Carballo | 23/11 - 09:30 | Agualada |
| Erbecedo | 23/11 - 10:00 | Buño |
| Vimianzo | 23/11 - 11:00 | San Isidro-Razo |
Máis información
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).