Martes. 10.09.2024
El tiempo

Axenda futboleira para unha xornada de derbi

Axenda futboleira para unha xornada de derbi
Marcos e Pichi dous baluartes de XSC e Soneira -Foto-Jorge Parri

Xa temos Cadro da Copa da Costa 2015, pero a competición ligueira non para. Esta última fin de semana de novembro chega completa de auténtico Fútbol da Costa.

E coma sempre, comezamos o repaso á Previa por arriba, pola Preferente - Senra Sport, na que os nosos protagonizan un importantísimo derbi, que será, sen dúbida, o partido da xornada. O Dumbría, en liña ascendente, recibe a un XSC que vai camiño contrario, de xeito que se ollásemos as tendencias poríamos un 1 na quiniela, pero sabemos que nestes choques pode pasar de todo. Sorte aos dous e que o domingo nos deixen un gran espectáculo no Conco.

Ademais, volven os derbis á 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. A Esteirana, que ademais prescindía do míster, Juan Rey, esta semana, recibe a todo un Baio mentres busca adestrador. O cadro esteirán necesita vencer para saír dos postos de descenso, mentres o Baio non quere perder a comba do líder, un Sofán que terá un choque directo no seu fortín, o Carral, ante o Agolada.
Ademais, o Corme necesita gañar un partido despois de 7 sen facelo, e terá que visitar a un rival da zona baixa como o Lesende. O Soneira non se pode despistar e recibirá a visiat dun Puebla 3º na táboa. Por último, o Malpica quere seguir escapando dos postos de perigo, e continuar coa súa melloría superando a un Sigüeiro que ten a tiro na clasificación.

Continúa a loita no alto da táboa da 2ª Autonómica - ES Bazarra. O líder, o San Lorenzo, visita a un Seaia que no seu primeiro ano na categoría está facéndoo de marabilla, sendo ademais o segundo equipo menos goleado xunto ao Zas. Precisamente o Zas espera un tropezón dos de Verdillo para reducir a vantaxe de 4 puntos, pero en fronte terá a un Volantes que comezou a campaña moi forte e que só está a 6 dos zasenses.
Tamén houbo movemento no banco do Ponteceso. A pesar do bo xogo do equipo, non chegaban os resultados e Marco decidía dimitir, sendo Barca, o que fora meta do equipo e actual adestrador de cadetes e das rapazas do Vila de Pondal FSF, o que toma o relevo. Barca terá que visitar ao 3ª na táboa, todo un Castriz. Ademais, o Cee-Outes prevese un choque interesante e pode ser un dos últimos vagóns do Cee.
Pero a xornada tamén estará marcada polo derbi camariñán entre Porteño e Camelle, con máis necesidades para os camelláns.

Moi interesante se presenta a xornada na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. O líder destacado, o Ameixenda, visitará á revelación da liga, un Castrelo que aínda ten opcións de pelexar polos 6 primeiros postos. Descansa o Coristanco, pero teremos un choque directo entre dous de arriba, como o Corcubión-Nantón tamén do sábado. O domingo, o Lira e o Cerqueda non poden fallar ante Muxía, que ollo, tamén está a tiro de meterse na pelexa, e Laxe, algo máis afundido.

Xa na Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, o Dumbría que superar ao 2º, Os Miúdos, nunha boa pedra de toque para pulsar a teórica superioridade dos dumbrieses. Ademais, XSC e Esteirana, que seguen pelexando polas 3 primeiras prazas, terán partidos importantes, ante Outes e Cee, coa necesidade de vencelos para deixalos lonxe unha vez que xa case estamos na conta atrás.
Polo Norte, o líder, o Cabana, visita ao pechacancelas, un irregular Malpica capaz de calquera cousa. Por detrás, os equipos camariñáns terán choques directos cos tivais directos polas prazas de arriba. O Camariñas visita a un Corme a só 5 puntos, e os da Ponte reciben a un Coristanco a só 3 da 3ª praza.

Saídas complicadas para os nosos nas a href=http://www.futboldacosta.com/?deporte=1&temporada=6&tc=95>Ligas Autonómicas - Aluminios Dumbría, mentres nas Locais, na 1ª Cadete, teremos choques directos entre os de arriba, como o Fisterra-Cabana, dúas canteiras históricas do noso fútbol. O Cee-Corme tamén será de aúpa, e que podemos dicir do derbi Esteirana-Os Miúdos, cos dous equipos na zona alta.

E xa nas Ligas de Veteranos, teremos unha xornada fantástica na 1ª División, pois dos 7 de arriba, descansa o Zas, e os outros 6 se enfrontan entre si. O Hosgran, líder, visita ao 7º, o San Lorenzo; o 2º, o Coristanco, recibe a un Baio 6º; e o Municipal de Vimianzo acollerá un partidazo entre Soneira e Dumbría.

Estes son os máis de 80 partidos en liza para esta fin de semana:

Preferente - Senra Sport, xornada 14

Dumbría 30/11 - 16:30 Xallas StComba

1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 13

Esteirana 30/11 - 16:15 Baio
Lesende 30/11 - 16:15 Corme
Sofán 30/11 - 16:15 Agolada
Soneira 30/11 - 16:30 Puebla
Sigüeiro 30/11 - 17:00 Malpica

2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 13

Cabana 29/11 - 17:00 Fisterra
Porteño 30/11 - 16:15 Camelle
Seaia 30/11 - 16:15 San Lorenzo
Cee 30/11 - 16:15 Outes
Montelouro 30/11 - 16:15 Baíñas
Carnota 30/11 - 16:15 Mazaricos
Zas 30/11 - 16:30 Volantes
Castriz 30/11 - 17:00 Ponteceso
Buño 30/11 - 17:00 Camariñas

3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 13

Corcubión 29/11 - 16:00 Nantón
Castrelo 29/11 - 16:15 Ameixenda
Muxía 30/11 - 16:15 Lira
Laxe 30/11 - 16:15 Cerqueda
  • Descansa Coristanco.

Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, xornada 13

Dumbría 29/11 - 16:15 Os Miudos
Cee 29/11 - 16:15 Esteirana
Fisterra 29/11 - 16:15 Corcubión
Muxía 29/11 - 16:15 Castriz
Xallas StComba 29/11 - 16:30 Outes

Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte, xornada 13

Zas 29/11 - 16:15 Laxe
Porteño 29/11 - 16:15 Coristanco
Malpica 29/11 - 16:15 Cabana
Ponteceso 29/11 - 18:15 Baio
Corme 30/11 - 11:00 Camariñas

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 12

Lalín 29/11 - 18:00 Dumbría

Liga Galega Cadete, xornada 12

Eume Dep. 29/11 - 16:00 Xallas StComba

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 12

Víctoria 29/11 - 12:00 Dumbría

1ª Cadete, xornada 12

Fisterra 29/11 - 10:00 Cabana
Outes 29/11 - 10:30 Muxía
Cee 29/11 - 12:00 Corme
Esteirana 29/11 - 16:30 Os Miudos
Ponteceso 29/11 - 16:30 As Baleas
Baio 30/11 - 10:00 Sofán
  • Descansa Coristanco.

1ª Infantil, xornada 12

Sofán 29/11 - 12:15 Zas
Cabana 29/11 - 15:15 Ponteceso
Vimianzo 29/11 - 18:15 Os Miudos
Cee 30/11 - 10:30 Coristanco
Outes 30/11 - 10:30 Fisterra
Esteirana 30/11 - 10:30 Corme
  • Descansa XSC.

F8 Alevín Costa Sur, xornada 5

Cee A 28/11 - 18:30 Dumbría B
Cee B 29/11 - 11:00 Outes A
XSC A 29/11 - 12:00 Lira
Fisterra 29/11 - 13:00 Dumbría
Os Miúdos B 29/11 - 13:00 Esteirana A
Os Miúdos A 29/11 - 13:00 Esteirana B
Sofán 29/11 - 17:30 As Baleas

F8 Benxamín Costa Sur, xornada 5

Cee B 29/11 - 10:00 Outes
XSC A 29/11 - 11:00 Lira
Fisterra 29/11 - 12:00 Dumbría
Os Miúdos B 29/11 - 12:00 Esteirana
Os Miúdos A 29/11 - 12:00 XSC B
Sofán 29/11 - 16:30 As Baleas
  • Descansa Cee A.

Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 12

Xv. Bergantiños 30/11 - 09:30 San Román
At. Milagrosa 30/11 - 10:00 Laxe
Soneira 30/11 - 10:00 Dumbría
Coristanco 30/11 - 10:00 Baio
San Lorenzo 30/11 - 11:00 Hosgran
Ponteceso 30/11 - 11:00 Cabana
Castriz 30/11 - 11:00 Bértoa
  • Descansa Zas.

Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 12

Buño 30/11 - 10:00 Dep. Carballo
Malpica 30/11 - 11:00 Vimianzo
Nantón 30/11 - 11:00 Poniente
Leiloio 30/11 - 11:00 Sofán
Porteño 30/11 - 11:00 Camariñas
Agualada 30/11 - 11:00 Corcoesto
San Isidro-Razo 30/11 - 11:00 Erbecedo
  • Descansa UD Cerqueda.

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios