Berto deixa o Ponteceso


Curioso ver as loitas mediáticas pola primicia nesto do fútbol da Costa. Pero a realidade é así, e parece que a nova da baixa de Berto como adestrador do Ponteceso é unha nova máis que codiciada. De feito, os xogadores non ían saber a nova ata o adestramento de hoxe mércores, pero a primicia, para algún medio, está por riba do benestar dos clubes.
O caso é que Berto é o segundo adestrador que marcha nas últimas semanas. Trala dimisión de Manolito como míster do Soneira, Berto asume as responsabilidades da mala racha dos pontecesáns e deixa o equipo nas mans de Marco, ata hoxe segundo adestrador.
Segundo informa a directiva do Ponteceso S.D. a decisión tomouse nunha reunión entre membros da xunta directiva e o propio adestrador. Logo de que a directiva lle comunicase a súa preocupación pola situación, o adestrador propúxolle á xunta directiva a búsqueda dunha alternativa para cambiar a actual situación.
Ante esto, a directiva tomou a desíción de darlle a responsabilidade do primeiro equipo ó actual segundo adestrador Marco.
Máis información
Novas relacionadas
- A Selección da Costa raiou a gran nivel en Fontenla.
- 3ª Autonómica: O Porteño frea ao Montelouro e o Outes segue sumando.
- 2ª Autonómica: Corme e Nantón escadan posicións a costa de Zas e O Pindo.
- Resultados do 1 de novembro.
- 3ª Autonómica: Unha xornada marcada.
- 2ª Autonómica: O Camariñas suma un set.
- Preferente: Uns van e outros veñen.
- 1ª Autonómica: En postos de descendo.
- Resultados da última fin de semana de outubro cun grave incidente.
- A Bitacora da Semana: O blog da S.D. Camelle.
- A bitácora da semana (CXLI): O blog do San Lorenzo de Verdillo.
- Video entrevista co xuvenil malpicán Juny.
- Un Dumbría descarado.
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (II).
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (I).
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido a Alberto Pose.
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- Vimianzo lembrou a Martín Pena.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).