Cabana segue apostando polo fútbol base cunha nova edición do seu Torneo e Cee estrea un de Infantís

10:16 12/06/13
Xa está en marcha o V Torneo de Fútbol Base Cabana SD. Unha das boas mostras da aposta da familia rossonera pola canteira. Aínda co mal sabor de boca da Fase de Ascenso Xuvenil, a familia cabanesa ponse ao lío para preparar o torneo para os días 22 e 23 de xuño.
O torneo disputarano 30 equipos das categorías benxamín e alevín. Equipos da Costa pero tamén da Coruña. Formarán 4 grupos en cada categoría e pasarán a Cuartos os 8 mellores. Unha Fase Final que se celebrará o domingo, dende as 10:00h, no Campo das Redondas, por suposto.
Xa esta todo listo para o primeiro torneo Infantil "Verán 2013" do Unión Club Cee, que se disputará o vindeiro sábado 15 de xuño no campo Municipal San Paio de Refoxos.
Seis son os equipos participantes:
Calendario do Torneo de Fútbol Base Cabana SD 2013


Torneo Infantil de Cee

Grupo A | Grupo B |
U.C. Cee. | As Baleas. |
Fisterra. | Dumbría. |
Compostela. | Bergantiños. |
Novas relacionadas
- O Sporting Seaia busca fondos cun Torneo para poder federarse.
- A maxia pisou o Conco.
- Os equipos costeiros de Preferente e 1ª non terán descanso pola Copa Deputación.
- Unha de Torneos por Carnota, Muros e ata Tordoia.
- Os pequenos do Dumbría e o IDC foron recibidos polos seus alcaldes.
- A Asociación de Clubes abre o prazo para solicitar a organización da II Gala do fútbol costeiro.
- Xa temos nominados para os Premios do Fútbol da Costa.
- 50 anos da Copa da Costa cos Oliver e Benji do Ghañan Style.
Artigos relacionados
- Videoentrevista de Anxo Garrido con dous cadetes dumbrieses a piques de facer historia.
- Alberto Pose: Por motivos xeográficos.
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).