Xoves. 09.05.2024
El tiempo

Fases de Ascenso: Só os infantís do XSC achéganse á Liga Galega e a Esteirana di adeus entre bágoas

Fases de Ascenso: Só os infantís do XSC achéganse á Liga Galega e a Esteirana di adeus entre bágoas
Os cadetes da Esteirana, nunha imaxe de instagram de Manuel Fdez, despedíronse cunha ovación das que non se esquecen

Tralos agarrotados partidos de ida das semifinais, só nos queda o equipo infantil do Xallas de Santa Comba en competición, pelexando por unha praza na Liga Galega. Os outros 4 equipos caeron nestas semis, algún con máis rotundidade que outros, tendo que salientar o enorme traballo do equipo cadete da Esteirana, que tras unha temporada absolutamente impecable, despedíase de toda a súa afección cunha ovación verdadeiramente escalofriante.

Contámolo categoría a categoría:


Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, volta das semifinais

Xuv. Oroso - XSC (3-0)

Os Xuvenis do XSC tamen quixeron mandar un guino ao lesionado Orlando-Fot-XSC
  • XSC: Couto, Cristian, Roberto, Dani Martínez, Miguel (Sergio Barbeira, min.65), Diego Maneiro (Fanián, min.58), Styven (Josito, min.78), Torres (Tefi, min.62), Landeira, Marquiños, Iván (Balsa, min.75).
  • Goles: 1-0, mn.25; 2-0, min.27; 3-0, min.70.

Nada puido facer o cadro de Rafa para remontar o 0-1 da ida. E iso que na primeira metade tiveron varias opcións os xallleiros, con 20 primeiros minutos moi bos e varias ocasións, como un remate de Dani Martínez, ou unha de Roberto nun dos 6 ou 7 saques de esquina dos que dispuxeron os xalleiros nese primeiro cuarto de hora. Os locais estaban algo temerosos, e contaron con algo de fortuna, cando no ecuador, Cristian Caamaño recibía un forte golpe no nariz, e mentres estaban tratándoo na banda, co equipo con 10, os locais fixeron 2 goles en apenas 2 minutos. Foi o momento clave do partido, pero claro, era algo serio pois malia que puido continuar todo o partido, ao final foi ao Hospital e efectivamente tiña o nariz roto.

Iván Pastoriza unha clarísima antes do descanso pero o marcador quedaba 2-0 e a eliminatoria practicamente sentenciada. Aínda así, os xalleiros saíron volcados na segunda, e pediron un penalti, e contaron con varias ocasións boas de Landeira e Fabián, que non puideron acabar en gol.

Remata así unha gran temporada do equipo dirixido por Rafa, que terá que reforzar o equipo unha vez que algunha das súas estrellas como Marquiños pasa de categoría.

Cabana - Sporting Estrada (1-2)

Imaxe do Cabana-Estrada-Foto- Isa Lema
  • CABANA: Adrián (Chechu, min.75), Dani Mato (Cristian Varela, min.80), Raúl, Samuel, Laik, Pablo, Aless, Álex (Ferreiro, min.66), Cristian, Moreno (Martinciño, min.72), Iván Mato (Rubén Darío, min.75).
  • SP. ESTRADA: Pancho (Fran, min.74), Martín (Ferreira, min.72), Huse, Chan, Plata, Fer, Louzao, Regue, Adri (Diego, min.68), Varela e Ulla.
  • Goles: 1-0, min.15: Lanzamento lonxano de Álex, que se cola na portería estradense coa colaboración de Pancho. 1-1, min.27: Obús de Martín que se cola pola escadra da portería de Adrián. 1-2, min.83: Falta sacada con rapidez por Varela que define Chan ante a saída de Chechu.
  • Campo: Municpal de As Redondas (Cabana). Pobre entrada cuns 75 afeccionados, unha terceira parte eran seguidores estradenses.
  • Árbitro: Daniel Sánchez Rey (A Coruña). Estivo ben, nun partido no que non houbo complicacións.

Partido especial o que se puido vivir nas Redondas para a familia do Cabana SD, que despedía o seu míster Carracedo, que poñía fin a súa etapa logo de cinco anos ao servicio do conxunto nerazzurri. En canto, ao fútbol se refire, os cabaneses demostraron que son capaces de facerlle frente ao equipo estradense, que se adicou a manter a vantaxe que conseguiron no encontro de ida.

O Cabana comezou máis forte, con máis intensidade e con máis gañas que o Sporting. Moreno poñería en serios apuros a Pancho, no minuto 12, cun lanzamento dende a frontal da área que atrapa o porteiro visitante con dificultades. Ao cuarto de hora de partido adiantaríanse os locais cun lanzamento lonxano de Álex que se adentraría no portal de Pancho coa colaboración do gardameta estradense. De novo, Moreno esta vez a balón parado intentaría aumentar a vantaxe do conxunto nerazzurri pero Pancho cunha gran resposta enviaría o esférico a córner.
No minuto 27, empataría o Sp. Estrada a balón parado, unha falta lanzada por Martín que entra na porta de Adrián como un auténtico obús. Minutos antes do descanso, os estradenses terían unha gran oportunidade para irse co 1 a 2 ao descanso. Gran xogada colectiva do conxunto verde-amarelo, o balón chégalle a Ulla pero Laik chega a tempo para desviar a córner o lanzamento do xogador estradense. Co empate a 1, e cun partido con pouca emoción chegaríamos ao descanso.

A segunda metade comezaría cun arreón do equipo local, que dispoñería de dúas ocasións casi consecutivas. No minuto 46, gran centro de Moreno e Aless, só ante o porteiro, erra con todo ao seu favor. Dous minutos despois, Dani Mato é quen de salvar a saída do porteiro, Pancho, pero Chan chega a tempo para despexar o balón en línea de gol. Os estradenses darían a réplica, tras un erro garrafal de Laik que lle cede o esférico a Ulla pero o disparo do xogador estradense vaise a rentes do pau.
O Cabana tería dúas opcións de volver a poñerse por diante, no minuto 67, unha gran xogada individual de Cristian que mete o pase á espalda da defensa para Aless, pero este non é quen de resolver ante a saída de Pancho, e sete minutos despois, o cadete Sergio Ferreiro intenta sorprender cun gran lanzamento dende fóra da área pero mellor é a resposta do porteiro estradense que desvía o esférico a córner.
Cando corría o minuto 82, o Sporting Estrada poñería o 1 a 2 definitivo nunha xogada a balón parado, falta sacada con rapidez polo máis listo da clase, Varela, e Chan define ante a saída de Chechu. A un minuto para o final do encontro, Aless estivo a piques de sorprender a Fran dende o medio campo, pero o seu lanzamento vaise a rentes do pau.

Os xuvenís do Cabana SD despiden unha gran tempada, logo de que os homes de Carracedo fosen quen de impoñerse na liguilla previa á fase de ascenso e chegar a semifinais da Copa da Costa.

Imaxe do Cabana-Estrada-Foto- Isa Lema

Fase de Ascenso á Liga Galega Cadete, volta das semifinais

Esteirana - Santa María (1-1)

Espectacular a despedida que lle brindou un ateigado Xose Luís Vara Oliveira a este equipazo que pecha a campaña con varias ducias de vitorias, e tan só unha derrota e un empate, os colleitados nesta eliminatoria ante un Santa María do Mar que tivo moita sorte. De novo os blaugranas estiveron moi atenazados pola presión, e malia controlar o partido non puideron matalo.

Raúl Lestón puña en vantaxe aos locais na primeira igualando a eliminatoria, pero un tanto vistante no ecuador do segundo tempo daba o pase ao Santa María do Mar.

Como dicimos, cómpre salientar o aplauso que levou o equipo esteirán de toda unha parroquia volcada. A emoción palpábase e de seguro que estes rapaces, a pesar da derrota e a eliminación, non esquecen o acontecido este pasado domingo nunca.

Arteixo - Cee (4-0)

Xa viña o encontro sentenciado do 0-6 da ida, e os ceenses apenas conseguiron meterse no partido. Foi un choque sen demasiada tensión que os arteixáns solventaron con facilidade.
Remata así a tempada o cadro ceense.

Fase de Ascenso á Liga Galega Infantil, volta das semifinais

Xallas de Santa Comba - Villestro (6-1)

  • XSC: Yerai, Pablo Dominguez, Alberto, Raul, Adrian Rodriguez, Juan, Marcos, Juanjo, Martin, Carlos e Jacobo. Tamén xogaron: Pablo Grille, Oscar, Mosteiro e Brais.
  • Goles: 1-0: Marcos; 1-1; 2-1: Marcos; 3-1: Marcos; 4-1: Jaco; (descanso) 5-1: Juan de falta; 6-1: Manu a pase de Juan

Xa o marcador da ida, 2-1 para o Villestro, non reflexou o visto no campo. E os rapaces verdes e laranxas saíron a pola vitoria dende o pitido final en San Pedro de Castriz. Pronto se puxeron as cousas de cara co gol de Marcos malia que os visitantes empataban de contado. Non decaeron os xalleiros e antes do descanso sentenciaron o partido, non sen antes ver como o colexiado expulsaba ao adestrador visitante así como a un xogador na segunda metade. Unha segunda con dous tantos máis para disfrute da parroquia local e do míster, Santi Casal.

Alberto, Juan, Marcos e Jaco fixeron un auténtico partidazo, e xa esperan a esa finalisima contra o Ciudad Jardín, que remontou ante o As Pontes, para poder disufrtar dun ascenso máis que merecido. A ida, o domingo ás 11:30h en San Pedro de Castriz.

Máis info


Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios