Corcubión e Cabana prepáranse para as súas Carreiras Populares
Dous sábados completos os que nos veñen por diante, para os amantes das carreiras. Corcubión e Cabana acollen sendas carreiras populares, un deporte en alza na Costa da Morte. E tanto se vemos que xa hai máois de 150 inscritos para cada unha das dúas carreiras.
Carreira de Corcubión
Este ano, a tradicional e simpática XII Carreira das Mercedes de Corcubión forma parte do I Circuito de Carreiras Populares Costa da Morte. A cita será o sábado 20 de setembro ás 17:00h pola vila corcubionesa.Ata o mércores día 17 de setembro ás 23:59 continúa aberto o prazo para inscribirse.
Poden participar na carreira nenos e nenas a partir dos 3 anos ata a categoría adulta repartidas en categorías do seguinte xeito: pitufo (nados 2007-2010), benxamín (2005-2006), alevín (2003-2004), infantil (2001-2002), cadete (1999-2000), xuvenil (1997-1998), sénior 5K (nacidos de 1996 en diante), sénior 10K (1996 – veteranos), veteranos M40 (40-49 anos) e veteranos M50 (50 anos ou máis).
Os primeiros en saír da lina de meta, situada na Praza do Concello, serán os atletas da categoría pitufo, ás 17:.30 horas; os seguintes corredores, os benxamins e alevins sairán ás 17:45; ás 18:00 para os atletas infantil e cadete, as 18:30 saldrán as categorías de xuvenil e 5k e as 19:00 será será o pistoletazo de saída para os atletas da Sénior 10K, veteranos M40 e M50.
As categorías infantís participan de xeito gratuíto na proba mentres que os sénior e veteranos teñen que realizar o pagamento de 5€, se teñen chip, e 6€, se non o teñen, para poderen participar. As inscricións adulta deben realizarse a través de Championchipnorte.com.
I Carreira Popular Dolmen de Dombate, Cabana
A cita cabanesa queda para o sábado 27 de setembro, con saída ás 17:00h, rodeando o Dolmen de Dombate. Serán 6 km para os peques e 10 para os maiores e o circuito contará con servizo de duchas e buses, con avituallamiento…
Xa poden inscribirse Championchipnorte.com.
Novas relacionadas
- Mercedes 2012: Carreira corcubionesa.
- Mercedes 2010: Procesión, orquestras, carreira e corais nas Mercedes de Corcubión.
- Mercedes 2009: Unha carreira distinta.
Novas relacionadas
- Vimianzo e Dumbría soben á bici en setembro.
- 8 Concellos participan no I Circuito de Carreiras Populares Costa da Morte.
- A Carreira das Areas batíu todas as marcas.
- Vimianzo e Dumbría soben á bici en setembro.
- 7 heroes completan o Ultratrail Camiño dos Faros.
- 2013: Grande a XXII Carreira das Areas en Carnota.
- 2012: 118 corredores disputaron a máxica Carreira das Areas de Carnota.
- 2011: A Carreira das Areas triunfou un ano máis.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).