Doble bronce nos Campionatos Galegos para os peques do Manuela Rial

E veña alegrías que nos dan os equipos de volei da comarca de Fisterra. A semana pasada, os máis peques colleitaban grandes resultados nos Campionatos Provinciais. E esta, os alevíns completaron unha gran temporada./p>

Os alevíns do Manuela Rial tiveron un fin de semana completo de volei. O sábado disputaban na Coruña o Campionato Provincial e conseguian vencer claramente nas semifinais aos Franciscanos da Coruña e na final despois dun empate a un set o titulo decidiase no 3º set no que perderon 15-13 ante o equipo de Presaras.

Despois o domingo disputabase en Lugo o Galego Alevín e na fase de grupos o equipo do Manuela Rial venceron a Guillerme Brown de Ourense e o Emeve de Lugo para en semifinais perder ante o Narón Volea e acadar o bronce o vencer o Lugo na loita polo 3º posto do campionato.

Mentres, o equipo benxamín do Manuela Rial tamén acadou o bronce no campionato provincial o perder en semifinais ante Calasancias e vencer na loita polo tercer posto.

Ademais, as alevíns acabaron 4ª, despois de perder ante Liceo na semifinal e ante Noia na loita polo 3º posto.

Novas relacionadas

Fonte