Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Os cadetes do Volei Dumbría quedaron ás portas do título de Campións Galegos

Os cadetes do Volei Dumbría quedaron ás portas do título de Campións Galegos
Volei Dumbria na Final Galega Cadete

O equipo cadete do Voleibol Dumbria acadou o subcampionato na fase final celebrada en Dumbria este domingo. Un cadro costeiro que, tras unha temporada practicamente invito, foi caer na gran finalísima ante, iso si, un dos históricos do volei galego, o EMEVE.

No pavillón do Conco dumbriés comezaban ás 11.00 horas da mañá as dúas semifinais do Campionato Galego 2014, e enseguida o Emevé acadaba as primeiras vantaxes ante o seu rival, o Calasancias Coruña.
O arranque dos lucenses foi fulgurante cun 25-4 que non deu ningunha opción aos herculinos. Aínda que o Calasancias logrou recuperarse pouco a pouco para mellorar o seu xogo no segundo e terceiro parcial, non foi suficiente para vencer a un Emevé moi superior (25-14 e 25-20).
Así o equipo de Lugo completaba a final do Campionato Galego á que xa tivera acceso o equipo anfitrión, o Dumbría Volei, que minutos antes superaba coa mesma solvencia ao Boiro Voleibol nunha semifinal dominada polos da Costa da Morte (25-16/25-14/25-11).

A gran final

Final Cadete de Volei no Conco

Pola tarde chegou a gran final, na que o devir do primeiro set marcou a dinámica do encontro. Os de Dumbría mantiveron sempre o nivel e apretaron en todo momento a un Emevé que pese a todo, foi quen de manter unha pequena vantaxe dende o comezo (13-10, 20-16) para chegar cómodo á recta final e levar o primeiro set 25 a 21.
Na segunda manga, o Emevé saiu imparable, cun 8-1 que parecía decantar xa o set do seu lado. Pero non deixou de traballar o Dumbría Volei, que protagonizou unha gran remontada ata poñerse a un punto dos luceneses no marcador (10-9) e forzar o tempo morto dos seus adversarios. Tras o parón volveron á carga os de Lugo, mantendo esa pequena distancia (19-16) que de novo os levaba a gañar o set no 25 a 23.
Co 2-0 e unha vantaxe de 19-15 no luminoso, o Emevé acelerou para acadar o tan ansiado título galego, que xa celebraban no 25-17 dese terceiro set.

O Volei Dumbría queda fóra pois do Campionato de España que vai celebrar en Castellón de La Plana do 18 ao 22 de xuño, e no que os costeiros tiñan moitas ilusións postas, tralas grandes experiencias de anos anteriores.

Caras longas no Volei Dumbria polo subcampionato

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios