mércores. 30.04.2025
El tiempo

Doble cita estival coa Selección da Costa da Morte

Doble cita estival coa Selección da Costa da Morte

A primeira das citas das Seleccións da Costa da Morte será o 24 domingo ás 20:00h no Campo Municipal do Conchido, na Serra de Outes. E será un encontro entre os combinados do norte e do sur da bisbarra. Pero non será a única xa o 13 de agosto o campo de San Pedro de Refoxos acollerá o choque entre o combinado costeiro e o Real Madrid C.

"Derbi" no Cunchido

O encontro enfrontará a dous equipos formados por xogadores do sur e do norte da bisbarra. Berto (Ponteceso) será o míster da Selección Costa Norte, mentres que Manu Roque (Outes) fará o proio no sur.

O partido será arbitrado por Raul García de Loza. No descanso do encontro, disputaranse dous encontros de futbol 7 entre os equipos de categorías inferiores. O final do partido haberá pinchos para os xogadores.

Polo Norte participarán xogadores dos concellos de: Malpica, Ponteceso, Carballo, Cabana, Laxe, Coristanco, Camariñas, Zas, Vimianzo e Santa Comba.

Polo sur farán o propios xogadores dos concellos de: Outes, Muros, Carnota, Mazaricos, Dumbría, Corcubión, Cee, Fisterra e Muxía.

XVIII Trofeo Manolo Martín

A participación costeira no XVIII Trofeo Manolo Martín volve xuntar un bo feixe de bos xogadores do noso fútbol. O 13 de agosto o campo ceense recibirá ao Real Madrid C, para enfrontarse á nosa Selección.

Novas relacionadas

Máis información

Citas deportivas do verán

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).

Comentarios