sábado. 15.03.2025
El tiempo

Dous costeiros, campións galegos coa Selección Coruñesa

Dous costeiros, campións galegos coa Selección Coruñesa
Jorge Vazquez recibindo o trofeo como Capitan e Marcos Mouro co trofeo

Fantásticas as novas que nos chegaban do Campionato Galego de Seleccións Comarcais que se disputou en Bertamiráns o pasado domingo. Aló estaban, coa Selección Coruñesa Sub-14, dous dos nosos xogadores, o xalleiro Marcos Mouro e o dumbriés Jorge Vázquez. E ambos foron claves para o triunfo coruñés.

O meta cadete do Dumbría foi o capitán do equipo e dirixiu dende a portería aos seus compañeiros. O xogador xalleiro, pola súa parte, ademais de ser de titular, participou activamente na vitoria na finalísima ante o cadro de Vigo, marcando o gol do triunfo no 2-1.

Parabéns aos dous e a dúas das familias que mellor coidano fútbol base da zona.

Novas relacionadas

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios