Dumbría e Pedro Nimo únense ao Circuito Correndo pola Costa da Morte 2015
Fantástica a experiencia con este I Circuíto de Carreiras Pedestres “Correndo pola Costa da Morte”. Máis de 2000 persoas participaron nalgunha das carreiras, e 100 inscritos para o Circuito obrigan a repetilo o ano que vén. Pero antes, o organizador e recentemente premiado, Club Deportivo Costa da Morte envíanos a relación dos gañadores de circuíto nas súas diferentes categorías.
Unha lista con bos nomes, e moitos da Costa da Morte. Vemos como na categoría Sénior, a máis rápida, foi o coristanqués Cristian Muíño o campión. Tamén temos campión costeiro na de Maiores de 40, o corcubionés José Manuel Lago Cés. De Zas chega a campiona maior de 50, Carmen García. E os premios locais leváronos os vimiancés Míchel Antelo e a ceense Belén Pérez.
II Circuito 2015
O acto de entrega de trofeos realizarase o próximo venres día 12 de decembro no auditorio da Casa de Cultura de Vimianzo.
Precisamente aproveitarán tamén a ocasión para facer a presentación da II Edición do Circuíto “Correndo pola Costa da Morte” no que a principal novidade será a inclusión no circuíto do Concello de Dumbría.
Ademais, despois de facer as xestións oportunas xa nos poden confirmar que esta nova edición terá como padriño do circuíto ao gran atleta galego Pedro Nimo, que se prestou encantado a colaborar e a asistir ao acto de presentación.
Máis información
Novas relacionadas
- Jorge Lariño: Saio a correr, non saio a running.
- O coristanqués Cristian Muíño, campión do I Circuito Correndo pola Costa da Morte despois de vencer en Muxía.
- O Circuito Correndo pola Costa da Morte superará en Muxía os 2000 participantes.
- O Club Deportivo Costa da Morte foi premiado nos V Premios Galicia á Xestión Deportiva.
- Míchel reduciu en Fisterra distancias no Circuito de Carreiras e xa pensa na cita muxiá.
- A Carreira de Cabana deixa máis apretado o Circuto Correndo pola Costa da Morte.
- Cristian Muíño e Míchel Antelo pelexaron na simpática Carreira Popular de Corcubión.
- 8 Concellos participan no I Circuito de Carreiras Populares Costa da Morte.
- A Carreira das Areas batíu todas as marcas.
- Vimianzo e Dumbría soben á bici en setembro.
- 7 heroes completan o Ultratrail Camiño dos Faros.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).