Excepcional participación do Olimpia nos Campionatos Galegos e Provinciais
Espectacular participación dos rapaces e rapazas do club Olimpia de Cee no Campionato Galego Cadete e nos Campionatos provincias de benxamín, alevín e infantil de Atletismo ao aire libre. Uns rapaces que se superan a si mesmos para estas probas como o certifica o feito de que a meirande parte deles fixeron a súa mellor marca persoal.
A Ferrol acodían os maiores ao campionato Galego, onde conseguir un poido estaba moi caro. Pero este Elian Numa non ten teito e despois de subir ao podio nos galegos en pista, segue medrando cun fantástico 3º posto nos 1000 ml, cun tempo de 2'47”, superando así a súa mellor marca persoal. Quedou sen palabras o seu adestrador Jorge González, ante este rapaz que é “un exemplo de entrega nos adestramentos e competición”. Mágoa que que quedase a tan só un segundo da mínima para o campionato de España, que seguirá intentando antes de rematar a temporada.
Tamén fixo unha gran labor Javier Rodriguez Castro, 5º nos 3000 ml con 10'20”; Elena Carreira Santabaya, 6ª no 600 ml con 46"33.
Os peques, nos Provinciais
Nos Provinciais, acodía tamén unha boa expedición do Olimpia. Con bos resultados. Óscar Montoto quedou campión en 1000m obstáculos, nun final de infarto a 4 décimas de segundo do 2º clasificados e realizando un tempo de 3min 30 seg 19. Montoto non quedou con eso, senon que ademais de quedar 3º en lanzamento de peso e a 3ª posición nos 80 ml. cun tempo de 11 seg 51 centésimas.
Inés Santos fixo un 2º nos 3000ml, onde Marta Lago foi 3ª. Xiana Lago tamén foi subcampiona en lanzamento de peso Menuda competición realizou Xiana no lanzamento de peso, mellorando marcas dende o principio e lanzando no último intento por riba dos oito metros para colocarse a tan so 3 cm da primeira clasificada, finalizando o concurso nunha magnífica 2º posición cun último lanzamento de 8 m 3 cm.
Artigos relacionados
- Jorge Lariño Saio a correr, non saio a running.
Novas relacionadas
- Un podio para o Olimpia nos Campionatos Galegos.
- 2013: Elian Numa López campión galego nos 1000m obstáculos.
- Unha medalla de ouro e dúas de chocolate para o Olimpia en Negreira.
- O Circuito Correndo pola Costa da Morte superará en Muxía os 2000 participantes.
- O Club Deportivo Costa da Morte foi premiado nos V Premios Galicia á Xestión Deportiva.
- Míchel reduciu en Fisterra distancias no Circuito de Carreiras e xa pensa na cita muxiá.
- A Carreira de Cabana deixa máis apretado o Circuto Correndo pola Costa da Morte.
- Cristian Muíño e Míchel Antelo pelexaron na simpática Carreira Popular de Corcubión.
- 8 Concellos participan no I Circuito de Carreiras Populares Costa da Morte.
- A Carreira das Areas batíu todas as marcas.
- Vimianzo e Dumbría soben á bici en setembro.
- 7 heroes completan o Ultratrail Camiño dos Faros.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).