Martes. 15.10.2024
El tiempo

Fases de Ascenso: Ocasión perdida para os nosos campións

Fases de Ascenso: Ocasión perdida para os nosos campións
O Corme non puido co Rayo Sadense-Foto-Fin Lema

Mala fin de semana para os 3 campións das ligas comarcais en Xuvenís, Cadetes e Infantís. E iso que os resultados non reflicten a realidade, pois os 3 equipos non foron tan superiores como indican os marcadores, sobre todo para Corme Xuvenil e XSC Infantil, que sucumbiron ante o poderío físico de Rayo Sadense e Montañeros respectivamente. Pero foron claves as lesións dos seus capitáns, Manu Bermúdez nos cormeláns, e Erre nos xalleiros, que deixaron algo orfos aos seus.

Doutra cousa teríamos que falar deste Dumbría Xuvenil, competindo dende hai anos ao mesmo nivel que os mellores nas fases, pero ao que sempe lle pasan cousas estranas. Caían no minuto 94, tras un córner polémico, cando o partiro, que comezaba con hora e medio de retraso, marchaba cara os penaltis.

En todo caso, non hai tempo para as queixas. Agora entran na segunda fase, cos segundos clasificados (Muídos en xuvenís e Cabana en cadetes), e se gañan terán que esperar un novo sorteo.

Este é o cadro que tendes sempre accesible en www.copadacosta.com Fases de Ascenso as Ligas Galegas

Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil

2-1Cerceda - Dumbría2-2

Tiña lugar o venres o comezo desta fase de ascenso en Cerceda, e o Dumbría de Leis e Lobelos soubo competir. Aguantou ben as embestidas dos locais, un verdadeiro equipazo, mesmo con varios dos xogadores xa debutaron en 3ª Division e incluso facendo goles. Pero tamén os dumbrieses están curtidos na Preferente, e malia haber algunha que outra cousa extraña, todo quedaba para a volta.

Dumbría - Cerceda (2-2)

  • DUMBRÍA: Bruno. Pablo Paz, Canario, Jano, Jose Miguel, Yeray, Cacha, Marcos Mouro, Edu, Marcote e Juan de Dora. Tamén xogaron: Charly, Mauro, Luís, Lucas e Cabana.
  • Goles: 1-0: en propia meta tras un saque de esquina de Cacha (descanso); 1-1, min.55: Brais de la Iglesia desde o borde da area; 2-1, min.57: Juan de Dora; 2-2 , min.94: de córner directo.

Tardaba hora e media o partido en comezar porque faltaban os asistentes do colexiado. Hora e media agardando baixo unha abafante calor no Conco.

Pero a pesar de todo, saíu dominador o cadro dumbriés, dominando, e creando peligro con Juan de Dora e Marcote. No ecuador un centro de Cacha era rematado a gol por un defensa, deixando o 1-0 ao descanso, un resultado que metía aos dumbrieses na seguinte e defintiva fase. Pero tralo descanso o Cerceda lograron rápido igualar, algo que non mermou os ánimos dos locais que se meteron de novo por diante dous minutos despois igualando a eliminatoria.

Tiveron varias opcions de facer o 3-1, como nunha boa xogada de Juan de Dora por banda dereita ou un remate de cabeza tamén del. E mesmo fallaron un penalti os dumbrieses. A 5 do final eles tiveron unha boa ocasion que entre Bruno e o pau detiverona.

Cando xa todo se ia decidir os penaltis veu a xogado clave e polémica: un balón que Bruno sae fóra da área por un lateral e o mete dentro da área ante a presión dun dos dianteiros, tírase e bloca sobre a liña de fondo, cando o asistente, que está a uns 30 metros da xogada, ergeu o banderín e sinala córner. Un córner que sacan pechado e, coa axuda do vento cólase pola escuadra. Saque de centro e final.

Estrano e duro final desta primeira oportunidade de encarrilar o ascenso para o Dumbría, que xa pensa no Bastavales.


Fase de Ascenso á Liga Galega Cadete

6-0Rayo Sadense - Corme3-1
Corme e Rayo Sadense no Cairo-Foto-Fin Lema

Non puido competir o Corme ao cen por cen co Rayo Sadense. I é que a baixa de Manu Bermúdez, o capitán, máximo goleador con 44 goles en Liga, habitual cos maiores, e case un pai para todos os seus compañeiros, fíxose moito. Viña con molestias xa para o partido de ida do venres, e ao cuarto de hora xa tivo que pedir o cambio. Nese momento o marcador estaba 1-0, cun choque moi igualado, pero o cambio foi un mazazo para todos, e o cadro cormelán acabou recibindo un set.

Ben é certo que os sadenses son un equipo cheo de xogadores máis fortes e máis formados que os cormeláns e teñen un rapaz que con 6 goles nos dous partidos (3 cada un) aquí estaría case que estaría acompañando a Alejo cada fin de semana na dianteira cormelá de 1ª Autonómica.

Na volta, máis ou menos o mesmo guión. Sen Manu, triste nas bancadas, o Corme sufríu ademais a baixa de Eloy, outro dos que van cos maiores. O partido trasncorría igualado, e empataba Samuel á volta do descanso, poñendo o 1-1. Pero no treito final os visitantes marcaron en dous erros defensivos.

Toca pensar no Abanqueiro.


Fase de Ascenso á Liga Galega Infantil

1-4XSC - Montañeros4-0

Eliminatoria moi complicada para os xalleiros, pola calidade e físico do contrario, o Montañeros, e polo estado físico dos xogadores de Rupper, aos que se lle está facendo larga a tempada.

No primeiro partido, o do venres, empezaron ben os costeiros, marcando primeiro, pero co trascurso dos minutos o Montañeros foi facéndose dono do partido ata darlle a volta antes do descanso por 1-2. Xa a segunda parte empezaron os problemas físicos dos rapaces, como o central Brais Espasandín que arrastra unha lesión de pubis, que pediu o troco. O dianteiro Adrián Rodríguez "Erre", tamen tivo que ser substiuido por problemas físicos e o Montañeros non baixou o ritmo facendo o 3º e xa no último minuto a balón parado facían o 4º que porían a eliminatoria imposible.

O segundo partido da eliminatoria, xogado no campo da Grela 1 con moitísima calor, saíron os xalleiros co mesmos 11: Fabián, Mourelle,Antelo, Brais Espasandín, Calo, Samu, Rubén, Raúl, Fabián Amarelle, Elián e Erre.

Os rapaces do Xallas de Santa Comba, estaban moi mermados do parido anterior e foron con varias baixas como as de David Barbeira e Brais Blanco. Recibiron pronto dous goles e xa non houbo opción de remontada nin intento da mesma.

Agora toca pensar na próxima ronda, no Fátima, e tratar de recuperar a algúns dos xogadores claves, dos moitos que temos no plantel.


Novas relacionadas

Crónicas da semana

Primeiros títulos colleitados

Máis información

Fonte

Comentarios